OLALLA
COCIÑA LOZANO (Viveiro. Lugo, 1979)
Ollalla Cociña |
En todas
as estacións
hai
tardes que arrefrían
sen
querer
encollen
todo.
Se
cadra é hora de resignarse
e
ser varias
ao
mellor imos abrigarnos
moi
soas
ao
ralentí
tentando
secar o cerco
desta
humidade salina, calamitosa.
Entendo agora febreiro
o
mes que che encollía o corazón.
A
decrepitude das horas
inscritas
na aura dunha clepsidra
ou
contra o cristal dunha xarra baleira.
Podo
presentarche
á
que defrauda antes de defraudar
a
que ten a marabilla, a navalla
o
compás
e
o mapa errado das covas.
Está
todo arranchado
para
devolvernos tal como eramos.
Erguemos unha pedra e debaixo
bulen
formigas
desafeccións
pequenas.
Nesta
ruta que facemos
con
lentes de aumento na mochila
ensínoche
xogos e trampas
cunha
vantaxe ao meu favor:
téñote
entre os dentes.
XARDÍN
DE INVERNO
As
casas deshabítanse e quen podará as nosas árbores
que
será das roseiras
da
hedra centenaria.
Desmembraremos
todas as tendencias
mandaremos
lonxe as manías
ninguén
vai herdar este anel de poder
tampouco
a cicuta.
Aquí
habitarán as desarroupadas.
(Do libro Vestir
a noite, XIV Premio de Poesía Afundación 2016, editado polo Centro PEN Galicia,
2017).