XOÁN
CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE (Escudeiros. Ramirás, 1966)
ILUSIÓN
Xoán Carlos Domínguez Alberte |
Bule
que a bubela rebole
o
leque das súas ás
de
cor no ar.
O
sol abala as raiolas nas follas
e
a bubela devala o baile
entre
as bolboretas que a envolven
e
revoan con ás de cristal.
Os
teus ollos son o espello
polo
que eu vexo.
Escólloche
paxaros multicolores
e
ti cólleslles o nome
bubela, cotrola, cotromela
e
acolles as súas flores
de
plumas que bolen e abalan
en
leques de luces.
Bule
que a bubela rebole
o
baile das súas ás
de
cor no ar.
VERSOS
PARA RESOLVER UNHA ADIVIÑA
Eu
fálovos dun paxaro
que
se oe moito cantar
entre
as árbores do bosque,
máis
non se ve, está oculto.
É
un paxaro moi cantareiro
no
ar os sons da natureza,
mais
só se oe, é moi astuto.
Se
soubese pintar ben
collería
un lapis de cor,
mais
non sei que cores poría
ás
súas plumas nun debuxo.
O
seu canto ao raiar
o
sol xa enche de son
ledo
o día na primavera,
mais
cala ao luscofusco.
Se
aínda non te decataches
quen
é voute axudar;
é
unha ave case invisíbel
mais
ten nome: é o cuco.
DURME
E REPOUSA
Durme
e repousa
e
non lle teñas medo
a
ninguna cousa.
Son
os biosbardos
que
andan no monte.
Luz
no monte
e
luz na fonte
e
nunca, nunca
A
LÚA LÚA LUEIRA
A
lúa lúa lueira
é
unha señoriña
moi
fituqueira.
Eu
son nube
e
ela é brincadeira.
Ela
é meiga
e
eu son paparateira.
Eu
son soño e ensoñó
e
ela é rebuldeira.
(Do libro Versos
para conversar, editado por Editorial Galaxia. 2016)