BALDO RAMOS ( Celanova, 1971)
ALTRUÍSMO
Hai
palabras gratis
como ola.
Palabras que non costan nada
Baldo Ramos (Foto de Santos Díez) |
como quererte.
Palabras
que valen pouco
como
mañá.
Palabras
que saben a menta
como silencio.
Palabras
que nunca dormen
como soñar.
Hai palabras
que sempre volven
como eco.
E palabras que nunca reclaman
como dar.
VIDA DE
ACUARELA
O arco
da vella
Amorodo
os teus labios,
amarelo
o teu pelo,
azul os teus ollos,
violeta
o corazón.
O verde
resérvoo
como a única
excusa que teño
para
estar sempre xuntos.
O arco
da vella está feito
con
todas as bágoas dos nenos
que
nunca choran.
Amorodo
o teu segredo,
amarela
a miña voz,
azul o camiño de volta,
violeta
a incomprensión.
Gardo o
verde para pintar a chuvia
que
dilúe o azucre do noso amor.
RENUNCIA
Vistes
nalgunha ocasión
unha
flor con sombreiro?Presentación en Vigo. Febreiro, 2020
Quen non
a teña visto
que non
desespere.
As
metáforas non sempre medran
nos
invernadoiros.
Escribir
unha flor
como
quen esquece un segredo.
Levantar
o sombreiro
como
quen saúda
un
saltón.
Se me
dás a man
levareite
moi lonxe.
Se non
queres vir
ficarei
contigo.
PRIMEIRO POEMA DE ALDARA
Ollos de
escuridade.
Mocos
tristes de rato vello.
Abrazos
de pólas verdes.
Un
suspiro redondo coma o sol.
Polbo de
mar doce.
O cariño
do rinoceronte.
(Do
libro Porque te quero, editado por Ed. Galaxia, 2019)