YOLANDA
CASTAÑO (Santiago de Compostela, 1977)
Dixéronme unha vez que estaban quietas as plantas,
que
ficaban toda a vida no mesmo lugar
mais,
estade moi atentos e eu heivos contar
as
viaxes tan incribles que fan algunhas cantas.
Buscan
estabilidade cando son maduras,
instálanse
nun sitio e alí botan raíces.
os
seus talos e pólas medran tesas e duras.
Pero
cando son sementes coa vida por diante
aprenden
que, ás veces, as cousas son complicadas
e
poden resultar un chisquiño máis doadas
baixo
o ceo tan azul dunha terra distante.
Por
terra, mar e aire as sementiñas viaxeiras
lánzanse
na procura de novos horizontes.
Buscan
un fogar por entre as fragas e montes,
búscano
avanzando ben dispostas e lixeiras.
--------------------------------------------------------------
Hainas
que prefiren as viaxes aéreas;
para
marcharen lonxe, elas confían no vento
e
así conseguen salvar o seu desprazamento
equipadas
de ás e estruturas etéreas.
Así
fai a sementiña do alto piñeiro:
sae
da súa piña e, logo, guíndase alá!
Din
que se chama sámara a súa única á,
pero
élle dabondo para un salto lixeiro.
Outras
gardan o seu truco mellor nas recámaras:
parece
un helicóptero a semente do alerce!
De
dúas en dúas, en canto chimpan do berce
semellan
unha hélice se xuntan as sámaras.
Pero
hai outras que son, se cadra, máis abraiantes
e
baixan como planando das pólas ao chan.
Son
as que se desprenden do umeiro e logo van
igual
ca se fosen ovnis ou pratos voantes.
---------------------------------------------------------------------
Outras,
no canto de viaxar a lombos dos bechos,
parece
que se sentisen moito máis seguras
en
vez de por fóra, dentro deles e ás escuras,
Confía
a boa oliveira no voo do estorniño.
A
ese paxaro tan ben lle saben as olivas
que
xa anda a devecer polas grandes e as cativas
cada
mañá que sae a voar dende o seu niño.
Tamén
para moitísimos tipos de paxaro
os
froitos do teixo resultan apetitosos.
Chámanlles
arilos, son vermellos e carnosos.
Que
os leven na barriga a ninguén se lle fai raro!
(Do libro Sementes viaxeiras, editado por Edicións
Embora, 2019)