Dous poemas.
Dúas maneiras diferentes de
concibir a poesía.
Hai outras.
Hoxe quero amosar estas.
Coas magníficas fotografías de Carmen Corbal, decidín escribir estes
versos.
Intenso un deles. Talvez duro.
Pura necesidade.
Musical o outro. para que a poesía
se faga ritmo e música. Optimista.
Que vos gusten.
ANTONIO GARCÍA
TEIJEIRO
Cando
chegou á fonte,
sentiu a friaxe
nas
costas.
Aínda
non pechara
a ferida gardada
na
pel
e
decatouse
de que a auga
que
escoitaba caer pola billa
da
fontiña
ía desembocar
no mar do fracaso.
Cantan
as nenas na fonte
unha
canción de cristal.
Cantan
felices, lixeiras,
Cantan
cantigas das flores,
dos
cisnes e dos pardais.
E
cantan ás bolboretas
e
aos sons salgados do mar.
Cantan
ledas, xubilosas,
cantigas
de amor-amar,
mentres
a fonte lles chisca
un
ollo, pois non ten máis.