Clara Janés na Real Academia Española de la Lengua. (Á esquerda, Soledad Puértolas) |
Cando abres a caixa do correo e ves un sobre escrito a man, dun tamaño superior ao normal e cun grosor que che di que non é soamente un papel o que contén, levas unha alegría ben grande.
Un está canso de recibir cartas dos
bancos, facturas da auga ou da luz, propaganda diversa etc. Papeis que non só non desfrutas, senón
que, ás veces, che poñen de mal humor.
O primeiro foi o que me pasou a min hai
uns días. Recibín un sobre cunha remitente que adoro, como muller e como
intelectual: poeta, ensaísta, tradutora, investigadora… ¿Sigo? Non paga a pena.
Estou a falar de Clara Janés.
¿E que contiña o sobre? Pois nin máis nin
menos que un libriño dedicado, que recolle o
discurso lido o día 12 de xuño deste ano, na súa recepción pública de ingreso
na Real Academia da Lingua Española. Un discurso dunha altura intelectual
impresionante que leva por título Una
estrella de puntas infinitas. En torno a Salomón y el Cantar de los cantares.
O libro contén, ademais, a contestación
doutra escritora que me encanta, Soledad
Puértolas, quen lle dá a benvida á institución, onde Clara Janés vai ocupar
o sillón deixado polo catedrático de
dereito administrativo Eduardo García de
Enterría.
Uns textos marabillosos. Unha xoia para
saborear. Unha sorpresa extraordinaria.
Porque si, unha vez máis, Clara Janés volveuse acordar de
min. A súa xenerosidade é algo que lle
agradezo fondamente, pois tras coñecela en Granada e presentala en Vigo,
fiquei engaiolado pola súa altura intelectual e a dimensión humana que amosa. Cada vez que recibo alguna
cousa dela, síntome a persoa máis feliz do mundo.
Se teño que referirme a este libro,
só podo facelo dende a brillantez da
palabra e a lucidez que deitan estas liñas. Resúltame moi pracenteiro ler a
Clara Janés. Inquiétame o que escribe e lévame a planos que me convidan a facer
descubertas. Son retos constantes que me impulsan a remover terreos que están
sen sementar.
Mais desta volta, non vou entrar nun
discurso que precisa dun contexto de lectura ben especial e moi coidadoso.
Porén, quero reproducir deseguido unas liñas do mesmo, porque fala moi claro do
nivel intelectual de Clara Janés.
Tras agradecer emocionada a confianza
depositada nela co seu nomeamento, Clara Janés afirma na súa intervención que “aquellos
que me propusieron, y los que apoyaron su propuesta, no imaginaban hasta qué
punto su logro supondría para mí un cambio de perspectiva. Cuando Jorge Guillén
dijo que yo cantaba como los pájaros al amanecer, me otorgaba la libertad del
que hace algo debido a su naturaleza, de lo cual responde solo por sí mismo;
ahora, en cambio, se pone en primer término ante mis ojos una responsabilidad
distinta, que planea sobre la que comporta la creación.
ien sé, pues mi hacer no se limita a la
poesía, sino que abarca otros géneros, como el ensayo y la traducción, que una
cosa es lo que surge del interior y otra aquello que es fruto de nuestro empeño
(…)
e tras expresar que nunca pensara ela chegar a recibir unha distinción tan
alta, engade que “con todo, a lo largo de mis años de trabajo, siempre he tenido en
cuenta la importancia de la lengua –cuya custodia es objeto de los que se
reúnen en esta casa- y, aunque perpetua aprendiza, he estudiado y analizado las
palabras no solo en sus nexos con la expresión, sino también en sus vínculos
con los movimientos de la mente, muchas veces enigmáticos. El enigma ronda la
escritura. Los surrealistas solían llamarlo “azar objetivo” (…)
Velaquí un retrato do labor e das
inquedanzas dunha muller que non deixou endexamais de facer da literatura un
exercicio de liberdade. Unha muller intelixente que anuncia a responsabilidade
que asume. Unha muller cunha claridade
de visión exemplar.
Magnífico, tamén, o discurso de Soledad
Puértolas. Nada raro, por outra banda. E farei fincapé nunhas liñas que me
pareceron moi acaídas sobre o valor da poesía. Afirma a narradora que co
nomeamento de Janés, a Academia quere
recordarnos o valor da poesía, “esa misteriosa dama encargada de dar
aliento y luz a la aridez de la vida y de dotarla de contrastes, complejidad y
hondura, y que nos hace un extraordinario regalo, la intuición de la
transcendencia. La poesía crea un territorio donde la temporalidad tiene un
valor esencialmente simbólico, metafórico. La luz que irradia es atemporal. Esa
cualidad de presente perpetuo supone un contrapunto al constante fluir del
tiempo y de la vida. El poema es, sin duda, uno de los frutos más delicados de
la lengua (…)
Podería seguir, pois o texto non ten
desperdicio, mais aquí prefiro deixalo.
Recibín unha alfaia que me encheu de
emoción.
Naceu unha razón máis para seguir querendo
e admirando a Clara Janés.