Ao longo deste tempo, des que se soubo que me concederan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, non recibín máis que o recoñecemento e o cariño de moitísimas persoas. Iso é algo que un sente ben dentro e que o emociona.
Este galardón éncheme de ledicia a nivel
persoal, pero o que me fai máis feliz é a reacción que este premio provocou e a
posibilidade que o mesmo sirva para que a poesía galega estea máis presente nas
aulas, nas bibliotecas e nos fogares.
Os nenos e nenas precisan da poesía e a poesía
precisa deles. Os versos están feitos para ser lidos, cantados, recitados en
voz alta. Para ser recreados, reformados, pensados e repensados. Todo o que non
sexa así convértese nun erro irreparable.
Como agradecemento a tantas persoas as que
este premio fixo felices e para tantas outras que, en silencio, levan
traballado tanto a poesía, uns poemas de Poemar o mar, para que sigan poemando malia todas as correntes en contra.
Grazas polo voso agarimo e grazas moi especiais a Helena Pérez, a editora, e a Xan López Domínguez polas súas marabillosas ilustracións. Sen o seu bo gusto, nada sería igual.
LENZOS MARIÑOS
GAIVOTAS
no mar: veleiros.
Veleiros
no mar: escumas.
Escumas
no mar: fervenzas.
Fervenzas
no mar: a chuvia.
CUARTETO DAS ONDAS
I
ONDAS
que
cos seus cantos
limpan a praia
de fríos
e
prantos.
POEMAS
mollados
que deixan as ondas
na area
agochados
e
borran as sombras.
III
DAS
ondas láiase o mar
e non
sei moi ben por que.
Elas son
caricias lenes
que o
vento lle fai na pel.
IV
UNHA
onda de papel,
tinguida
de salitre,
deixou
unha presada
de
versos ben ben tristes.
QUERE o
mar o que non ten:
quere
flores
de colores
quere
rosas
quere
ovellas
sen orellas
quere
gatos
con zapatos
quere
festas
con orquestras
quere
estradas
prateadas
quere
espellos
mais non vellos
quere
montes
e horizontes…
Quere o
mar o que non ten.
Os seus soños
non
se ven.
ATOPEI
unha palabra
que rima
co
sorriso do mar: