martes, 11 de mayo de 2021

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXVIII) "Cancións para Ana Lúa", de Xavier Seoane.

 






XAVIER SEOANE (A Coruña, 1954)

 

 

Canción do mar

 

Do mar tan só sabemos

aquilo que soñamos.

 

Cando estamos durmidos,

Xavier Seoane (Foto AELG)

navegamos.

 

Acubíllate, filla,

porque veñen as ondas

a levarte.

 

O sol cega o horizonte.

A lúa abraza as algas.

 

Do mar tan só sabemos

aquilo que soñamos.

 

Cando durmimos, filla,

navegamos.

 

 

 

Os nenos van á escola.

Lúa dorme no berce

a perna solta.

 

Os nenos van ao mar.-21 Lúa pídelles cunchas

para xogar.

 

Os nenos van á horta.

Lúa pídelles grilos,

estralotes, amoras…

 

Lúa ten enfeitizo.

Se a arrolo e agarimo,

quedo eu durmido.

 

 

 

 

Numerando

 

A maceira dunha póla

viste camisa de cobra.

 

O xabaril de dous dentes

ri polos pelos das lentes.

 

O lagarto de tres rabos

sabe enteiro o abecedario.

 

O reiseñor de catro ollos

ve no sol catro raposos.

 

Comen pexegos e soñan

os sapos de cinco bocas.

 

Peitean lúas nas ondas

os cabalos de seis colas.

 

Atan o riso das fontes

sete vellas vacalouras.

 

Queiman as zocas do lóstrego

os ratos de oito bigotes.

 

Enfían o liño novo

os merlos de nove foles.

 

Día e noite son o mesmo

para o pardal dos dez ollos.