Cando abres a caixa de correo e ves un sobre cun libro de
agasallo, sentes unha felicidade completa. Se quen cho manda é unha das poetas
máis interesantes da literatura española, a emoción sobe. Iso pasoume coa miña querida e admirada Clara Janés.
Teño onda min un
libro recén saído, La blanca forma de la fuga, editado pola Deputación de
Valladolid e a Fundación Jorge Guillén.
Unha alfaia
literaria, dedicada pola autora co agarimo de todos os Nadais.
Coñecina persoalmente
en Granada (en La Zubia, concretamente). Engaioloume. E tiven a fortuna de
presentala no ano 2011 no "Club Faro".
Quéroa moito,
moito. Admíroa moito, moito.
...también
también la sombra/ pues aquel pájaro / busca el camino entre dos luces/ busca
su esencia en el desvanecimiento...
Neste poemario, Clara Janés explica que “segundo
a tradición antiga o ouro “medra” pola influencia do sol. O ouro da poesía, en
troques, pode “medrar” coa luz barutada e así, en Suecia, xurdiu unha das voces
líricas máis importantes do século XX, a de Gunnar Ekelöf. E afirma a
nosa poeta que foi lendo Diwan, o que
a empurrou a un continuo diálogo (que ela chamou monodiálogo)
coa súa obra.
O resultado destes diálogos é este
poemario, La blanca forma de la fuga. Uns monodiálogos que andaban esparexidos
por diversos cadernos e que comezou a rescatar en 2014.
Velaquí unha das
poéticas do autor sueco:
Daquela dixen para min:
Os únicos poetas que me
interesan
con mans nerviosas
unha cunca chea de
sangue
na que caeu unha pinga
de leite
ou unha cunca chea de
leite
na que caeu unha pinga
de sangue…
Agora xa vin, agora
quero ver
o firme apreixo dunha
cunca chea ata o bordo
de auga de manancial.
Un pracer foi este acto para min |
Todo o que toca Clara
Janés está revestido dun enorme interese. Cada proxecto que comeza resulta
suxestivo. Unha gran poeta. Unha intelectual fonda e rigorosa, que nunca
esquece a emoción en todo o que ofrece.
Leamos un dos poemas de
La
blanca forma de la fuga.
EL
NEGRO
Grande es el mar de la
muerte,
interminable la hilera
de olas
(Non
serviam)
no
es blanco
el
que acoge
no
es definitivo frío
para
fijar fugitivo dibujo
llevado
por las olas
al
no-tiempo
rigidez
enemiga y cómplice
aquí
mismo
camino
del cero
absoluto
insondable
no-mar
negro
SIN
TREGUA
Y uno tiene que empezar
siempre desde los cimientos
Volver a empezar una y
otra vez desde los cimientos
(Strountes)
¿quién
construye
con
los restos del derrumbamiento?
ni
el arco
que
llama al más allá
una
ola azul
como
esfera envuelta en niebla
se
aleja hasta ser puro
movimiento
y
acaso en ese flotar
el
sueño vuelva a iniciarse
pétalo
a pétalo.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO