ROMPENTE (Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño). Entre 1976 e 1983 durou este proxecto rompedor.
Grupo Rompente: Romón, Reixa e Avendaño, de esq. a dereita.
soño
imaxínote no sur
lonxe
onde os ventos se alentexan
e arabizan
imaxínote distante
pero á par
ó alcance do meu soño
nun tempo
espello
doutro tempo
e soño
que un día volves
como saída do nada
aparecida
por riba de desmontes
e valgadas
Canto tempo ten
o tempo
e a que hora é
agora?
Estupor
Interesante
Incomprensible
Non o estupor
O tempo
A hora
Vexo
Non imaxino
imaxino non
Nada
O que pasou pasou
O pasado continuo é unha mentira
Inventada polos ingleses
Vivimos atrasados
Atropelados na cunetaEran outros tempos
Descabezados
Un zapato absurdo
Escorado na estrada
Tomando notas
Dubidando
A big data non dubida
Acurrala
Un, dous, tres…dez
Que intenta dicir a muda?
Entre unha desorde de miradas e acenos
aproveito o seu bo humor
propoño, cámara na man
fotografala.
Decontado ergue a man
e ponme un cinco
Comprendo,
cinco pesos por fotografía
(Enriqueta Lúnez)
Todo pobo indíxena sabe que a súa propia
imaxe
Debalde ou por cinco pesos
É unha embaixada da súa cultura
As metrópoles son xordomudas
(Do libro Que hostia
din os rumorosos?, editado por Editorial Elvira. 2021)