ALBERTE
MOMÁN (Ferrol, 1976)
As
claves da nosa comunicación
son
triviais,
netamentes
insuficientes.
Os
nosos lugares común
para
ti.
Eu
só son o instrumento
que
te reafirma na idea de ser,
malia
todo.
Segura
e distante, Maianca.
------------------------------------------------------------
PÉNSOTE
só en vran,
coas
flores cubrindo as beiras dos camiños
e
a luz do sol reflectíndose
nas
mareas.
Non
es máis ti,
senón
a idea que procuro no meu cerebro.
Non
penso en regresar,
tan
só imaxino formas de manterte
ben
dentro.
Sucédense
os volumes nos que non leo
máis
que palabras soltas
en
páxinas dispares.
Nesa
incapacidade que me obsesiona
figuro
para a normalidade
onde
me condiciono
obstinándome
nunha carreira
como
sen saída.
V
Se
algunha vez forzo ao amor
a
amar a túa sen figura,
lembra
recordarme que entre as tenaces
atópase
o meu propio corpo magoado.
VI
Se
servise para algo
queimaría
os restos que de home
quedan
en min,
suplindo
os ocos que voan coas cinzas
con
anacos do soño asolagado polas horas.
Presentación do libro en Vigo |
Vístome
evitando
verme reflectido no espello do cuarto,
nego
a ficción da miña propia imaxe
interpretada.
Auséntome
en
canto paso a man sobre os xenitais.
O
presente non é máis que aquela fotografía
que
aínda cremos representar.
Permanezo
estático nos anos que por ti
non
pasan,
eu
son esoutra barbarie
que
nego
lidando
cos pasos e o seu avance.
(Do
libro Tripas, editado por Belagua
Ediciones y Comunicación, 2017)