sábado, 23 de julio de 2016

DARDO POÉTICO (XXXVI) DAVE ALVIN OFRÉCENOS UNHA GALERÍA DE POEMAS/CANCIÓNS PINTADOS DE MEMORIA.





Gústame moito Dave Alvin. É un guitarrista, cantante, compositor, produtor e escritor dunha altura incrible. Desfruto os seus discos na casa dende hai ben anos. Son auténticas alfaias.
     Dave Alvin formou parte de bandas tan prestixiosas como The Blasters, X ou The Knitters. Músico ben inquedo que  nos oitenta ulía a punk e que o seu achegamento ao folk deu uns resultados espectaculares.
     Hoxe en día é un dos máis interesantes expoñentes desa sorte de música que me encanta e que chaman americana.
     Música, a de Alvin, chea dunha expresividade que envolve. Música que foi levada ao cine por prestixiosos directores de cine e que posúe un selo persoal que nos emociona.
 
Dave Alvin
     
      Ediciones Gamuza Azul  publicou en 2001 o libro Los malos tiempos ya han quedado atrás, un conxunto de textos descritivos (traducidos por Carlos Bastero Rey), cheos de forza, medidamente narrativos, nos que nos transporta ás estrelas do deserto, a unha California que se move detrás dos cristais dun automóbil. Cancións que nos falan devidas estancadas, de imposturas, de soños e de promesas. Versos con humor, amor e desamor. Estes temas e moitos máis contén a súa maneira de escribir textos e letras de cancións que nos permiten ver o mundo a través das súas imaxes.


     Escoitemos a Dave Alvin (co seu irmán Phil forma un dúo excepcional) e aproveitemos para ler algún dos seus poemas.

     Versos e aloumiños presenta algún exemplo de cómo este músico ve e concibe a vida.

 
Co seu irmán Phil (á esquerda)


BLUES DEL ATARDECER


De pie en el umbral de la puerta de tu cocina,
fumando otro cigarrillo,
te miro mientras preparas una taza de café.

Tu pelo hacia atrás,
aún húmedo de la ducha
y tu cara limpia
sin el maquillaje de anoche.

Los dos descalzos.

Los dos callados.

Los dos con resaca
de la noche anterior
y agotados de
hablar y discutir
y hablar y discutir
todo el día.

Anoche todo era fácil,
cuando estábamos borrachos
y calientes
y todo en el mundo tenía sentido.

Mañana por la mañana
tengo que volver a casa
y no sé si quieres que me quede
o me vaya
y, quizás, tú tampoco lo sepas.

Veo a lo lejos una tormenta de relámpagos
en el cielo púrpura del atardecer
y escucho la lluvia suave
contra el tejado.

Nos miramos el uno al otro
desde los extremos de la cocina,
sin decir nada
y apartamos la vista.

Pienso en un antiguo blues
y lo canto para mí.
 
               Quiero abrazarte, nena,
               pero no sé qué decir.
               Quiero besarte, nena,
               pero temo que me rechaces.

y quisiera que pudieras oírme

y quisiera poder oír el blues

que cantas para ti.






Vexamos e escoitemos un vídeo que nos presenta a Dave Alvin en plena actuación.


Con The Guilty Men interpretan "Out of control". Dez minutos de boísima música.