jueves, 4 de abril de 2024

A LUZ DAS PALABRAS (96) Stella Maris González Balbuena






Admiro profundamente as persoas que levan a poesía dentro. As persoas que teñen a lírica como unha extensión de si mesmas. Que crean en silencio, con humildade, pero cun enorme talento para sentir e expresar sentimentos e partillalos. Persoas que buscan no seu interior esa vida rica que as fai moi comprometidas co ser humano.

É o caso de Stella Maris González Balbuena, que escribe desde dentro, en permanente procura de si mesma.


Stella Maris González Balbuena

De aí que, dende Versos e aloumiños, este blog-revista que camiña polos vieiros da autenticidade, lle solicitamos unha reflexión poética e unha mostra da súa boa poesía.

Ela, moi amablemente ademais, enviounos dous poemas -un deles en versión bilingüe) dunha calidade exquisita, que nos comprace compartir co amplo grupo de seguidores que temos.

Dúas mostras de senllos poemarios: Alma acróbata (2018) e Prosas rotas (2023)

Moitas grazas, Stella, pola túa xenerosidade.


"Crebas", de Manuel Sendón



                                                  La poesía para mí

 

Desahogo de suspiros furtivos del espíritu

 

Plasmado a través de palabras procedente de lo recóndito de una misma, unas veces producidas por emociones internas del microcosmos y otras surgidas de la observación del exterior (macrocosmos).

Al instante se convierten en mariposas, lágrimas, dardos en la mente o en el corazón que serán transmitidos por medio de la palabra escrita u oral.

 

 

                    Comparto de mi poemario Alma Acróbata: Fue a ti, en su versión bilingüe.

                    De Prosas rotas: A proposito de lágrimas.

 

 





Ce fût à toi

 

que je me cramponnai

quand je me précipitai

dans le vide

à travers ce défilé

poursuivie

par d'intimes diables

rendus furieux

 

C'était une chute libre

à mesure que je tombais

se multipliait

la vitesse acquise

 

—loi physique implacable—

 

Je pouvais à peine

ouvrir mes mains

mes bras

ni bouger un membre

de mon corps

Cependant

inconsciemment sans réfléchir

et de manière impulsive

j'ai levé maladroitement

ma main

désespérée

vers quelque chose d'humain

dans ma descente fatale

et là je t'ai rencontré

proche

à ma portée

 

Sans que tu le saches

tu t'es transformé

en un frein solide

à ma chute frénétique

 

 

Fue a ti

 

a quien me así

cuando me precipité

al vacío

por aquel desfiladero,

perseguida

de íntimos diablos

enfurecidos

 

Era una caída libre

a medida que caía

se multiplicaba

la velocidad adquirida

 

—ley física implacable—

 

Apenas podía

abrir mis manos

mis brazos

ni erguir un miembro

de mi cuerpo

 

Sin embargo

inconsciente irreflexiva

e impulsiva

alcé torpemente

mi desesperada

mano

hacia algo humano

en mi fatal descenso

y ahí te topé

próximo

a mis aledaños

 

Desconociéndolo

te convertiste

en consistente asidero

en mi frenética caída

 

                         Alma acróbata, 2018.

 






A propósito de lágrimas


Lágrimas‒riachuelo:

Simétricas

de sabor agridulce

que riegan mis labios

 

Me deleitáis cuando

tibias pausadas una tras otra

salís encadenadas

por el contorno de los ojos

y obedientes seguís hasta el vértice

 

Lágrimas‒río:

Fluido río

cuya inundación

deforma la visión

de sus riberas

—auténticos lienzos impresionistas—

 

Fluis caváis desordenados

meandros y desparramadas

rebosáis de mis cuencos

Os distanciáis de las órbitas

¡lágrimas mías!

para salpicar húmedas

sin lluvia ni viento

el vacío lejano

el inadvertido rostro

 

Lágrimas‒catarata:

Inagotable gigantesca

ruidosa catarata

de donde emanan sollozos

a raudales

desde escarpadas montañas

 

No sois deleite

ni alivio momentáneo

sino terremoto interno

—bomba inminente—

Todo va a estallar:

convulsión

estremecimiento

escozor

 

Duele la nariz

el estómago

los músculos los ojos

y hasta el cráneo

 

Producís llorona catarata

más que alivio extenuación

Qué gran desolación

 

Que ningún sorprendido observador pregunte

¿Qué te sucede?

 

Si la catarata estuviera ya a punto de extinguirse

 

corre el riesgo de que brote de nuevo

¡Con la misma intensidad del inicio!




                                                                                                                                     Prosas Rotas, 2023





martes, 26 de marzo de 2024

AUDIO DA PRESENTACIÓN DO POEMARIO "OS ECOS DO VENTO", DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 



Coa Libraría Cartabón completamente ateigada de xente, presentouse  o poemario, Os ecos do vento, editado por Kalandraka Editora, nun ambiente de distensión e alto contido lírico e estético.

Introduciu o acto Paz Castro, de Kalandraka, e deseguido Alba Piñeiro falou dos poemas cunha enorme claridade e nun ton afectivo que cativou o auditorio. Fermosa a súa intervención.



Non menos fermosa e interesante foi a disertación sobre as ilustracións de Noemí Villamuza que fixo o prestixioso ilustrador galego, Xosé Cobas, explicando a súa visión estética sobre o labor da ilustradora.

Para rematar o acto, Antonio García Teijeiro, autor dos poemas, explicou a xénese do libro e leu diversos poemas tanto do poemario coma dalgunhas poetas homenaxeadas nel.

 

Un acto fermoso, cheo de agarimo polas artes e as letras, que engaiolou o numeroso público.

 

Se queredes escoitar todo o que se dixo, tedes embaixo o audio do acto.

Grazas a Cartabón polas fotos.





miércoles, 20 de marzo de 2024

FAÍSCAS (18) Juana de Ibarbourou n´"Os ecos do vento"

 



No poemario Os ecos do vento, publicado en galego e en castelán pola Editorial Kalandraka, intento respirar o aire de grandes poetas de ambos lados do Atlántico, escoitar os ecos das súas palabras e animar o lectorado a descubrilas.

Algunhas son ben coñecidas (Beatriz Giménez de Ory, Gloria Fuertes, María Elena Walsh ou Rosalía de Castro, por exemplo), pero outras non tanto ou o seu descoñecemento é total.

Unha delas é a poeta uruguaia Juana de Ibarbourou, nacida en 1892.

De nome verdadeiro Juana Fernández Morales é unha das grandes escritoras de Latinoamérica do século XX.

 

Entusiasmoume a súa poesía dende que caeron nas miñas mans algúns dos seus poemarios.

 

Leamos con agarimo un dos seus poemas e os versos que naceron dentro de min ao escoitar os ecos da súa lírica.


     ESTÍO

 

Cantar del agua del río.
Cantar continuo y sonoro,
arriba bosque sombrío
y abajo arenas de oro.

Juana de Ibarbourou
Cantar…
de alondra escondida

entre el oscuro pinar.

Cantar…
del viento en las ramas
floridas del retamar.

Cantar…
de abejas ante el repleto
tesoro del colmenar.

Cantar…
de la joven tahonera
que al río viene a lavar.

Y cantar, cantar, cantar
de mi alma embriagada y loca
bajo la lumbre solar.



E este é o poema que escribín seguindo os seus ecos

 

 Cantan os paxaros

a brisa do ceo

nas ponlas de prata,

brillantes reflexos.


E cantan nas árbores,

amigas da auga,

cancións misteriosas,

cantigas douradas.

 

Calan os paxaros

remotas palabras,

mentiras perdidas

na choiva da alba.


Calan os paxaros

as sombras aladas,

a pel da tristura

e cen treboadas.

 

E cantan calando.

E calan cantando

os ecos do vento

nas noites de maio.

 

 




viernes, 15 de marzo de 2024

A LUZ DAS PALABRAS (95) Ana López Chicano

 



É unha muller cunhas inquedanzas que me fan admirala profundamente.

Ana López Chicano é libreira, codirectora da revista Lazarillo, escritora, ilustradora, deseñadora, activista cultural e moitas cousas máis.


         Ana L. Chicano (Foto Fase Extra Transmedia)


Co gallo do envío ao gran Paco Abril do meu último artigo no suplemento ESTELA, do FARO DE VIGO, que falaba das bibliotecas persoais, recibo un wasap deste cun texto fermosísimo de Ana.


Ana L. Chicano e Paco Abril

Engaioláronme as súas palabras e pedinlle permiso, a través del,  para poder publicalo no noso blog-revista Versos e aloumiños.

Moi xenerosos ambos, accederon a isto e hoxe temos aquí ese texto que me interesou e conmoveu a un tempo, para deleite noso.

Gozade destas sabias palabras porque chegan moi dentro do lectorado e son moi necesarias nestes tempos que nos toca vivir.

 

 

                                       DIARIO DUNHA LIBREIRA.

                                                                Ana López Chicano. 

                                                       Librería Oreja Verde Gijón. (Asturias).

 

Descubrín, na miña curta experiencia de libreira, que unha libraría, entre outras moitas cousas, é un espazo de conversa arredor, sobre todo, dos libros.

E isto hai que salientalo, aínda que pareza case evidente.

Conversar.

Que significa con exactitude conversar?

Leo no Diccionario filosófico, de André Comte-Sponville o seguinte:

“Conversar é falar con outro, sen intentar convencelo nin vencelo: o propósito é entenderse, non poñerse de acordo”.

Subliño o de que “o propósito é entenderse”.

Entenderse, que impresionante pretensión! Non tería que ser a principal aspiración dos seres humanos?


André Comte-Sponville

A conversa, sigo tirándolle zume ao diccionario de filosofía do que tanto estou aprendendo, é diferente da discusión e do diálogo. A discusión implica unha discrepancia, o diálogo busca unha verdade compartida. A conversa é intercambio sen finalidade procurada.

Volvo ao filósofo citado: “A gratuidade da conversa forma parte do seu encanto”.

Cando, poñamos, un pai me pide un libro axeitado para a súa filla de tres anos, iniciamos un intercambio conversacional que vai da nena ao libro e do libro á nena. O pai fala da súa nena, eu dos libros que poderían interesarlle. E, de súpeto, a conversa abre camiños insólitos de encontro entre entre a nena, seu pai, o libro e a libreira.

Continúo a ler máis sobre a conversa. Abro agora un libro, os libros guíanme, doutro filósofo, Jorge Wagensberg. É un libro de pensamentos breves, brevísimos. Partillarei algúns rotulándoos no vidro do escaparate. Quero que o escaparate fale.

Jorge Wagensberg

Selecciono, para rematar, tres desas sabias pílulas sobre a conversa para saborear amodo antes do almorzo, xantar e cea:

Primeira pílula: “Investigar é conversar, ensinar é conversar, apreder é conversar, reflexionar é conversar.

Segunda pílula: “Conversar é o mellor adestramento que pode ter un ser humano para ser un ser humano”.

Terceira pílula para despois da cea: “Unha boa lección é unha conversa”.

 



martes, 5 de marzo de 2024

A LUZ DAS PALABRAS (94) María Rosa Serdio


 


Volve María Rosa Serdio a Versos e aloumiños. Un, que a coñece dende hai ben tempo, sabe da súa paixón pola literatura (en especial pola poesía). Sabe da súa dedicación a ela dende diferentes enfoques da súa vida.

María Rosa Serdio é o exemplo de dignidade docente e literaria.

Lembro os encontros na súa Asturias natal coma un modelo do que debe ser o contacto entre lectorado e autor/a: reflexivo, respectuoso, indo ao fondo da obra, participativo e máxico. Inesquecibles eses actos que ela dirixía e que remataban en amizade persoal.

María Rosa Serdio

Pero tanta semente tiña que dar o seu froito e María Rosa decidiu poñer en papel os seus sentimentos e as súas virtudes literarias a través da palabra escrita. Afortunadamente.

Hoxe é unha poeta moi admirada por persoas de diversas procedencias culturais e, xa que logo, por min.

Lela é unha delicia.

De aí, que Versos e aloumiños lle pedise algún texto poético para esta sección tan interesante polas persoas que colaboraron a través dos anos.

Ela, que sempre foi moi xenerosa, non o dubidou e agasallounos cuns fermosos poemas que podedes ler deseguido.

Grazas, poeta, por deixarnos estas magníficas mostras da túa arte.

Este blog-revista quérete por mil razóns.


                                     TRES POEMAS DE MARÍA ROSA SERDIO


ENTRE TANTO... la espera

 

¿Quién te enseña a esperar?

¿Quién te dijo, en un día de ayer,

que en el de mañana,

se dedicará el tiempo

a aprender el arte de la espera?

Te van dejando ir.

Te enseñan Geografía,

te corrigen las faltas,

aprenderás idiomas

(medias lenguas de gato)

te iniciarás en artes,

en la esgrima, en el canto,

calcularás en problemas inútiles

y sin importancia...para la vida.

¡Nadie te enseñará,

conscientemente,

a escuchar los pasos del reloj,

a medir el silencio,

a sopesar el para más tarde,

ni a callar escuchándolo todo...!

Nadie quiere enseñarte a esperar

porque saben que, de todos ellos,

alguno ha de apagar la luz...

Y cerrar la puerta.




RONDA DE PAZ

 

 Una y una...dos.

Uno y uno...más.

¡Vámonos al parque!

Vamos a jugar.

Dos y dos... ¡Ven tú!

Vamos a cantar.

Cuatro y otros cuatro

y, así, una coral.

Uno y uno... amor

y no importarán

la raza, el color,

la lengua, el lugar.

Mano en mano... ¡Ven!

Vamos a rondar

y que gire el mundo

como ha de girar.

 

 

 

  

 

LABOR EN PAZ

 

  Las manos del panadero

que amasan el pan diario

van trazando los senderos

A poeta, dedicando un seu libro
de paz en el calendario.

De miga blanca y espuma,

bajo una luna de nata,

navega hoy el marinero

un mar de paz de hojalata.

El campesino que labra

su surco de tierra abierta

precisa de paz y espigas

bajo la naciente estrella.

Mujeres, las que han soñado

con manos que abren senderos,

quieren hoy, también mañana

paz y pan, ola y luceros.

Y tú, niña de ojos sabios,

y tú, niño, el hombre nuevo

llevad la PAZ en las manos

blandid la paz y los versos.