Despois de tratar no mes de outubro a poesía de Álvaro Cunqueiro
no podcast El Envés de la Página, para o episodio do mes de
novembro decidimos escoller un poeta que comparte xeografía con Cunqueiro: o
lucense Luis Pimentel, autor dunha obra poética breve pero intensa tanto en
castelán como en galego. Desta volta, Antonio e mais eu conversamos sobre as
características da poesía pimenteliana, co seu gusto pola música, o axexo da
noite, a influencia de Rosalía e a obsesión pola morte, especialmente a dos
máis cativos. O episodio, como foi o caso no de Cunqueiro, está ilustrado co
recitado dalgúns dos poemas máis relevantes compostos por Pimentel. Deixámolo
aquí abaixo por se pode interesar aos lectores e lectoras deste blog.
ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ