![]() |
Arantxa Amatriain en plena conversa |
O
pasado mes de setembro tivo lugar na Asociación Évame Oroza a
presentación do libro En voz baja, editado pola Editorial
Elvira.
![]() |
Xabier Romero presenta o acto |
En voz baja é a tradución ao castelán da novela En voz baixa, editada por Edicións Xerais en 1998. A tradución e mais o epílogo correron a cargo de Antón García Fernández, catedrático da Universidade de Tennessee, en Martin. Susi Fernández leu un texto do tradutor escrito especialmente para esta presentación.
O
acto consistiu nunha conversa entre o autor, Antonio García Teijeiro, a
profesora e tradutora, especialista en LIX, Alba Piñeiro e a editora Arantxa
Amatriain, que departiron amigablemente durante case unha hora arredor da
novela e dos seus fíos socio-literarios. O acto foi introducido polo director da editora,
Xabier Romero.
![]() |
Alba Piñeiro nunha das súas interesantes intervencións |
Resultou
unha velada moi atraente, na que se descubriron determinados aspectos da
historia, poñendo ao descuberto algunha curiosidades, e na que se leron diversos
fragmentos.
![]() |
AGT conversa con Arantxa e Alba |
Un
gran traballo editorial, moi coidado en todos os puntos, cunha capa fermosísima
do gran pintor Xulio García Rivas, que tamén asistiu ao acto.
![]() |
Susi Fernández le o texto que o tadutor enviou para o acto |
Para
todas e todos aqueles que teñan curiosidade polo que alí se dixo, está este
audio que contén o na palabra o acontecido ese día na Asociación.