martes, 2 de junio de 2026

FAÍSCAS (31). Reflexións do poeta gaditano Jenaro Talens sobre o poema e a acción

 



En Versos e aloumiños gústanos reflexionar e axudar a facelo a todas e todos os que se achegan ao noso blog-revista.

 

Buscamos sentencias, afirmacións, palabras, en definitiva, de poetas que valoramos positivamente sobre o universo poético en xeral.

O importante, para nós, é conversar, provocar o pensamento amplo e crítico sobre os achegamentos da poesía na sociedade. Estes achegamentos son moitos e moi variados.

Acadar que cheguen ao máis profundo de cada lector ou lectora convértese nun obxectivo que sempre nos marcaremos.

 

Nesta entrega é o poeta e doutor en Filoloxía Románica, Jenaro Talens, un dos nosos poetas favoritos, que posúe unha ampla e coidada obra, quen nos fai pensar sobre a función do poema e a acción que pode promover.


Jenaro Talens (de crebas.gal)



Un poema nunca derrubará un muro, pero si pode facer que alguén asuma como necesaria a tarefa de intentalo coas súas propias mans.

Un poema é unha análise en estado bruto, sempre racionalizable a posteriori, e, como tal, unha proposta para a acción.

 

e engade o poeta nacido en  Cádiz en 1946, doutor en Filoloxía Románica:

 

O que non pode ser dito é o que un poema debe arriscarse a dicir.

                                                                          
                                                                                             
                                                                                   Do libro Poesía ¿Eres tú? (Ediciones Hiperión)