LEIRE BILBAO (Ondárroa, 1978)
A lingua da Terra
Leire Bilbao (Foto de Iban Gorriti) |
os que tiñan voz calaron
e os que non a tiñan falaron.
Dende aquel día
as ras gardan o riso das
pedras;
os corvos, o idioma do
bosque;
os salmóns, os poemas do
río,
e as ovellas, a música da
herba.
E aínda hoxe coidan,
entre todos,
das linguas grandes e
pequenas.
Dous paxaros
Dous paxaros están cantando
sobre un cable de alta tensión.
Dous paxaros están asubiando
e miran abaixo con atención.
Dous paxaros aconchegados
ven pasar unha parella.
Dous paxaros arrimados
sentan nun banco de pedra.
ven que os mozos se acaroan.
Dous paxaros namorados
envexan o bico que voa.
O tempo
O tempo é coma a mosca
á que lle abres a fiestra e marcha
voando moi lonxe da casa.
A soidade da medusa
Ilustración de Maite Mutuberria |
A medusa necesita agarimo,
persegue os bañistas na auga
para darlles apertas e bicos.
A soidade da medusa II
A medusa rouba as apertas
dos bañistas que nadan na praia.
A medusa séntese soa,
non quere que os bañistas se vaian.
(Do libro Poemas bestas e outros bechos,
editado por Kalandraka Editora, 2021. Título orixinal do poemrio Piztipoemak
eta beste xomorro batzuk. Tradución de Isaac Xubín. Ilustracións de
Maite Mutuberria).