jueves, 5 de mayo de 2022

MANOELE DE FELISA CANTA "POMBA", DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 

Con Manoele de Felisa na Estrada

No acto fermoso vivido na Estrada, "Parladoiro das Letras", un dos momentos máis emocionantes xurdiu cando o meu admirado Manoele de Felisa sentou na butaca e, guitarra en man,  cantou cun gusto excepcional a canción Pomba sobre un meu poema incluído no libro Paseniño, paseniño.

Este poema fora musicado polo gran Paco Ibáñez. Concretamente, a primeira canción que compuxo da miña obra poética.

Paco fixo un marabilloso tema quer convida a bailar e a moverte. Unha sorte de muiñeira. Manoele deu outra visión, igualmente fermosa, do poema máis lenta e dotada dunha intensidade e dunha beleza espléndidas.

Velaquí recollemos o momento da interpretación.

Un deses momentos que non se esquecen porque van directos ao corazón.

Grazas e parabéns, admirado Manoele.