O pasado domingo, día 12 de abril, escribín no meu espazo no Faro de Vigo, “Dende a miña fiestra”, un artigo no que expresaba a miña opinión sobre a barbaridade que supón modificar a obra dun autor para, dicen, amosar unha linguaxe inclusiva nos seus textos.
Isto sucedeu cos libros de
Roald Dahl e supuxo un balbordo de enormes dimensións.
Como xa se escribiron mil
artigos sobre o tema, non vou comentar nada máis.
Pero resulta que o
catedrático da Universidade de Tennessee en Martin, Antón García Fernández fai
unha glosa nun vídeo sobre o artigo en cuestión, “Versos e aloumiños” , dado o
interesante achegamento do docente, reproduce o devandito vídeo, ademais de
incluír unha foto do artigo en cuestión.
Moi interesantes as palabras
de García Fernández que podedes saborealas máis abaixo.