MARÍA
VICTORIA MORENO (2) (1941-2005)
(continuación entrada anterior da autora: Catavento XXI)
Hai
unha chorumiña
considerada
que
só rilla na roupa
vella
e gastada.
María Victoria Moreno |
Rillando arrola,
despois bícame a face
con alas dondas.
Cando
rilla a choruma
miañan
os gatos
e
acenden vinte ollos
os
dez lagartos.
Vinte lucernas
fan un mundo de sombras
que o can goberna
* * *
Galopan
polo aire,
soben
ás camas,
e
os medrosos suponen
que
son pantasmas
Mais son amigos,
larpeiros e curiosos
coma os meniños.
A
noite vai subindo,
medran
as sombras,
gabean
polo aire
figuras
tolas.
Mais sae a lúa
e florece o sosego
na terra escura.
O
ceo, nese instante,
faise
pequeño,
mais
colle en cada estrela
un
mundo enteiro.
Son mundos grandes,
Ilustración de Manuel Uhía |
habitados por xentes
altas e amables
***
-Queridos
homes altos,
desexo
vervos,
baixade
ata a bufarda
onde
eu espero.
Se non baixades,
mandádeme co vento
unha mensaxe.
***
Unha
brisa de alas
bisba
no faio
e
recibo a mensaxe
con
desengano.
-Atende á Terra
e á vida que palpita
na natureza.
Ilustración de Manuel Uhía |
Queridos
homes altos,
miñasxoíñas,
vese
que non sabedes
como
é a vila:
porque onde eu vivo
non temos mar nin monte,
fraga nin río.
***
Temos
fontes, camelias,
céspede
e mirtos,
pombas,
cuchos, paxaros,
ratos
e michos.
E tamén temos
moitos farois de lúa
altos e esveltos.
(e
continúa)
(Do libro Eu conto, ti cantas…, editado por Edicións
Xerais de Galicia, 2005/2017)