Mostrando entradas con la etiqueta reseñas literarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reseñas literarias. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de diciembre de 2020

REMUÍÑO DE LIBROS (73) "Sete chaves para abrir os soños", de Alfredo Gómez Cerdá

 





TÍTULO: Sete chaves para abrir os soños.

 

AUTOR: Alfredo Gómez Cerdá.

 


ILUSTRACIÓNS: David Pintor.


 


EDITORIAL: Kalandraka. Colección: SETELEGUAS.

 



Fermosa homenaxe narrativa que nos achega Kalandraka sobre sete creadores e creadoras que durante décadas marcaron e, seguen a facelo, a moitos lectores coa chave máxica das súas palabras, das súas historias, capaces de abrir a porta á fantasía e á creatividade de mundos paralelos e posibles. Esta homenaxe vén da man doutro creador, Alfredo Gómez Cerdá, que tamén ten sinalado camiños diferentes aos novos, amosándolles varias perspectivas da realidade e sempre en consonancia co compromiso social, cultural e humano que conleva a literatura.

Sete chaves para abrir os soños son sete relatos ficcionados a partir de feitos particulares e trazos propios dos sete autores que se converteron en mito. Así, ao longo das súas páxinas o lector atopa a máxica fiestra de Rodari que lle vai permitir á súa protagonista agocharse do mundo gris no que vive e adentrarse noutro no que é feliz pois non hai berros nin insultos. Pero tamén os prodixios de Tomi Ungerer capaz de mudar todo de sitio. E as trenzas de Pippi como bandeira de moitas xeracións que defenden un mundo mellor, máis xusto, equitativo e plural. Ou o baúl de Juan Farias que garda no seu interior a grandeza das pequenas cousas da vida.  A lata de conservas de Christine, Os vampiros de Roald Dahl e a moto de Gloria Fuertes tamén teñen cabida nesta alegación do poder e a forza da palabra coma eixo transformador de comportamentos, actitudes e pensamentos.

Grazas á tradución de Isabel Soto podemos desfrutar deste libro na nosa lingua.

As ilustracións de David Pintor acaen moi ben ao texto e amosan os diferentes autores cos seus trazos característicos de personalidade.

 

Páx.45: “–Formamos parte da tripulación do capitán Efraim Mediaslongas. El aprendeunos que as fronteiras só son liñas absurdas e invisibles que se crearon para separarnos a uns dos outros.”

Páx.60: “Neste baúl gardarei as miñas lembranzas e os meus soños.”

Páx.76:”A dor era unha ponte invisible que unía os seus ollos, os ollos dunha nena e os ollos dun rato.”

Páx.103:”Polgariño lembrou uns versos da veciña poeta:

                Gente que sólo va a lo suyo

               ¡Gente de la que huyo! “



                                                                                                                                                ALBA PIÑEIRO

martes, 8 de octubre de 2013

En LA PÁGINA ESCRITA fálase de UN RATO DÍXOLLE Á LÚA




 
Número 5


Revista literaria online de la Fundació Jordi Sierra i Fabra de Barcelona (España) y la Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra de Medellín (Colombia)


O luns, día 7 de outubro,  saíu o número cinco da revista literaria online, na que Gabriel Mirall fai unha reseña sobre Un rato díxolle á lúa e sobre o autor desta obra, Antonio García Teijeiro.



Se queredes lela non tedes máis que premer na cabeceira da revista que figura neste blog de La Página Escrita, ir á páxina 38 da mesma e pulsar aí. Se o facedes dúas veces o texto faise máis grande para poder ler con maior comodidade.


            Se queredes chegar ao final, pulsade na cabeceira que está no blog e , de paso, coñeceredes a revista.



Ademais, todos os que amades a literatura, tedes a obriga de coñecer esta publicación, que se le en España e América, e atoparedes unha información única e moi completa sobre os diversos aspectos da literatura para nenos, adolescentes e adultos implicados na formación propia e dos seus alumnos e alumnas.