Foi en Fuenlabrada. Non
quixo cantar en Madrid. Paco Ibáñez
non canta en ningunha cidade onde goberne o PP. A dignidade levada, coma nel é
habitual, ata o límite. Paco Ibáñez é único. Unha persoa irrepetible.
Tiña que estrear en directo o seu
marabilloso “Paco Ibáñez canta a los poetas latinoamericanos” na Comunidade de
Madrid. Así que escolleu Fuenlabrada.
E ata alá fomos. Estivemos dous días en
Ugena, na casa de Lurdes e Juan Carlos. Que momentos tan
entrañables os que alí pasamos! O seu agarimo e a súa hospitalidade teñen a cor
do mar, a suavidade da seda e a beleza do arco da vella.
O concerto celebrouse o sábado 12 de
abril no Teatro “Tomás y Valiente” de Fuenlabrada, completamente cheo. Esgotáronse
as localidades. Para que logo digan que Paco non enche. Interesa e moito, malia
que os xornais silencian os seus concertos, as súas xiras. Aínda existe moita
xente que o adora, que lle fala, que lle
di o que significa para eles. E el, amable, ten palabras para todos, posa con
quen llo pide, dedica discos, pese ao cansazo dunha actuación de máis de dúas
horas. E a piques de cumprir os oitenta anos! Un fenómeno!
a |
Entradas esgotadas |
Este concerto tivo algo especial para
min. Sei que canta Que ocorre na terra? en cada concerto que dá. E Fuenlabrada non foi a excepción.Xa forma parte
do seu repertorio, un feito que me fai sentir moi fachendoso e que debería ser
tido en conta polos galegos en xeral. Despois, na cea, seguiu coa teima de que
lle gustaría facer un disco na nosa lingua. Lembreille a fermosa canción “Chove” que cantou algunha vez en público (e a
min en privado) sobre un poema de Celso
Emilio Ferreiro. E Paco comentoume que lle deu moita pena que non a puidese
chegar a escoitar Moraima, a quen
lle presentei nunha estadía do trobador en Vigo.
Paco Ibáñez cantando "Que ocorre na terra?" |
Dicía que houbo algo especial neste
concerto que me sorprendeu e, sobre todo, me emocionou. Ao remate do mesmo,
Paco convidounos a subir ao escenario a
Elisa Serna, Fanny Rubio (autora
do poema “El rey Almutamid” do que fixo unha canción moi belida) e a
min. E alí, xunto cos seus músicos, no escenario, cantamos con el “Andaluces
de Jaén” e “A galopar”, co público posto en pé, cantando entusiasmado e
aplaudindo con calor. Algo inesquecible. Algo para que permaneza para sempre no
meu corazón. Un momento indescritible, máxico, ateigado de sensacións emotivas
que non se poden expresar con palabras.
Magníficos os músicos que o acompañaron
no concerto.
César
Stroscio, bandoneón. Un auténtico mestre.
Mario
Mas. Que maneira de tocar a guitarra!
Gorka
Benítez co saxo tenor e Horacio
Fumero co contrabaixo fixeron as delicias do público.
En definitiva, un espectáculo que
quedará para sempre gravado no máis profundo de min.
Esta é a letra do poema “El
rey Almutamid” de Fanny Rubio e o vídeo de Paco Ibáñez cantando tan fermosa canción nun concerto de 2008.
Soñaba en su lecho el rey
soñaba de madrugada
que entre las ondas del río
buscaba manzanas blancas.
Noche de miedo en Sevilla
O rei Almutamid |
víspera de la batalla.
Y el rey Almutamid
en el sueño contemplaba
la dulce fruta de nieve
que en los espejos temblaba.
Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.
En Sevilla, Almutamid
abrió los ojos al alba
cuando el sol enrojecía
en la ventana más alta.
Y ni amanecer halló
ni arrayán bajo la almohada
ni del agua el dulce nido
donde vio manzanas blancas.
Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.
Remate do concerto. |
Antonio García Teijeiro