lunes, 26 de noviembre de 2018

DARDO POÉTICO (LVIII): "Unha boa ocasión para coñecer e ler a Ida Vitale".





Soa o teléfono. Chámanme do Faro de Vigo. Queren sabere a miña opinión sobre a concesión 

do Premio Cervantes, 2018, á poeta uruguaia Ida Vitale.


          Non sabía nada. Infórmame a xornalista. Éncheme de alegría.  Por fin unha muller galardoada con este premio. Son moi poucas e hai moitas escritoras que merecen ser recoñecidas. Xa comeza a ser hora de que se as valore.
    
Ida Vitale le uns seus poemas
     
     De Ida Vitale lin algún libro hai ben tempo, ata que me fixen coa súa poesía completa (ou case). Un libro magnífico, editado por Tusquets en maio de 2017, recibe o nome de Poesía reunida (1949-2015). Misión cumprida. Adentreime no seu mundo poético e fiquei entusiasmado.
     Polo uso exquisito da palabra, pola autenticidade dos seus versos, polo seu compromiso co ser humano, pola claridade do seu discurso poético, esta muller deixou pegada en min.
 Non é unha escritora (tamén escribe prosa) allea aos recoñecementos literarios. Ademais do recente Cervantes, Vitale recibiu o XXIV Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2015), o Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (2016) e o Premio Max Jacob (2017) entre outros moitos.


ÁRMASE una palabra en la boca del lobo
y la palabra muerde.

En el movedizo fulgor del cielo
hacia el ocaso,
callada encalla; se vuelve brillo,
es Venus:
cordera que encandece.

     
     Ida Vitale é unha muller de 95 anos que naceu en Montevideo, que estudou humanidades e foi docente de literatura ata os anos setenta. As adversidades políticas forzárona, coma a tantos intelectuais, ao exilio: residiu en México de 1974 a 1984 co seu marido o profesor e poeta Enrique Fierro. Con el volveu a Uruguai uns poucos anos e despois, dende finais dos oitenta,  estableceuse en Austin, Texas.
     

    
      Juan Ramón Jiménez (unha das súas influencias), ao recibir o seu segundo poemario –Palabra dada- afirmou que enchera o seu nome de misterio e encanto e incluíuna, pola súa “penetración naturalísima”, nunha proxectada antoloxía “agochada” de poetas mozos.


UNA hora que crece como unárbol,
que con iguales ramas de pavor
toca el cielo,
su púrpura angustiosa,
una hora que crece como un árbol.

Que no cabe en el olvido y que nos cela
y nos vigila como a fruto propio.
¿De quién al irnos nos despediremos?
¿Quién vanamente quedará aguardando
en esa hora de final paciencia?

     
     De Ida Vitale escribiu León Felipe en 1947 que “das fuego a sombra, en la ceniza llama, / asombras si iluminas, verde rama”.
     
     A lectura da súa obra produce un pracer insospeitado, como afirmaba o gran poeta colombiano Álvaro Mutis. Eu podo corroboralo a nivel persoal.
    

     Penetrante, amiga do verso curto, aguda, intensa, orixinal, que penetra no máis fondo do lectorado, clara, simbolista a súa poesía é o fiel reflexo da súa actitude belixerante a prol da palabra e do compromiso social. Literatura por riba de todo.
   
      Aproveitemos  o galardón concedido para coñecela mellor.Para lela. Estou seguro de que é unha descoñecida a certos niveis e é unha mágoa. Alguén coma ela debe ser lida e valorada neste país polas lectoras e polos lectores da boa poesía.


DE un jardín, el resumen
bajo una claraboya.
Entre plantas sin flores
para recuerdos tristes,
el siempre solitario trazó
su ruta de irrealidad,
el repetido hastío de décadas iguales.

Joven, perdió su vida;
viejo, murió sin saber cómo armar
las cenizas del resto.

                                                                                                                      
Levante. EMV





                                                                                                                                      ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO