Título: CEPILLO
Autores:
Pere
Calders (texto)
Carme Solé Vendrell (ilustracións)
Editorial: Kalandraka. Colección: MAREMAR.
Da man de Kalandraka e da tradución
de Xosé Ballesteros, chega ás nosas
letras este clásico da Literatura Catalá. Trátase dun fermoso álbum ilustrado
cuxos autores, de referencia internacional, obtiveron en 1981 varios
recoñecementos: Premio Lazarillo, Premio Serra d´Or e un ano máis tarde o
Premio Generalitat de Catalunya.
Pere Calders |
Cepillo conta a historia do
pequeno Salas quen, a partir dunha decisión unilateral e lóxica por parte dos
membros adultos da súa familia, se ve
obrigado a afiar a súa imaxinación para encher o baleiro de “afecto” que a
ausencia do seu cadelo lle provocou. Isto dará lugar a unha busca incesante
pola súa parte ata conseguir darlle vida canina a un cepillo e facer partícipes
do xogo os adultos.
Carme Solé Vendrell |
Por medio da simbiose entre texto e imaxe e
cunha linguaxe clara, directa e expresiva, salferida dunha pátina de ironía e
tenrura, os autores logran reivindicar a importancia da imaxinación na vida,
non só na infancia, coma unha ventá aberta que nos amosa a realidade dende a
perspectiva dos ollos dos nenos.
Alba Piñeiro