Cando recibes un libro de alguén que queres e admiras pola súa traxectoria profesional e artística, sénteste ben feliz.
Isto pasoume ao atopar na miña caixa de
correos o último (que non o derradeiro) libro de María Rosa Serdio, Caudal de
azar.
Rosa foi sempre unha loitadora que
profesaba un amor infinito ao seu alumnado (como boa mestra que era) e á
literatura.
María Rosa Serdio |
Mais Rosa levaba cultivando dende hai ben
tempo ese xénero mínimo pero dunha luminosidade extraordinaria que é o haiku. Agasallaba haikus e daba a
coñecer unha sorte de estrofa que agora se utiliza con moita frecuencia.
Non nos pode estrañar que vexa a luz ,
editado por Bajamar, unha colección de haikus que María Rosa Serdio nos
presenta para que gocemos da sobriedade destas composicións que tanta poesía
conteñen malia ser tan espidas.
Unha colección de poemas que leva por nome
Caudal de azar, escritos coa
habilidade, o gusto e a ledicia de quen ama fondamente a palabra e a vida:
Nada es pequeño.
Todo lo
que vivimos
forma la vida.
Son poemas ateigados de emoción e amor polas
cousas pequenas, polos seres que sofren, pola natureza (ás veces descoñecida).
Son poemas nos que habita a esperanza, o paso do tempo, a denuncia, a espera.
Onde habitan as lembranzas, os desexos, os segredos, as alegrías e tristezas.
En el reloj
un tiempo de hojas
nuevas.
También de rosas.
Desde la noche
la voz honda del alma
de los mineros.
Abrí tus páginas…
Supe de tu dolor
con el otoño.
En fin, unha
gozosa proposta poética de alguén que quere os seus amigos, que non foi quen
endexamais de permanecer allea a todo o que a rodeaba e que se comprometeu
decote co futuro de todos aqueles que estaban próximos dende o coidado
exquisito polo presente. Unha anduriña que sempre coidou o seu niño.
Abro la casa.
Cuida la
golondrina