“Un peixe é un peixe”
Tradución de Xosé Manuel
González “Oli”.
Editorial: Kalandraka.
2024
Que
se pode dicir de Leo Lionni? Pois que é un artista infinito, que ama o
ser humano, que a través da personificación de animais demostra o seu
compromiso cos comportamentos positivos das persoas.
Que
sinala. Que conmove. Que fascina. Que coñece como ninguén sentimentos que fan ás
persoas mellores. Que é un grande artista ético e estético.
Quen non ama Nadarín ou Frederick.
Que fai poesía coas súas ilustracións e
relatos, tan curtos coma intensos.
Leo Lionni |
Un
peixe é un peixe non
defrauda e segue a liña literaria e ética dos seus moitos libros.
Unha
vez máis emocióname esta fábula preciosa, ben contanda, extraordinariamente
ilustrada que nos fai pensar. Sempre reflexiono coas historias que plantea Leo
Lionni.
Un
peixe e un cágado (que se converte en ra) constrúen unha fonda amizade.
A
ra chouta polo mundo e cóntalle ao peixe que viu cousas incríbles. E fálalle
das vacas. E dos homes, mulleres e nenos que atopou nese mundo para ela
descoñecido.
Coas
palabras da ra, enche de luces, cores e imaxes sorprendentes que deixan o
peixiño cavilando: el desexa descubrir ese mundo marabilloso.
E,
soñando cos paxaros, o peixiño decidiu ver aquilo que lle contaran.
Sacode
a cola e sae da auga.
Axiña
dá cunha realidade que non agardaba.
Unha
historia, moi colorida e engaiolante na ilustración, que nos fai reflexionar
sobre a identidade, o coñecemento e a aceptación dun mesmo.