TÍTULO: Os
nenos da varíola.
AUTORA: María Solar.
EDITORIAL: Galaxia. COLECCIÓN: Costa Oeste.
A xornalista e escritora galega María Solar achégalles aos lectores adolescentes e adultos esta
emocionante novela divulgativa sobre un feito histórico ocorrido a principios
do século XIX (1803) e cuxos protagonistas foron vinte e dous nenos expósitos
procedentes de diferentes orfanatos: da Coruña(a maioría) pero tamén de
Santiago de Compostela e mais de Madrid.
A trama fai
fincapé nos días previos á saída dende o porto da Coruña con destino a América,
da chamada “A Real Expedición Filantrópica da vacina” levada a cabo polo doutor
Balmis pertencente á corte do rei Carlos IV. Isto significou unha das fazañas
médicas a destacar dentro da humanidade porque os seus protagonistas(os vinte e
dous nenos) foron os encargados de levar ata América nos seus brazos a vacina
da varíola. Enfermidade que se logrou erradicar segundo a OMS en 1980.
María Solar |
Ao longo dos
vinte e sete capítulos descubrimos a vida miserable que sofren os nenos
estigmatizados, polo feito de ser pobres e orfos, por unha sociedade hipócrita
e amoral. A acción desenvólvese no hospicio da Coruña onde a reitora Isabel
Zendal xunto co ilustrado doutor Posse Roybanes loitan diariamente por darlles
alimento, coidados e mesmo agarimo, aos nenos que alí malviven por falta de
medios. A chegada do doutor Balmis e a súa misión, suporá dentro desta
atmosfera de negrura e crueldade, unha luzada de esperanza de futuro para
todos.
A través dunha
prosa fluída e clara a documentación histórica mestúrase coa ficción para
homenaxear a estes heroes que contribuiron á evolución da humanidade.
ALBA PIÑEIRO