Joan Brossa |
A obra de Joan Brossa (Barcelona,
1919 – 1998) quixo fuxir decote dun ambiente estático e recorrente ,como o que
se producía na época na que el sentía a necesidade de escribir e dar con outros
vieiros poéticos. Así que, houbo un momento no que os seus poemas van estoupar
e provocarán unha reacción impensada
pero necesaria.
A súa poesía esixe ao lector ou
lectora unha grande intuición e vivacidade, ademais de non pouca capacidade de
xogo para saber que se agocha tras a súa máscara poética.
Brossa non contou, xaora, polo
apoio da cultura oficilista catalana, que o silenciou e ignorou. Irónico,
satírico, desmitificador, Joan Brossa foi creando unha maneira de poesía recoñecible, surrealista e
entrou, ademais, na chamada poesía
visual. Manuel Guerrero que fai o prólogo da antoloxía máis completa de
Brossa, La piedra abierta
(Galaxia/Gutenberg), afirma que “cunha linguaxe simple e meridiana, o poeta
descríbenos o proceso da escrita dun poema.” E noutro parágrafo, escribe: “Á
diferenza da maioría dos poetas, Brossa non é autor dun libro principal ou dunhas
obras determinadas que poden chamarse
esenciais. A obra de Joan Brossa caracterízase polo seu interese por amosar o
proceso creativo de seu. Toda a obra do poeta barcelonés constitúe unha unidade indisociable a unha existencia”.
Nunha entrevista feita ao poeta,
aparecida en Libros Colgados, Brossa di moito arredor da poesía visual, que hoxe nos ocupa: Non é nin debuxo, nin pintura,
é un servizo á comunidade. Se se esgota dependerá do talento da xente que a
fai. Aquí non hai un código, estás a
peito aberto.
Afirma, tamén, que “ a poesía
visual é filla do noso tempo no que as artes visuais están moi
instrumento
da sociedade de consumo nas mans do artista.
Non ten que ver coa ética da sociedade de consumo. É máis, esta xera
unha linguaxe que pode utilizar o poeta
dun xeito ético. Nace, penso, a causa da importancia que ten a imaxe no
noso mundo. De feito, é volver aos pentagramas. É preciso reencontrar na imaxe
das letras o rastro dunha figuración perdida. A poesía visual é un pouco poesía expresiva. DE escribir unha cousa a
describila hai un paso.”
E remata dicindo: “A miña poesía visual está feita de
correspondencias que dan como resultado a sorpresa da imaxe ou do obxecto. Digo
todo isto agora, analizando o traballo feito; cando o fago, non o penso tanto”
(Fonte:ubiku)
ALGÚNS POEMAS DE JOAN BROSSA
DOS POEMAS
Natural Lebeche
torrefacto sur
corriente mistral
superior tramontana
Molinillo de café. Molino de viento.
HISTORIA
Aquí es un hombre
Aquí es un cadáver
Aquí es una estatua.
NOCTURNO
La gente que en teoría
se abandona en las manos de un
poder trascendente, en la práctica
cae en manos de los funcionarios
de una Iglesia.
VIAJE
El poema
se pone en movimiento
y os mete por la boca
de un túnel.
Lunes
martes
miércoles
jueves
viernes
sábado
Aquí
el poema se detiene
para que bajéis y salgáis
a la luz del día.
(Do libro El Tentetieso . Plaza & Janés)
MOLT diré MOITO direi
callant en aquest poema. calando neste
poema.
Que el silenci s´emporti la
paraula Que o silencio arrastre
a palabra
a la profunditat. á
profundidade.
(Do libro Poemes civils.
Antoloxía La piedra abierta)
DOUS POEMAS VISUAIS DE JOAN BROSSA
Dende Joan Brossa dirixímonos a a un escritor valenciano que xa coñecemos: Carles Cano.
Unha das persoas que é do máis
variado e completo nos seus planteamentos literarios, consegue crear marabillosos
e suxestivos poemas visuais.
Carles Cano ten a súa propia visión deste
xeito de concibir a poesía : A poesía
visual é unha arte intermedia, fronteiriza, onde se mesturan, converxen,
tócanse a imaxe e a palabra. E o mesmo que sucede coa poesía convencional, a poesía visual pretende emocionar,
conmover, facer sorrir… utilizando os recursos da retórica clásica: a metáfora,
a comparación, a ironÍa etc…, pero facendo servir como materias primas as
imaxes ou obxectos no canto das palabras e os versos e os versos. A palabra, o
título, tamén ten un papel salientable, porque acaba de arredondar o sentido, a
dirección do poema, demarcándoo e delimitando o seu significado (…)
Penso que a definición ofrecida por
Carles Cano está moi clara. E nada
mellor que reproducir aquí, uns cantos poemas visuais del, a partir dunha
baralla, moi, moi especial, chamada Cartes
de Carles Cano. Gozade destes poemas
tan intelixentes.
POEMAS VISUAIS DE
CARLES CANO
Diálogo de ricos |
Ataque ao corazón |
Borracheira |
Des Cartes |
Ciúmes |
Carta de amor |
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO