A nova antoloxía poética de Antonio García Teijeiro, Bicos e non balas (Galaxia, 2019), que contén textos de temática pacifista e contraria a calquera tipo de violencia, terá presenza nas aulas das escolas viguesas grazas a unha iniciativa do Concello de Vigo, que distribuirá un milleiro de exemplares da obra en varios centros escolares da cidade. A iniciativa anunciouse no transcurso dun acto no que participaron, xunto ao propio Antonio, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director de Galaxia, Francisco Castro, e a ilustradora do libro, Bea Gregores. Deixámosvos aquí un vídeo sobre o acto publicado na páxina web da SER Galicia (aquí). Ademais, varios medios de comunicación fixéronse eco da aparición da antoloxía. Se vos interesa, podedes ler a recensión do acto na edición dixital do Faro de Vigo (aquí) e unha breve entrevista con Antonio na do Atlántico (aquí).
Os catro participantes no acto de presentación no Concello de Vigo.
O libro xa está nas librarías e presentarase ao público en xeral na primeira quincena de novembro. ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ
Antonio
non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu
pai. O problema é que o seu pai leva morto un día… Así arranca esta novela para
todos os lectores, sen idade definida, do escritor Francisco Castro
(Vigo, 1966).
Tes
ata as dez,
que así se chama a novela, é un exercicio arriscado por parte do seu
autor,pois non é doado construír unha
obra de case trescentas páxinas (si, 291, concretamente) sen caer na monotonía
e non producir cansazo no lector.
Dende o meu punto de vista, o autor
consegue o seu propósito de interesar a quen ten o libro nas mans cunha
historia de suspense, de intriga, de amor, dun certo erotismo. Unha historia
poliédrica.
Cartas, correos electrónicos,
descubrimentos misteriosos, referencias á historia recente de España, o
xornalismo polo medio, sucesos estraños, son algúns dos elementos dos que se
vale Francisco Castro para recrearse no feito de contar. E abofé que o fai
francamente ben.
Francisco Castro
Ten a novela un ritmo rápido, ás veces, e
contido e ralentizado, noutros momentos. Isto permite aos lectores e lectoras
ir atando cabos, reflexionando e, xaora, desexar seguir lendo para ver o que os
agarda á volta da páxina.
Os personaxes están ben construídos. Toni,
claramente enfrontado coa nai, leva o peso da trama. Independizarse das
gadoupas dunha relación familiar que o fere foi o primeiro paso que decidiu dar
na procura doscamiños de seu e non impostos. Converteuse nun editor esixente
dunha pequena editorial. Á súa beira, unha amiga e colaboradora no traballo,
Celia, resulta un contrapunto excelente para o equilibrio da historia. Entre os
sous intentarán descubrir o que se agocha tras unhas mensaxes sorprendentes.
A relacións de/con os pais, a aparición de
persoas que se descoñecen, a radiografía de lugares e feitos da cidade de Vigo,
a reivindicación da figura de Jules Verne, a descuberta de sucesos tempo atrás,
as liñas editoriais dos xornais nos tempos difíciles da ditadura e moito máis,
convertenesta novela nun relato de historias,
ben ensambladas para chegar ao desenlace final.
Todo isto expresado cunha linguaxe coidada
e moi directa.
Estatua de Jules Verne en Vigo.
Mención especial merecen os chamados na
novela Textos náufragos ou Cartas náufragas, a voz do seu pai, onde
o autor emprega unha prosa poética interesante con referencias, mesmo, á
filosofía (Nietzsche ou Wittgenstein) a través da cal, fai Francisco Castro,
unha vez máis, unha sólida defensa da palabra. Coas palabras doulle corda ao reloxo do planeta. Coas palabras sento
nas nubes, mergúllome no teu escote e navégasme entre as coxas. Palabras. Estou
feito de palabras. Morarei e morrerei dentro delas… podemos ler nun destes
textos poéticos e cun evidente aire erótico. Pero estes textos son moito máis
ca iso. Podo afirmalo. As pegadas que a vida vai deixando nos seres humanos e
as decisións que estes deben tomar en determinados momentos póñense de
manifesto no texto cun ton exquisito e unha claridade meridiana.
En definitiva. Tes ata as dez (Editorial Galaxia. Col. Costa
Oeste. 2014) é unha novela para ler con agrado. Permíteche gozar da narrativa
en estado puro e acada o propósito de todo escritor: que o interese non se
perda ao longo da súa lectura. E, como dixen ao principio, é un libro dos
chamados fronteirizos. Non ten unha idade definida. Son novelas e punto. Para
achegármonos a elas sen medo.
Fragmento canción de Olga Brañas e ilustración de Leandro Lamas para o libro "Pitusa Semifusa".
Levo ben anos afirmando a importancia da
música, das cancións na escola. É máis, cando falo dos pasos imprescindibles
para achegar a poesía aos cativos, un deles é cantar cancións en voz alta nas
aulas. Cancións con músicas variadas. Cancións con humor. Cancións que os
rapaces e rapazas fagan súas. E funciona, claro que funciona.
Podo aseguralo, porque o fixen ao longo
da miña andaina escolar con resultados evidentemente positivos. E sigo a
facelo. Non importan as idades.
Se escolles con criterio sabendo o que
hai publicado e o que pode resultar axeitado para o alumnado que tes diante, o
éxito está asegurado.
Por todo isto, non debo deixar de aplaudir
as iniciativas que algunhas editoriais están a ofrecernos, E, de entre elas,
debo salientar a Editorial Galaxia.
Levan xa tempo publicando uns libros
excelentes neste eido. Sonárbore, una sección da colección Árbore,
é un verdadeiro pracer para os sentidos, ademais dun referente ineludible para
que as cancións tomen vida nas aulas.
Libros moi coidados, magnificamente
editados e ilustrados, que posúen unha calidade evidente nos seus contidos.
Libros que levan un CD con música composta e desenvolvida por artistas de
primeira liña. Compositores do mundo musical de nosoao servizo de temas musicais que farán
felices aos oíntes. Libros con CD (e, mesmo, con DVD) que abrirán camiños nas
aulas para que o profesorado (pero tamén, na casa) teña unas ferramentas
imprescindibles á hora de desenvolver o seu labor. Libros creados dende o
máximo respecto aos seus destinatarios. Xa non hai desculpas. Temos material de
luxo e debemos aproveitalo.
Dito isto, vou dar conta, deseguido, de
tres títulos que caeron nas miñas mans e que merecen, na miña opinión, ser
coñecidos por un público amplo e preocupado pola infancia.
O primeiro é Pitusa Semifusa, un traballo de Olga Brañas, quen asina
as letras, as composicións e a dirección musical do libro-disco.
Comparte, ademais, con Sérgio Tannus os arranxos e a produción das
cancións.
Pitusa Semprefusa,
a personaxe, preséntase no libro como a neta dunha
directora de orquestra, muller espectacular coa batuta, ademais de guapa.
Pitusa non a coñeceu pero é a receptora dun gramófono que a súa avoa lle deixou
en herdanza. A partir de aí, atopamos dez cancións divertidas que nos van
amosando diferentes instrumentos (de corda, de vento, percusión…) incluíndo a
voz. Cancións alegres, divertidas, que convidan a cantar e a coñecer as
aventuras da protagonista,
Cancións nas que participan moitos
artistas como Jara Ortiz, Xiana Lastra, Magín Blanco, Najla Shami, Xoán Curiel,
Santi Cribeiro, Uxía ou Anxo Pintos entre moitos outros, Un acerto, sen ningunha
dúbida.
O segundo leva por nome Estamos no verán. Un verdadeiro reto
pois é una novela-disco. A primeira novela-disco da literatura galega. Nace da
colaboración do músico Xoán Curiel (magnífico o seu
traballo, Nai) e a escritora Charo
Pita, narradora, que imparte talleres de literatura oral e licenciada en Filoloxía Hispánica.
Unha novela coa que se van sentir moi
felices os lectores e lectoras, porque
conta esa ilusión que todos temos cando, tras un curso longo, pensamos no verán
e estamos cheos de proxectos. Xoán, o seu protagonista, conta os seus
desexos en forma de diario. Aventuras de verán, una panda que se xunta, e o
meirande soño do protagonista: ter un grupo de música.
Así, aproveitan os autores para crear
una banda de son marabillosa. Doce temas moi variados, algún espectaculares,
que se moven entre ritmos tan suxestivos coma o rock, o reggae, o blues, o
funky ou a bossa nova.
Libro fermoso que vencella literatura e
música dun xeito intelixente e novidoso.
E o terceiro vén da man da entrañable Familia Fumaça. Outra xoia. Outro
proxecto engaiolante tras o maxistral, María Fumaça,…cantar e bailar para ser máis feliz!!! Un proxecto, o de María Fumaça, exemplar, modélico, que
che contaxia as ganas de rir, bailar, cantar, ou sexa, de vivir.
Do que é María Fumaça terán os lectores de Versos e Aloumiños una
información proximamente. Dicir só
que María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Unha chea de artistas
cantando a alegría de respirar. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín,
Tanxarina, Carlos Blanco, Familia Domínguez Senlle e Ruí, xaora, cun bo número de amigos e amigas xúntanse para crear un
enxeñoso espectáculo musical con cancións variadas e de moita calidade, como xa
sucedera no libro-disco anterior. Neste, en concreto, cuxo título é Xiqui
xoque, fiú fiú, recuperamos a
locomotora máis famosa do mundo, ben marchosa ela e ateigada de alegría.
Vinte temas excepcionais, un CD e un DVD
con video-clips de altura. Cancións de autor / a, temas tradicionais,
adaptacións varias ao galego, temas en portugués, en inglés (magníficos os
arranxos de Sing, Sing, Sing de Louis
Prima, a cargo de Tannus), en castelán (Eliseo Grenet) etc. Non podo deixar de
mencionar a canción Parabéns, Ruí,
pola emoción que me produciu e o extraordinario tema, en italiano, Il bambino di Alaró, con letra e música
de Magín Blanco.
(María Fumaça. En directo na Biblioteca "Ánxel Casal" de Santiago. Cantan "Alegría")
En definitiva. Temos que estar
satisfeitos do que podemos descubrir se imos ás librarías sen medo, buscamos,
preguntamos aos libreiros /as, folleamos e valoramos a necesidade de que os
cativos e cativas estean preto dun bo libro, cunhamúsica axeitada para seren máis felices.
E esa necesidade resulta prioritaria.
Convenzámonos de que un libro será
decote un verdadeiro amigo.
Parabéns á editorial Galaxia por abrir
esta liña tan necesaria para ampliar o panorama da LIX galega.