BALDO RAMOS (Celanova, 1971)
meu querido fillo
escríboche
dende
o interior do esquenzo
e
cando as pronuncio
non
hai ninguén que responda
desoutro lado
A auga descende por unha canle estreita.
Nos tímpanos da
tarde
resoan as voces que arrouparon o desafiuzamento. Acó-
llenos
a luz como un conto sen lección. Agocharse é agrandar
a
ferida. Desaparecer sen deixar pegada.
escríboche
para
que entendas a impotencia dun pai
que
xa non te recoñece
tanto tempo
compartido
para
que nada poida conter esta amnesia
edificada
pedra a pedra
dende
o baleiro de terte amado
Os fíos percorrían todo o corredor.
Desfacían a madeixa de
luz
que viña do centro da furia. As mans non podían seguir o
curso
do desaugadoiro. Baixo as pálpebras, un círculo de
medo
e de marmelo. Quizais unha espiral. Abrir os ollos de-
volvíanos
a nosa nai.
o tempo pesou como unha culpa
lonxe
da luz
unas
maus sucadas polo silencio
e
un amor incondicional buscaban a miña caluga
bebían
as estacións o xarope dos encontros
como
lecturas aprazadas
como
historias que concluían sempre
no
centro da fecundidade
nos
lindes dunha dor que xa só
che impedirá sufrir
Escríboche desde dentro. Desde onde apenas podes oírme.
Se
me esforzo, podo fixar a ollada na túa perda e dicir que
aínda
é pronto. Que podería ser abondo con pespuntar as liñas
das
nosas mans para sentirme máis unida a ti. Pregada ou su-
perposta. Limitada polo teu desexo de habitar o esquecemen-
to
sen chegar a caer. Sen chegar a espertar do pesadelo de ser
eu
mesma.
onde
a transparencia amarga
onde
a última páxina non nos desvela o final
onde
a morte sacia a sede de fecundidade
as
sabas da tarde protéxennos da canícula
mentres
oímos dende o areal
as
atraccións de feira
libros
que deshabitamos despois de todo
voces
que traizoan o debuxo da inocencia
recoñecerse
borrar
os accesos
desandar
o amor que nos afastou
Atravesaban
as andoriñas o aire que fervía a baño de
maría.
No fondo do teu cerebro, a realidade era un pretexto
para
abandonar. As túas mans escondían o bosque. O teu co-
razón
era un apeadoiro de trens sen destino.
(Do libro Cartas dende o esquenzo, editado pola Editorial Galaxia, 2018)