viernes, 4 de octubre de 2013

SENTADO CON PESSOA (VI) Mark Twain



Sempre me pareceu un home especial. Dende que lin “As aventuras de Tom Sawyer”, Mark Twain foi un dos meus mellores amigos. Cando quixen saber sobre el, levei a sorpresa de que ese nome, para min máxico, era un pseudónimo. Si, ese escritor chamado Mark Twain, naceu en Florida, Misuri (EE.UU.) e o seu nome verdadeiro era Samuel Langhorne Clemens.

Mark Twain era máis ca un escritor. Mark Twain exerceu sempre de personaxe. Un home que escribiu moitos libros, pero ao redor da súa vida foi nacendo unha lenda.
Como di Mauricio Bach: Twain es una persona proteica que opina sobre todo y contra todo. 
En efecto, lanza dardos contra as inxustizas, contra a aristocracia, contra as monarquías, contra a Igrexa… E como afirma Mauricio Bach: Opina tanto y sobre tantas cosas que en ocasiones puede llegar a contradecirse.

Mark Twain

Mark Twain era un home pesimista e xovial na súa mocidade que ten un concepto negativo do ser humano. Ao chegar a vello o seu pesimismo é aínda maior.

Mark Twain abordou toda sorte de xéneros: novela, conferencias, ensaios, relatos, crónicas de viaxes, artigos xornalísticos…
Escribe dun xeito desordenado e moito. E a súa maneira de escribir vese influída con bastante claridade polo xornalismo.

Na miña man levo o libro de aforismos, El asalto de la risa (Ed. Península). Sabemos moi ben que Twain era un grande aforista. Moitos dos seus aforismos están nas páxinas dos libros que escribe. Ten un amplo rexistro aforístico e inflúe moito no humor norteamericano. A min faime debuxar un sorriso cos seus comentarios envelenados. E así, lendo uns aforismos escritos na novela “As aventuras de Tom Sawyer”, chego onda Pessoa. Hierático, o poeta portugués, non repara moito en min. Eu tócolle o brazo e premo o seu cóbado sen moita forza para que escoite. Non sei se o fai pero eu principio a lerlle en voz baixa os seguintes aforismos de Mark Twain:

.   

     En  la vida de todo chico sano siempre llega el momento en que siente un intenso deseo de ir a alguna parte y desenterrar un tesoro escondido.

       
     Cuando yo sea rey, mis súbditos no sólo tendrán comida y techo, sino que también aprenderán cosas de los libros, porque un estómago lleno vale bien poco si la mente se muere de hambre.


      
     Cuantos más años cumplimos, mayor es nuestro asombro al comprobar la ingente cantidad de ignorancia que uno puede acumular sin que le reviente la ropa.

      
   
     En todo ser humano anida un deseo natural de poseer más lujos de los que necesita.


      
    El alimento intelectual es como cualquier otro; resulta más plácido y saludable tomarlo a cucharadas que a paladas.

     
      La Iglesia siempre está tratando de reformar a los demás; no sería mala idea que se reformase un poco a sí misma, para dar ejemplo.


      
     El primer hombre fue un hipócrita y un cobarde, cualidades que todavía no ha perdido su descendencia; son los cimientos sobre los que se han construido todas las civilizaciones.

      
      La irreverencia es el paladín de la libertad y su única defensa segura.


       
      Ninguna civilización podrá ser perfecta hasta que no consiga la absoluta igualdad entre hombres y mujeres.
                   


   No hay ninguna religión que no se derrumbe si le quitas el poder económico.




Hoxe perdinme lendo aforismos tan afiados. Que home este Mark Twain! E penso que a Pessoa non lle importase que eu seguise a dicir máis aforismos irónicos e , ao tempo, directos. Pasámolo ben os dous. Nótoo, porque sinto a sensación de que me fixo unha chiscadela. Doulle uns golpes suaves no ombreiro e marcho pensando, xa co libro cerrado, nestes comentarios ásperos, escritos a finais do século XIX e principios do XX. A verdade é que che fan reflexionar.