Se hai algo polo que me
gusta dirixir obradoiros de poesía é pola
sorte que teño de partillar experiencias cos e coas asistentes aos
mesmos.
O meu obxectivo é animalos a
escribir, darlles uns principios poéticos nos que creo e poñelos en situacións
diferentes de creación para que eses puntos de vista os axuden a ampliar os
abanos literarios dos que parten.
Son consciente de que o acto
creativo se produce en soidade. Que precisa tempo. Pero tamén creo que certo
impulso, certa espontaneidade é boa para adquirir axilidade á hora de comezar
un poema.
O traballo posterior xa o
farán nas súas casas.
E abofé que se crea un
ambiente de entusiasmo e de enorme intensidade poética.
Despois len os seus inicios
e as palabras voan por riba de todos e todas nós para facérmonos máis felices.
Poesía, moita poesía.
Versos e aloumiños
reserva sempre esta fiestra aberta para que poidamos ver e ler mostras que van
facendo en silencio para encher as súas inquedanzas literarias. Son moi
suxestivas.
Isto encántanos e fainos muy
felices neste blog-revista.
Javier García é
un dos asistentes ao obradoiros da Escola de Letras da Deputación de
Pontevedra/ Editorial Galaxia.
Javier García |
Javier García ten unhas
inquedanzas poéticas moi grandes. Gústalle investigar e procurar o lado lúdico
das palabras.
E fai cousas ben
interesantes.
A Javier pregunteille que era
para el a poesía. E respondeu desta maneira tan orixinal influenciada polos
versos de Luis Eduardo Aute:
Que é para min a poesía? Contesto cun xogo poético en
homenaxe a Aute. Que atrevemento!
Un “verstop” que te
para.
Unha palabra sen son
interno.
O obxecto dun
“emisoreceptor”.
O sinal cinético do
“movelento”.
Unha escultura
“interpedrada”.
Unha fotografía que logra
viaxes “flash”.
Un instante vital da
eternidade (vitalidades).
Unha melodía
“inmortalisonada”
Un deseño con liñas dunha
silueta aliñada.
Unha película sen
“filmal”.
Unha rima “bocasonante”
Unha mirada con ollos sen
ollada,, duns ollos con pegada.
Un bico no bico dunha
namorada bicada coa bica dunha boa picada.
Unha “agarimosa” aperta
preta.
Que é para min a poesía? -
preguntáronme.
A poesía son os ollos cos
que miras.
Son os ouvidos cos que
escoitas.
A poesía é a pel coa que
tocas.
Son os
recendos dos teus ulidos.
A poesía son os sabores
das papilas gustativas.
É a fala dos nosos órganos
internos.
Poesía es ti! (BecqEUr)
E tras esta magnífica
expresión poética, enviounos uns poemas ben interesantes.
Gocemos, pois, dos seus
versos e grazas: