Mostrando entradas con la etiqueta álvaro otero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta álvaro otero. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de septiembre de 2013

ÁLVARO OTERO E AS SÚAS NOITES CON CLAUDIA.



Presentar un acto tan brillante, como o que tivo lugar o pasado día 13 de setembro na Casa do Libro de Vigo, foi un pracer.
Moitas persoas arredor de Álvaro Otero, que nos agasallaba coa aparición do seu novo libro, Las noches con Claudia.  E o autor estaba acompañado polo seu querido amigo, Carlos Punzón, ao que  tiven o gusto de coñecer uns días antes, quen falou en tres momentos diferentes de Álvaro, persoa; de Álvaro, escritor e da novela poñendo un acento especial nos personaxes da mesma. Unha intervención moi atinada e brillante. Carlos Punzón, xornalista agora mesmo en La Voz de Galicia, cunha extensa andaina nos medios de comunicación e para quen o xornalismo non é unha profesión, senón unha maneira de vida. Home intelixente, gran conversador e aberto ás opinións dos demais.

 Fermosa actuación a do Quinteto Son Real (ese día cuarteto) que nos agasallaron tres pezas mestras da música cubana: Un montón de estrellas, Lágrimas Negras e Chan Chan. Un grupo musical nado hai dous anos coa intención de levar a música de Cuba, o seu país, a todas as partes. Compoñentes cunha traxectoria musical importante e cun gran nivel de profesionalidade. A base principal é o son cubano e a partir de aí poder fusionalo con outros estilos. Un grande acerto a súa inclusión nun acto tan entrañable.


De Álvaro Otero dixen moitas cousas, porque creo firmemente nel. Gañador de dous premios literarios, que lle serviron para facerse un nome e ir forxando unha carreira literaria paseniño pero dando os pasos axeitados.
Álvaro, na súa intervención
Álvaro, como Carlos, son dous dos damnificados daquel proxecto que ilusionou a tanta xente no noso país: o Diario de Galicia. Mágoa que non puidese consolidarse.
Articulista, xornalista precursor da prensa gratuíta en España (Metrópolis), dedicado á comunicación, Álvaro Otero escribe moi ben. E cimenta as novelas no coñecemento a fondo de todo o que quere contar e nunha linguaxe moi coidada.
Persoa culta e afectiva, Álvaro é un gran conversador. Un ser sensible, respectuoso coas opinións dos demais. Ama o mar fondamente,é  inquedo, e ten un certo toque aventureiro que te contaxia cando falas con el.
  Álvaro Otero está comprometido coa literatura. Fai dela a súa paixón e traballa a palabra literaria dun xeito ben coidado.


 Las noches con Claudia vén  reforzar o que estou a comentar. Unha novela potente de máis de seiscentas páxinas que se move entre o humor e a erudición e, ás veces, entre a hilaridade e a traxedia.
Un acto, en fin, que tivo coma protagonistas a palabra literaria, a novela e a Álvaro Otero, todo isto adobiado con música realmente preciosa.
Salientar que eu rematei a miña intervención lendo un poema de José Agustín Goytisolo, chamado EN TIEMPOS DE IGNOMINIA.


Di así:


En tiempos de ignominia como ahora
a escala planetaria, y cuando la crueldad
se extiende por doquier fría y robotizada,
aún queda buena gente en este mundo
que escucha una canción o lee un poema:
es el canto la voz y la palabra: única patria
que no pueden robarnos ni aun poniéndonos
de espaldas contra el muro.
Que nadie piense nunca:
no puedo más y aquí me quedo. Mejor mirarles
a la cara y decir alto: tirad hijos de perra,
somos millones y el planeta no es vuestro.




Agora imos escoitar unha canción dunha beleza inexpresable: Claudia. Segundo o autor a peza que fixo estoupar na súa cabeza a novela.A interpretación de Arturo Sandoval e Chucho Valdés, acompañados por Ron Matthewson (baixo) e Martin Drew (batería), maxistral.




                             Se premes aquí, podes escoitar Claudia, un bolero instrumental.




Un fragmento da intervención de Carlos Punzón:


 Me planteé ir confeccionando un mapa de personajes para trazar una radiografía precisa y no perder detalle. Los iba situando en un folio conforme Álvaro los sacaba a escena, pero pronto desistí.

Y lo hice para no perder detalle, para no racionalizar y enfriar el intenso relato, porque esta obra sobre todo es una novela de personajes.

Hasta el más pasajero e ínfimo aporta una pincelada precisa. Lo hacen los que surgen en Cuba, y lo hacen aún más los que edifican el pueblo imaginado por Álvaro.
Así como la narración se hace en cremallera, abre y cierra, va y viene en distintos escenarios temporales, los personajes de esta novela fluyen como un río: Nacen, pasan rápido unas veces, se detiene la historia en ellos otras para ampliar el escenario vital de la trama.
Hacen que aunque el título de la novela habla de Claudia, bien pudiera acompañarle en un subtítulo (me tenía que salir el oficio) Orovio, el alcalde que a sus muchos años descubre la pasión y el sexo. O Perrinchita, la niña sacristana. O Rigalt, el estanquero lujurioso; las tres arpías del pueblo, Jabato, un emigrante retornado acostumbrado a matar yaguaretes… el cura, el pajillero, el ambicioso concejal, la mujer del marinero en los mares surafricanos, la argentina escapada del horror…
Vamos, un censo completo que Álvaro Otero nos presenta de una manera natural, sin que se noten las herramientas de escritor, sin caer en lo pintoresco.
Como se cuenta en el propio libro “La gente no le pone límite a la imaginación, ni a la boca”.
Álvaro Otero no lo ha hecho con su mente ni con sus manos en “Las noches con Claudia”.



 
Son Real, no acto.


 E para rematar, unhas liñas do autor da novela, tras a presentación.





Álvaro Otero
Si algo tenía muy claro cuando me planteé la presentación en Vigo de Las noches con Claudia es que sería un acto donde los protagonistas, además del libro, fuesen la música y los amigos. Esta novela nació del deslumbramiento provocado por un bolero instrumental de Chucho Valdes, Claudia, y por tanto quería que fuese un acto lleno de música y en el que los presentadores fuesen amigos queridos. Por eso invité a Antonio y a Carlos Punzón, y al grupo cubano Son Real. Y, modestamente, creo que acerté de pleno. A la magia del son, de la voz impresionante de Diana, integrante de Son Real, se unió la de dos personalidades muy diferentes, las de Antonio y Carlos, pero tan poderosas y brillantes que iluminaron por sí solas todas las sombras y carencias que yo pueda tener. Fue un momento delicioso, y creo que logramos transmitir a todos ese goce de la amistad, de la literatura, de la música. El goce de la vida.

Con Carlos Punzón
 Fermosas as palabras do presentador da novela e as do autor, que poñen punto e seguido a un acto que continúa coa lectura da novela.

                                                                    ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO





martes, 3 de septiembre de 2013

CADERNO ÍNTIMO (XIII)



                                                      
                                               Páxina decimoterceira

Aínda que hai días que non publico ningún caderno, iso non quere dicir que  non teña escrito nada nel.
Neste espazo onde vivo de costas ao mundo, de cando en vez notas unhas raiolas de sol que quecen os teus ósos, normalmente fríos.

Deixeime levar hai un tempo polo agarimo e pola intelixencia dun amigo moi especial: un amigo novelista, capaz de converter soños en realidade e dúbidas en cousas certas. Si, dixen ben. Todo isto é así. E este amigo, de nome Álvaro, en adiante A., conseguiu que deixase a Nada e me achegase a esas eternidades que latexan debaixo das sombras das árbores, eternidades distantes molladas polas bágoas deses ceos, tantas veces malditos, que deixan caer auga invisible que esvara  procedente de quen sabe onde. El e mais eu  camiñamos pola senda do río Barragán. E non tardei moito en abandonar o sentido da voráxine. Case sen me decatar apareceu unha sensación perdida: a pracidez.
Apareceron pontes vestidas de carriza que tocabas con gusto. As follas caían sobre os hábitos cotiáns do pensamento cero. Nun principio esquecías pensar. A Nai Natureza levábanos da man e envolvíanos cos seus panos multicores. E non pensabas. Para que? A beleza abranguía os nosos pasos e os ollos ficaban limpos perante a paisaxe que nos enfeitizaba.

O río, á nosa esquerda, quería sumarse ao feitizo e espallábase dun xeito máxico. Eu precisaba dos seus abrazos. Procuraba con ansiedade ese intre, no que  me volvese pedra brillante e caese no seu corpo frío, cristalino e espello de matices variados. Houbo un momento en que camiñamos á súa altura. A. e mais eu colliámolo da man e os tres semellabamos xinetes cabalgando  a través de prados fantásticos. As arterias dos carreiros contiñan  uns muíños sorprendidos polas pegadas dos nosos pasos.
As xestas, dun amarelo semellante ao ouro, murmuraban cancións ledas que soaban a veludo.
Cando o río soltou a nosa man, quedamos cegos e quixemos voar. Mais non tiñamos ás.  As nosas palabras confundíanse coas verbas miúdas da herba.

Os carballos chamaban a nosa atención coma se estivesen confusos diante dos catro ángulos do vento, que diría o poeta bengalí Malay Roychoudhury.
Eu non perdía de vista o río. A. estaba seguro de que nun recanto , este nos permitiría mergullarnos na súa sabedoría e na súa función de nobre anfitrión.
E así foi. Entre palabra e palabra, sempre intelixente de A., chegamos  a un lugar onde a súa alma, a do río Barragán, tiña unha fenda  que nos ofrecía cal presente dos deuses coma el. Non o dubidei. A auga fría, limpa, chamábame dende a súa alma sublimada.  Deixeime caer no seu seo. Perdinme nas súas concavidades. E A., un home excepcional, pediume que lle dese as costas, que cruzase o río ao ancho. Obedecinlle. Fun facéndoo paseniño, acariñando as augas e, no medio daquela marabilla, a súa voz foi recitando en voz alta, ao tempo que se fundía cos rechouchíos dos paxaros, versos que me resultaban coñecidos.  Antes diso eu pensei como o poeta bengalí, o que o ceo dicía no seu poema: que fixeches co río estrullándoo?

Eu non quería estrullar  o río. Máis ben, ao contrario, desexaba que o río me estrullase a min e perderme na súa calma xeada.
Daquela, a voz de A.. dicía por riba dos pórticos arbóreos:

O meu amigo A.

Foron eles os que
   nunca
   volveron a cabeza
nin deron as costas a
   ninguén cando o
horizonte se ateigou de
  treboadas
             nacidas da maldade.
Sempre estiveron aí,
  coas súas mans cálidas,
os sorrisos sinceros
e os ollos limpos
      e serenos.

Eu estaba abraiado, perdido na inmensidade da auga fusionada coa verba poética. Recoñecín o poema e foi coma se o oráculo se centrase na miña voz. Mais era coma se o poema me resultase arredado e os seus versos non fosen meus.

E seguía resoando a voz agarimosa de A. dicindo: Crucei a porta / e desviei / os pasos / cara a esas ventás / que amosaban o / retrato / obsceno…
Eu continuaba  movéndome polo río e cheguei a sentir que a miña cabeza daba voltas sen acadar recoñecer como miñas as palabras que A. ía convertendo en paxaros amarelos. Eu case que non oía. Sentía.  Daba voltas a cabeza o era a contorna a que xiraba? Non cheguei a sabelo con seguridade.
       A. seguía imperturbable:

Coa area húmida
   nas mans
fun tecendo
a historia doutro
     tempo
no que non
    había
             mar.


A miña travesía víase enriquecida naquel lugar solitario pola voz emocionada de A. O río choraba. As árbores convertían en bágoas de emoción as follas que ían caendo. A palabra que A. espallaba naquela paisaxe edénica quentaba a auga e os meus movementos dentro dela deixaron de ser dispersos.
O sol seguía agochado tras a alta vexetación que dominaba este espazo e seguro que estaba a gozar con esa música poética que alegraba o lugar.

O meu amigo A. lía un e outro poema. Os versos brillaban tremendo conmovedores á par da corrente.
Non sopraba o vento naquel recanto máxico.
Dei a volta e fitei a A. Ambos os dous estabamos felices.
Daquela leu o derradeiro poema. Detívenme no medio do río. E escoitei:

Nos días
           de chuvia
o asfalto
          mollado
procuraba
        o
paraugas
de     
            teu
                   nome.


Saín da auga, lugar espontáneo, simbólico na fusión dos versos co ventre do río Barragán, que case se detía, e cun aire entre luminoso e sombrizo que nos acariñaba.
Saín do río, como dixen, e deille a A. unhas apertas emotivas que rozaron a existencia dun deus artístico e humano.

Cando abandonamos o lugar, sentín o exilio obrigado polo tempo e coñecín máis fondamente a vida de A.
A camiñada remataba. Volvemos sobre os nosos pasos. Os dous sentiabámonos extasiados.
Falamos de literatura (como non!), de autores, do valor da palabra literaria. Fomos esquivando todos os atrancos que nos saían ao paso. Eu seguía tocando as palabras que escoitara. Que ben soaron os poemas de Presenzas marcadas! No meu interior a tristura e a ledicia, a virtude e o pecado loitaban por manterme ergueito.

Pero aínda quedaba outro instante conmovedor.
Todos os que coñecemos a  A. sabemos que é un amante do mar.  Eu, tamén.
Contoume A. que algunhas veces ía só e sentaba fronte ao mar. Con el levaba decote para ler, entre as cores da ría e o movemento das ondas, o libro de Paul Valéry, O cemiterio mariño. A.  reencontrábase, nese exercicio de lectura total, consigo mesmo. Eu escoitábao entendendo perfectamente unha acción que lle facía encher baleiros sen memoria.  A. é un ser incrible. Daquela, comezou a recitarme estes versos en castelán dunha obra profunda, belida e intensa. Os seus ollos brillaban.


¡Templo del tiempo, que un suspiro cifra!
A esta pureza subo y me acostumbro,
De mi marina mirada ceñido.
Como en mi ofrenda suprema a los dioses,
El centelleo tan sereno  siembra
En la altitud soberano desdén.
                                             
(Tradución de Jorge Guillén)


Fixemos a camiñada sós?  Máis ben acompañados pola natureza en estado puro. Coa palabra poética. Coa sensación de ter vivido un tempo sen reloxos. Coa palabra amizade marcando os pasos.
Pasear con A. e todo o que el significa, fíxome esquecer que estou de costas ao mundo.
Fíxome esquecer que vivo preto da Nada.
Fíxome valorar a necesidade da boa compaña.
E como estou a ler unha antoloxía magnífica de poesía bengalí contemporánea, editada por Olifante, remato as follas deste caderno cos versos de Debdas Acharya referíndose á figura do Poeta:


Un día
entraré poco a poco
como si alguien me tirara de la mano
hacia la profundidad

allí está el azul claro, el agua verde casi amarilla,
unos túneles de helechos altos,
el juego de coral,
yo floto levemente
¡ay! qué alivio este movimiento dentro del sueño.

No puedo seguir mucho tiempo así:
sufre la respiración, regreso hacia arriba.

los animales del agua viven en el agua,
los animales de la tierra viven en la tierra,
sufren solamente los animales del sueño.



Rematei a camiñada e case chego a dar a volta da vida que sobrelevo de costas ao mundo.
Grazas, A., pola túa sensibilidade.

                                                                                         O VELLO SOÑADOR