Como xa escribín anteriormente, a miña participación na Feria del
Libro de Bogotá (FILbo) 2023 foi unha nova experiencia, marabillosa,
na miña estreita relación cos países de Latinoamérica.
Tras o acto o martes 25 de abril no centro
de día, entre persoas maiores, tenras e vivas, que me emocionou, viñeron as
dúas conversas no recinto ferial.
A primeira delas tivo lugar o mércores 26 de abril no Gran Salón
Raíces D da Feira.
O tema: “Escribir poesía
para nenos e nenas: un recoñecemento á ollada sorprendida da infancia”.
O acto foi moderado por Laura Acero,
escritora e promotora de lectura. Compartín palestra con Beatriz Helena
Robledo (Colombia), narradora, poeta e antóloga, que tamén investiga o que
significa escribir poesía para a nenez. Resultou moi enriquecedor.
O acto tivo calidez, foi retransmitido por
televisión, e Versos e aloumiños
ofrece embaixo un audio que contén o que alí se falou sobre o tema.
Un documento interesante que agardamos
agrade aos nosos seguidores e seguidoras.