miércoles, 16 de septiembre de 2015

JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS BRINDA POR MARÍA ELENA WALSH.


Juan Carlos Martín Ramos nas Cíes


Aínda me boto as mans á cabeza cando leo, escoito ou sospeito que as persoas pretenden escribir sen lecturas profundas.
     
     Sigo a manter que sen lectura non hai escrita de calidade. Imposible enganarnos. Que mellor maneira para escribir ben que coñecer os diferentes estilos dos grandes escritores e, moitas veces, sen os dos máis ilustres?
     
     Juan Carlos Martín Ramos é un grande escritor de poesía para nenos.
     
     Juan Carlos Martín Ramos é un poeta que cre na forza e no bo uso da palabra para artellar os seus fermosos versos.
     
     Con Juan Carlos Martín Ramos levo falado moito de poesía e temos gustos moi similares.
     
     Juan Carlos Martín Ramos é un magnífico lector e posúe unha bagaxe literaria enorme, que deita na súa obra. Unha obra excelente. Unha obra dun gran lector.

     Neste texto agarimoso que hoxe presenta Versos e aloumiños, Juan Carlos Martín Ramos rende unha homenaxe emotiva a unha das referencias esenciais da poesía para os cativos: María Elena Walsh. E faino como debe ser. Na intimidade da lectura da escritora arxentina. Lendo os seus poemas, téndoos presentes acotío e, a partir de aí, escribindo unhas liñas e un poema esplendorosos.
     
María Elena Walsh
     E Juan Carlos Martín Ramos quere compartir esta homenaxe con todos nós. Un pracer. Todo un detalle de afecto que recibimos cos brazos abertos.

     
     Non o esquezamos: leamos un día si e outro tamén eses poetas, homes e mulleres, que nos emocionan coas súas verbas. Non deixemos que caian no esquecemento. Esta sociedade tan materialista tende a sepultar as voces daquelas persoas que cren na poesía como algo vivificante e nós non debemos permitilo.



MARÍA ELENA WALSH: “LA VIDA ES MUY TRISTE SIN DICCIONARIOS”


Me enteré de la muerte de María Elena Walsh con unos días de retraso. Bueno, la verdad es que no tengo la menor intención de darme por enterado, porque yo la sigo leyendo igual que siempre y la siento cada vez más viva y más necesaria.

Que no cuenten conmigo para celebrar ningún absurdo y funesto aniversario relacionado con María Elena Walsh. Eso sí, cada vez que leo uno de sus poemas o alguno de sus cuentos, o cada vez que escucho una de sus canciones, brindo por ella y, entrelazando mi brazo con la luminosa estela de sus palabras, me bebo su copa y la mía de un solo trago.

Cuando leí aquella noticia, antes de desmentirla abriendo uno de sus libros, picoteé por internet y me tropecé con una entrevista que le hicieron en 2004.

Es una entrevista que recomiendo a quien entiende la literatura infantil y juvenil como un género menor, como un subgénero o incluso como una entelequia fuera de todo género. También se la recomiendo a quienes entienden que la literatura infantil y juvenil, si no es en primer lugar buena literatura, tal vez pueda ser infantil o juvenil, pero desde luego no es literatura. Y ya de paso que la lean quienes tienen como principal objetivo en la vida machacar la educación y a los educadores. Si es que saben leer.


El titular de aquella entrevista era y es: María Elena Walsh: “La vida es muy triste sin diccionarios”. Con esta referencia podréis encontrarla fácilmente: edant.clarin.com > Edición Sábado 17.04.2004.

La frase me sirvió aquel mismo día para escribir el poema que incluyo a continuación. Naturalmente, lo mejor del poema es la frase de María Elena Walsh, pero, una vez más, su ejemplo fue para mí un estímulo, como lo es permanentemente para quienes nos hemos embarcado en la aventura de escribir y defender la poesía para niños y adolescentes con la convicción de que, desde su orilla, se puede construir un sencillo pero sólido puente sobre el gran río de la poesía.

 
Un texto de María Elena Walsh



                        LA VIDA ES MUY TRISTE SIN DICCIONARIOS
                                      
               (A María Elena Walsh)

La vida es muy triste sin diccionarios,
sin palabras que llevarse a la boca
(o a la punta de los dedos) para decir
quién eres,
cuáles son tus deseos,
a quién esperas cuando te quedas solo.

La vida es muy triste sin diccionarios,
sin brújulas para llegar
a la siguiente curva del camino,
sin mapas para aprender la geografía
de tu propia sombra.

La vida es tan triste sin diccionarios
que, al deshacer tu equipaje,
puedes descubrir cualquier día
los andrajos de un desconocido.
               
Tal vez encuentres algunas respuestas,
pero nunca sabrás
cuáles son las preguntas verdaderas.

                        Como llevar tatuado el nombre de quien va a tu lado
sin conocer el significado, cálido y secreto,
de su abrazo,
así de triste es la vida sin diccionarios.




                                       Juan Carlos Martín Ramos

lunes, 14 de septiembre de 2015

" PAPEIS RECOBRADOS " ( 2 ). "A mestra".



                                                                                                                                       Foto: Anxo  Cabada
                                      
                                             A   MESTRA
                                                                                                                                                                                                                                                                                         

A mestra chegaba á clase todos os días cunha bolsa de tea chea de libros. Metía a man nela e collía un deles ao chou. Sentaba na mesa, abríao e lía para si. Os nenos mirábana en silencio. Daquela, a mestra erguíase e comezaba a lerlles en voz alta historias de animais, de encantamentos, de maxia ou de bruxas.
    
     Os nenos ficaban pampos escoitando as súas verbas marabillosas. Sorrían timidamente. Estaban engaiolados. A mestra, co libro nas mans, sinaláballes  as ilustracións. Os nenos non perdían detalle do que a muller lles contaba con verdadeiro entusiasmo.
   
Manuel María
     A mestra tamén lles lía poemas. Gustáballe ler poemas en voz alta. A mestra cultivaba unha complicidade literaria cos seus alumnos pouco habitual. Abría o libro e dicía os poemas perdéndose entre as ringleiras de nenos e nenas, mentres lles miraba aos ollos con tenrura.

     A mestra recitaba, cunha entoación engaiolante, a Rosalía, Lorca, Manuel María, Juan Ramón e tantos outros. Os cativos gozaban cos contos e os versos na voz da mestra.
 
Juan Ramón Jiménez
     A mestra sempre levaba libros con ela. Era unha necesidade. Non concibía unha vida á marxe da literatura, nin unha aula sen a palabra literaria flotando no ambiente.

     
Alberto Manguel

     Á mestra emocionábanlle eses rostros infantís que debuxaban sorrisos perante os seus xestos e inflexións de voz. A mestra facía súa a afirmación de Alberto Manguel: “O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina”.


     E nesas andaba ela.

                     (Publicado no semanario "A Nosa Terra")                                                                                           



                                                                                                                 ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

viernes, 11 de septiembre de 2015

"PAISAXES DO AZAR": UNHA EXPOSICIÓN DE SABAS PINTADAS POR XULIO GARCÍA RIVAS.

Xulio García Rivas diante de dúas sabas na casa do Ferreiro   (Foto de Ángel Utrera)


Hai algún tempo, o meu amigo Xulio García Rivas chamoume para dicirme que se tiña sabas vellas non fixese farrapos con elas. Díxome que as necesitaba. Que estaba a pintar nelas.
     Quedei abraiado e el comentoume as vantaxes que pintar sabas tiña, ademais de ser unha idea moi orixinal. Escoitei atento as explicacións do meu amigo e pensei que se el comentaba iso era algo que debía ter en conta.
   E así foi. Cando no seu estudio da Coruña,vin unha pintada, emocioneime. Posuía unha vida extraordinaria. Arte viva, pura maxia.
     
     Unhas datas atrás, Xulio cumpriu un dos seus soños: expoñer na súa terra natal. Así que en Borraxeiros e n´Agolada, brillaron, por fin, as sabas de Xulio García Rivas. Foron para el dous actos emocionantes. Porque, non o esquezamos, Xulio é un ser ben sensible, apracible e dunha bondade que contaxia.

     Pedinlle para Versos e aloumiños que escribise un texto sobre as súas sensacións nesa xornada inesquecible na que estivo tan ben acompañado por persoas que o queren como merece. Fíxoo con moita ilusión, como todo o que el crea.

     
     Incluímos, ademais, un documento moi fermoso: uns comentarios poéticos de Xosé Vázquez Pintor sobre algunhas das sabas expostas. Textos que levan por nome “Como unha luz”.


Con Ángel Utrera.


PAISAXES DO AZAR. Pintura sobre tea de saba.

“ O azar é un salto co que nos poñemos fóra do alcance de nós mesmos “
John Cage.

“ A maior perfección é de  aparencia  imperfecta pero a súa acción é inesgotable

Lao Tse. Tao Te King. Fragmento . XLV.

As pinturas pertencen a unha serie de obras realizadas sobre sabas . O título das obras débese a que estas sabas utiliceinas para protexer o piso do estudo das manchas e salpicaduras producidas ao pintar. Pero un día díxome a voz do azar que alí , naquelas sabas salpicadas, había Paisaxes e Xardíns que eu podería descubrir se escoitaba o misterio do seu espírito . A paisaxe xurdiu da propia pintura e dos soños xerados polos corpos que habitaron os espazos da noite incendiada de cores , beixos, amores, aloumiños,  soños, emocións, luces, claroscuros, auga, vento e treboadas nos beizos da natureza.
Foto de familia en Borraxeiros

     En todas estas pinturas o Azar é un  elemento compositivo fundamental aínda que tratase dun Azar  no que a improvisación , no sentido da música de Jazz, e a capacidade de suxerir das manchas e salpicaduras que caen aleatoriamente nas teas axudan a que os trazos  das brochas e pinceis configuren as paisaxes e xardíns  que encontro nas sabas.

Os nenos e nenas gozaron das sabas e Xulio con eles. (Foto de Ángel Utrera)

 Interésame moito a pintura sobre sabas porque, debido a que a saba carece de imprimación, a pintura seca inmediatamente permitindo sobrepintar con capas moi  leves , diluídas e gran cantidade de auga. Ademais de requirir traballar rapidamente, con espontaneidade,  e sen a posibilidade de retocar ou corrixir cunha técnica semellante á da Acuarela. Para min é determinante que a pintura se realice cun movemento  e trazo  directo para que a emoción de mente e man ao pintar  sexa a verdadeira realidade da obra  . Comparto o que nos di  o meu admirado Joan Hernández Pijuan : “ Mis cuadros son golpes de emoción :  ¡ Paf…. Y se acabó! “. Tamén quero mencionar aquí, xa posto a facer citas de amores pictóricos a Caspar David Friedrich : “ A tarefa do paisaxista non  é a fiel representación  do aire, da auga, das rochas e das árbores  senón que é a súa alma , o seu sentimento o que ten que reflectirse “. Friedrich xunto con Turner son , dos pintores europeos , os que teñen un concepto da paisaxe máis semellante ao espírito da Estética Taoísta.
Presentación. Fernán Vello, Xulio, Pepe Cáccamo e Vázquez Pintor. (Foto de Ángel Utrera)
                                                                                          
     A Exposición realizouse en Agolada e Borraxeiros  porque me pareceron  dous dos espazos que mellor encaixaban co espírito destas pinturas sobre saba, como  me dicía  Alicia que sempre me falaba do ben que quedarían estas sabas nos Pendellos e Borraxeiros.  A Casa do Ferreiro dentro do recinto dos Pendellos posúe  un encanto intimista e máxico, ademais de ser a Casa máis fermosa dos Pendellos que foi restaurada con   sensibilidade e respecto a construción orixinal. O local da Asociación Nós de Borraxeiros , no meu lugar natal  da Guillerma,  foi anteriormente sede do Concello de Agolada e posteriormente escola á que asistín de neno sendo a mestra a miña tia Adela. Quero destacar  a axuda na montaxe da exposición de Anxo Barreiro, do meu fillo Xavier  e dos meus curmáns  Agapito   e  Xosé Luis.


A Asociación Nós  de Borraxeiros está dirixida por Marga Negro e Sonia López,  unhas mozas  que están realizando xunto co seu equipo un traballo admirable organizando durante todo o ano actividades de moito interese cultural para os veciños da parroquia de Borraxeiros . 
Xulio entre Sonia López e Marga Negro.

Estes dous espazos teñen para mín un grande valor emotivo. Se “a infancia é  a patria do home” ( Rilke ) estes lugares, especialmente Borraxeiros, son a miña verdadeira patria.
O día 12 de Agosto presentouse a exposición na Casa do Ferreiro coincidindo coa   Feira Tradicional do 12 en Agolada e dentro da celebración da XIX Feira de Artesanía organizada polo Concello e coordinada por Inma Galego.
Intervención de Miguel Anxo Fernán Vello. (Foto de Ángel Utrera)

No acto de presentación participaron os meus queridos e admirados Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello e Xosé Vázquez Pintor.  A continuación dirixímonos cara a Borraxeiros, que está a só catro kilometros  de Agolada. Alí no espazo da antiga escola e rodeado da miña familia e dos veciños de Borraxeiros vivín o momento de máis fonda emoción. Xosé Vázquez Pintor deu lectura a un poema que lle dedicou a Alicia miña compañeira no camiño da Arte e da Vida, que xa non está con nós. A Pintor tamén lle custou dar cabo á lectura e non puido conter algunhas bágoas. Démonos un grande abrazo como irmáns que somos da Terra do Medio.  
Para completar o día  fixemos unha pequena xira turística. Visitamos o Pazo de Borraxeiros (s.XVII)   e a Igrexa de Ventosa (S.XIII) na que puidemos admirar un baldaquino con unha marabillosa colección de escultura. Xornada inesquecible chea de intensas emocións para gardar na memoria e no corazón para sempre.

                                                                                     Xulio García Rivas


Xosé Vázquez Pintor na presentación. (Foto de Ángel Utrera)

                


                         "Coma unha luz".  Xosé Vázquez Pintor




1.   Coma unha luz, como unha matria en pétalos do amor en alza, para que eu soñe  en parte cos algúres da mañá  cediña, sempre (XARDÍN DO AZAR ).



2.   A cor da terrabarro e as esencias da vida en aturuxo coma fíos de raíz e pranta cara as cumes do finito que me agarda feliz.(XARDÍN DE CAMELIAS ).



3.   A vertical da liña permanente e azul o agarimo mailo xeito de soñar os cumes da esperanza.( ÁRBORE II )



4.   A bidueira preta vai en obra cara aos cumes de benvida: informe e corredor das tantas permanencias. ( ÁRBORE  )




5.   As cores do vagar e da frieira  cando o gris agarda para que a nube baixe e sermos Gallaecia no profundo da benvida que senta en xove de mil anos. Sempre. (PAISAXE )




6.   No corredor da lúa  desce o azul para que a flor da vida   espelle dende o profundo das distancias. As cores da noite en luz vermella e punto branco.( A LÚA CON FLOR PARA LAOTSÉ ).

miércoles, 9 de septiembre de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LVII). Juan Cobos Wilkins



JUAN  COBOS  WILKINS  (Riotinto. Huelva, 1957)


UN ADOLESCENTE ABRE LA CREMALLERA

Un adolescente abre la cremallera
sensual de la pureza.
Juan Cobos Wilkins
                                   Y las nubes
se escapan
por entre sus raídos pantalones vaqueros.

(Amor tan blanco para el desnudo a solas con el alma.
Para la fe en el cuerpo, maculado. Lento amor
para ese roce del verbo con el vello. Más amor
para la despedida ritual de la inocencia, para el aprendizaje
en los arcanos del infierno consigo, edén
robado donde su hermoso diablo de la guarda
se rasura y tatúa en el pubis un doble y prohibido corazón)

Cierra un adolescente
la cremallera sensual de la pureza.
                                                       Y se abraza.
Temblando se abraza a la almohada.


UN NIÑO APRENDE LOS ADJETIVOS

Un niño aprende los adjetivos

“alegre”, “triste”.

En el primero hay gnomos.
En el primero hay lluvia,
paraguas blancos como iglús, medusas
que abren sus paracaídas
bajo el granizo inesperado de la tarde.

“¿Triste?”,
triste es una bombilla
al final del cable solitario, su débil
luz sobre el desangelado mostrador
de un puesto ambulante de feria.

Un niño ignora que ambos
saben fingir –como él- y parecer lo mismo.
Juan Cobos Wilkins
Un niño desconoce que los dos
nunca jamás –como el país- se ofrecen puros.

Un niño aprende pronto,
demasiado pronto,
que un adjetivo puede
de golpe y para siempre cercenar la niñez.


UN POETA  NO DEBE EN PRIMAVERA

Un poeta no debe en primavera
cruzar solo la tarde de los parques.

Bajo las ramas se abrazan las parejas
y la yerba humedece.

No debe pasear
en primavera solo por los parques.

Hay nubes lanceoladas, vuelos, restos
de amor usado ya en la tierra, y las lilas,
tan suaves las lilas, cómo hieren.

En primavera es peligroso el mundo.





(Del libro Biografía impura, editado por la Fundación José Manuel Lara. (2009)







Juan Cobos Wilkins recita un poema de Federico García Lorca, contenido en el documental "Lorca. El mar deja de moverse" de Emilio Ruíz Barrachina.

lunes, 7 de septiembre de 2015

"CADROS DUNHA EXPOSICIÓN": UNHA SINFONÍA CROMÁTICA, LITERARIA E MUSICAL PARA ALOUMIÑAR OS SENTIDOS



Dez cadros do pintor, arquitecto e amigo de Mussorgsky, Viktor  Hartmann, permitiron ao gran compositor ruso compoñer unha fermosa suite coma homenaxe ao seu amigo morto en idade temperá dun ataque ao corazón. Mussorgsky quedou abatido, compuxo esta obra  en 1874 e afundiuse nunha gran depresión.

  
Modest Mussorgsky

       Unha suite formada por quince pezas escritas para piano e que posteriormente Maurice Ravel orquestrou. Esta é  a forma máis coñecida da obra, chamada nun principio “Suite Hartmann”, e que posteriormente se coñecería  como “Cadros dunha exposición”. Así ata os nosos días.
     
     Modest  Mussorgsky quixo debuxar con música algúns dos cadros expostos (tres, concretamente) e entre cadro e cadro creou uns temas chamados “paseo”, uns fragmentos nos que describe os “pasos” do visitante cando vai dun cadro a otro. Cinco “paseos” con distintas variacións que lle dan unidade á obra.


     Ben, pois sobre esta obra romántica a Editorial Kalandraka vén de tirar do prelo un álbum excepcional, que contén un CD coa obra gravada baixo a dirección do mestre italiano Giuseppe Sinopoli, falecido en 2001 mentres dirixía a ópera “Aida” de Verdi na Ópera de Berlín.

     Digo que é un libro excepcional, un fito evidente, porque semella imposible coidalo con máis gusto e agarimo.
     

     Un texto relativamente breve, moi tenro de  José Antonio Abad, axeitado ao desenvolvemento da obra musical. Unha gansa, Ocazul, pasaba en grupo cada día diante do Museo de San Petersburgo camiño dos prados  onde acostumaban a pastar. A nosa gansa, algo despistada ela, foise apartando do grupo pouco a pouco, sen decatarse, e o continuo transitar dos visitantes foina levando cara ao interior do museo. Sen saber como, atopouse dentro da gran Sala de Exposicións. A pequena gansa quedou marabillada ao descubrir amplos espazos cheos de sonoridade, grandes lámpadas, alfombras de cores e moitos cadros nas paredes.
     Ocazul grallou de admiración e internouse curiosa, comezando unha aventura por entre tan fermosas pinturas. Fantasía e realidade neste relato, que nos empurra a entender a importancia da curiosidade e a imaxinación no desenvolvemento do ser humano.


     Excepcional tamén este libro polas impresionantes ilustracións de Xosé Cobas. Non imos descubrir a calidade do artista (tan querido por min). Cobas é, sen dúbida, un dos mellores ilustradores deste país. O seu labor emociona porque é quen de crear unha festa dos sentidos diante de cada unha das súas imaxes. A elegancia é unha das características da súa obra. Nestas páxinas, sutileza, detallismo, limpeza nos trazos, cores suaves que acariñan e xogos de luz van da man para removernos interiormente.
     Entramos nos cadros orixinais, maxistralmente recreados, cunhas abstraccións líricas, envoltas e música, que nos deleitan. Un Cobas maior o que aquí,nesta xoia, dá vida a unha sinfonía de sentimentos que nos fascina.
 
Xosé Cobas
     E é excepcional “Cadros dunha exposición” polo disco que acompaña ao libro. Unha das mellores versións da suite de Mussorgsky é, sen dúbida, esta de Sinopoli, electrizante e chea de vitalidade, gravada en Nova York pola New York Philarmonic Orquestra baixo a batuta do director italiano.
 
Giussepe Sinopoli
     Imposible pedir máis. Texto, proposta estética e música de altísima calidade xuntos para poñer a pel de galiña ao lector ou lectora e permitirlle gozar cun proxecto admirable que Kalandraka, unha vez máis, pon ben preto das persoas máis esixentes.

     
     Un libro para perderse polas liñas que marcan os territorios das emocións máis fondas, esas que fan ao ser humano máis sensible.

     Se queredes escoitar a New York Philarmonic, dirixida polo mestre italiano, tedes un fragmento, "Gnomus",dos "Cadros dunha exposición".




  Se  desexades escoitar esta marabillosa obra completa - paga a pena! - tedes deseguido a interpretación da Orquestra Filarmónica de Viena, dirixida polo gran Valery Gergiev.




                                                                                                                       ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO