Manel Monteagudo é
unha desas persoas que paga a pena coñecer. Todo nel e bondade, agarimo polas
pequenas cousas e por todo -e todos- o que o rodea.
Da súa incrible vida dá fe nas palabras
que nos agasalla a continuación. A súa obra literaria, especialmente poética, é
un fiel reflexo dunha vida na que a emoción e certos sopros do destino está
consagrada a querer e a expresar ese agarimo que leva dentro e que precisa
partillar coa xente que se achega a el.
Quero a Manel Monteagudo e admiro a súa
obra polo que de autenticidade posúe. Converter en palabra poética o vivido non
é doado. Eu gozo co que conta e como o conta.
Grazas, Manel, pola túa xenerosidade.
Imposible non valorarte.
POEMAS
TEÑO UN SEGREDO
Teño
un segredo enorme
que
o gardan as estrelas
pois
só elas me viron
chorarte
até esmorecer.
Nesta
aposta inútil
onde
todos levamos careta
e
un cancro de orgullo
en
fase terminal.
Teño
un segredo enorme
que
o gardan as estrelas.
Pídolles
dende o meu leito
que
te vaian a alumear.
E
se esta noite sucumbo
nunha
ondada de penas
escribirán
sempre o teu nome
onde
vaia a miña inicial.
Teño
un segredo enorme
que
o gardan as estrelas.
Un
amor que me consome
bravo
como o mar.
Mais
gardo o meu segredo
como
pisada sobre area
e
así cando amence
xa
non queda o seu sinal.
QUEDOU
DURMIDA
Quedou
durmida
nos
brazos de ninguén,
apoderouse
de soños
que
xa foron soñados,
espertou
pensando
que
xa non existía.
Percorreu
as rúas
baleiras
e frías,
as
rúas que un día
foron
testemuñas
das
súas ledicias...,
cantando
e sorrindo.
Disimulando
a mágoa
que
a súa alma sentía
quedou
durmida
desexando
estar viva...,
sentindo
a vida
correr
polas súas veas.
Espertou
un momento,
respirou
profundo,
lembrou
o seu pasado
e
viu o seu presente.
Acendeu
un cigarro
e
fumou lentamente,
despois
dun intre
quedou
durmida.
A
MIÑA VIDA
A
miña vida é como unha planta
que
co paso do tempo
se
volveu hostil e amarga.
Será
o paso do tempo, ou será
que
nacín débil e vencido.
Quixera
renovarme, pero aínda
non
chega a primavera.
O
cru inverno destruíu a esperanza
de
que a vida volva.
Folla
por folla, secarei,
sen
présa, sen gana, sen alento,
até
que só queden as raíces.
Xa
non terei máis vida
e
estarei morto.
PARA
TI, POETA
Pluma
de mel que embelece papeis,
sabios
versos con recendo a verdade,
retallos
de luxo que fan tremer
os
beizos do corazón dos teus feles.
Plasman
os teus ollos etéreas escenas,
perfumes
de monte, brisas de mar,
retratos
vivos de xente normal
que
acariñan almas e sedan penas.
Letras
de luz, imaxes sonoras,
fermosos
partos, froito do amor
que
sempre malgastas no que adoras.
Se
ao mundo lle negases os teus favores,
parecerías
un poeta sen Lúa,
varado
como un poeta sen flores.
Manel Monteagudo |
Se queres saber máis de Manel Monteagudo...
Biografía de Manel Monteagudo
Nacín en Cando, concello de Outes. Cando tiña dous
anos trasladeime coa miña familia ao lugar de Corral de Orro, pertencente ao
concello de Noia. A miña era unha familia de clase moi humilde e iso fixo que
ao saír da escola, con 14 anos, me enrolase como engraxador nun buque
pesqueiro-conxelador que facía a campaña de pesca en Suráfrica, na captura de
pescada. Estiven nel nove meses (tempo que levou a campaña da pesca). A seguir
enroleime nun buque mercante español, mais, con todo, como o salario non cubría
as miñas aspiracións (14.000 ptas.), marchei para Hamburgo. Despois de estar
hospedado durante catro días no Stella Maris, conseguín enrolarme, tamén de
engraxador, nun buque mercante alemán: o primeiro salario que recibín superou
todas as miñas expectativas, cobrei 360.000 pesetas ao cambio de marcos a
pesetas. Era o ano 1974, daquela unha auténtica fortuna aquí en España. A
economía no eido familiar mellorou un cen por cento. Entón eu comecei a estudar
electricidade e electrónica naval por correspondencia. O 2 de marzo de 1977
tiven que me incorporar á Armada Española por mor de facer o servizo militar.
Ao remate deste (17 de agosto de 1978) funme de novo para Alemaña e
reincorporeime á mesma navieira en que estivera antes do servizo militar.
Inscribíronme como oficial electricista nun mercante novo que saíra dos
estaleiros no tempo que eu estivera facendo a mili. Quixera salientar que tiven
a grande honra de ser o oficial máis novo de toda a mariña mercante alemá (tiña
21 anos). Neste buque estiven tan só cinco meses e medio dado que o 28 de
febreiro do ano 1979 (ese día facía 22 anos) tiven un accidente gravísimo ao
caer dende seis metros de altura á bodega do barco. Nese intre rematou a miña
vida laboral, pola que tanto loitara. Por causa das secuelas que me deixou o
accidente, estiven practicamente vexetal durante 35 anos até que o 15 de
outubro de 2014 me deron a alta médica, aínda que teño que tomar medicación o
resto da miña vida.
No ano 2015 escribín un pequeno poemario que titulei Reflexións poéticas, autoeditado. Na
actualidade, alén de escribir relatos, que publico semanalmente nas redes
sociais, escribo poemas e prosa poética. Velaquí a orixe dos meus primeiros
libros non autoeditados, Camiño á lagoa
dos bardos (2019) e De mariño a poeta
(2021).
Na presentación do seu poemario "De mariño a poeta" |