Mostrando entradas con la etiqueta editora trinta por uma linha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta editora trinta por uma linha. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de septiembre de 2025

FAÍSCAS (28): " Máis aló do horizonte", unha novela antibélica, de Antonio García Teijeiro

 




Vivimos tempos escuros e convulsos. Invasións, guerras, bombardeos e un xenocidio insufrible en Gaza, diante da indiferenza dos políticos do mundo.

Por iso son moi feliz de que a Editora portuguesa Trinta por uma linha edite o meu libro Máis aló do horizonte, unha novela claramente antibélica que aplaude a figura tan denostada do COVARDE.

 




Un mozo decide fuxir da guerra e do horror que o afogan. camiña cara a ningures, buscando un lugar chamado PAZ. Na súa fuxida, chega a unha casa abandonada onde atopa unha misteriosa carpeta con relatos e imaxes doutra guerra.

A memoria e a esperanza cruzan o seu camiño.

 




Sempre me gustaron os textos comprometidos en que o intimismo e as aventuras interiores dos personaxes teñen unha presenza real.

Todo o conmovedor axuda a sermos máis reflexivos e sensibles diante das moitas cambadelas que nos pon a vida.

Procuro a reflexión nos meus textos, sexan en prosa ou en verso; sexan literarios ou xornalísticos.

Isto é algo que nos fai seguir medrando por dentro decontino.

 

Máis aló do horizonte non é un libro oportunista. Non. A guerra está aí e a loita pola liberdade, os traumas da violencia e a procura desesperada dun futuro mellor e que non doa debe ser primordial como seres humanos.

O libro está ilustrado magnificamente polo ilustrador brasileiro Júlio Castro.

 

A historia comeza así:





                                                             Antonio García Teijeiro