FRANCISCO CORTEGOSO
(Pontevedra, 1985 – 2016)
RECÓLLOTE
NO COSTADO; alí
non hai frialdade:
aníñase
o ar e agardamos que unha palabra o escancie,
brindarás?
-Que voz o servirá á copa do día de mañá?-
Ofreceráseche
como viño vello que no seu vibrar
contemplas
a rizadura da pel,
xa
exhalación da túa imaxe que turba o espazo
só
serás no seu dicir, pois, camiñas cara ao seu labio.
Brindaremos.
Semellante
a unha cicatriz, perfilada no rostro, suavemente,
unha
luz azul de alción
recórdase
sobre a túa boca.
Esvara
sen profusión. Contense.
Ofreceranche
as augas. Beberás.
TOMAS
DA MAN o espazo oco
que aboia
cada
vez que o bafo embaza un azulexo
baixo
deste lado do costelar
son crachoir
tomas
da man unha palabra –reverberante-
mentres
salivas con abundancia
e
a palabra xorde ouleo de animal
son signal
e:
vibrante: tendes as mans para amarrar
unha
frase: esganada: o veo do padal
AQUÍ
CANTO DO MUNDO é
humano e en ti
de
punta a punta un pano
que
se dobra sempre indistinta
mais
branca de materia só semella por pura
cativada.
Se de coto a coto tiro
de
carpo en carpo prego
parezas
a figura do vivo vida desde un lenzo de algodón
por
esa enruibada sede
que
che anoa no colo.
aquilo
que de ti pega contra si
sempre
se corresponde
inelutablemente
dobregada
a delirio
aínda
afervoada e celúrea de proba fe
aínda
oclusa e lívida de razón
a
túa forma te desasiste
canda
o laio que é nome
único
da carne,
te
ata
ACUBÍLLATE
unha natureza falsa
o
teu lombo relucente a dúas augas
partido
nunha veta mineral
concluía
igualmente volto
sobre
si até a medula do esterno
único
o embigo
unha
voluta testemeuña
a
orde
(Do libro Suicidas, editado pola editorial Chan
da Pólvora, 2016)