RAMÓN CARIDE OGANDO (Cea, Ourense, 1957)
O boiseñor que pía
pía e pace sen xeito
anda piando a eito
no medio do silveiro
manxa e non dá feito
Ramón Caride (Foto de Anxo Cabada) |
Lampopa e lamproa
lamproa e lampopa
segundo se poñen
que sempre se opoñen
nunca se compoñen
Crocogrilo grilea
regrilea e grilea
éche unha boa lea
remata por cansar
Sandía de día
sabe que rabea
após do solpor
sandía tolea
sannoite alcatreaIlustración de Lois G. Magariños
Moicego o morcego
paréceche un crego
colgado da roupa
vendendo nas rúas
mentres papa moscas
(Do
libro V de Bestiario, editado por Edicións Embora,
2020)