O vindeiro 2 de abril
celébrase, como cada ano, o Día Internacional do Libro Infantil.
Non imos incidir en Versos
e aloumiños na importancia que a lectura ten para os rapaces e rapazas
nunha sociedade demasiado informatizada e na que as RR SS posúen un influxo enorme
sobre a infancia e a mocidade.
Como se non puidesen ser
compatibles, semella que o libro, a súa lectura en soidade ou compartida, está
a quedar algo relegado.
Nós cremos que non se pode
permitir que a rapazada pase os anos de formación de costas á lectura.
![]() |
Entre e sobre libros de LIX |
Por iso, consideramos
interesante a celebración deste día…sempre que ao día 2 de abril lle sigan os
demais do almanaque con libros entre as mans, porque de nada serven as
celebracións se non van acompañadas dun xeito cotián para que se cumpran os obxectivos.
Este ano, é a poeta
neerlandesa, Rian Visser, quen se encarga de facer o texto cun poema,
traducido ao galego por Mercedes Pacheco e que leva por título Linguaxe
Visual.
E a ilustradora da mesma
nacionalidade, Janneke Ipenborg, quen fai o cartel desta celebración.
Celebremos con ledicia este día e sigamos facendo todos os días o Día do Libro infantil.