CONCHA BLANCO
(Lires. Cee, 1950)
AMORA
Carnosas
e azucradas
nacen
entre espiñas.
Elas
son o frito
das
moreiras e silvas.
Unha
vez maduras
Concha Blanco |
cambian
de cor
pero
non por iso
saben
peor.
Moradas
nas moreiras
negras
nas silvas.
Ai
que alegría!
Que saborosas son
na confeitería.
CEREIXA
Non
é gato nin é can
tampouco
é un cabalo
no
que a eles se parece
é
que todos levan
rabo.
Redonda,
ben feita.
Ela
é a cereixa.
Máis
cousas dela
vouvos
dicir,
Por
último e xa acabo:
Comémola
dun bocado!
Maxestosa
a cerdeira
toda
engalanada
de
cereixas maduras
amarelas
e encarnadas.
Entre
as follas verdes
no
alto penduradas
bailan
en grupos
de
dúas, de tres…
moi
ben apreixadas.
Os
merlos son
os
seus inimigos
son
eses froitos
os
seus favoritos.
As
cereixas e o verán
andan
collidos da man.
Ilustración de Lidia Nokonoko |
LIMÓN
Ten
dúas follas verdes
brillantes, lustrosas.
No
medio da cesta resulta
unha
froita vistosa.
Cólleme,
lévame,
parece
que di,
pero
eu non quero
sacalo
de alí.
No
xénero das froitas
abunda
o feminino
agás
unas poucas
Ilustración de Lidia Nokonoko |
que
é masculino.
O
pexego, o figo, o limón.
A
laranxa, a pera, a mazá.
A
historia do seu sexo
que
máis dá!
De sabor amargo, é o limón.
Saboroso
en limoada
co
peixe frito e coa ensalada.
O
limón e a laranxa
son
da familia
el
moi galán
ela
moi fina.
(Do
libro
Macedonia de Versos, editado por Aira
Editorial, 2018)