Mostrando entradas con la etiqueta xulio garcía rivas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xulio garcía rivas.. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de octubre de 2017

ESCAPARATE POÉTICO (CX) João Manuel Ribeiro






                 JOÃO MANUEL RIBEIRO (Oliveira de Azeméis. Portugal. 1969)






SE EU DE TI  NÃO ME TRICOTAR

João Manuel Ribeiro


Ontem não tive tempo de ler-te os versos sosegadamente
     a noite ardilosa pariu o cansaço eu fiquei a ver-te
desmurar a cal da folha branca e a entorpecer as sílabas
     tu és um país de mel e eu vivo longe em exílio
os poemas em que me sento são canções de saudade e desejo
     nas margens desta babilónia seja de cinza e perdição
       este meu exílio se eu de ti não me tricotar







MAIS CORTANTE DO QUE QUALQUER FACA


       Reclino-me no silêncio que puseste à cabeça
e estendo as mãos para um qualquer murmúrio que te pesa
               dizes devagar os sentidos
          inverso modo de desaguar  a dor
      imagino tantas vezes a morte dinamitada
a vida assim é mais cortante do que calquer faca
                  sobre a cor branda dos días.







TRAVESSIA  INVISÍBEL


     Prepara a travessia invisível dos frutos
     dentro de quem nasce, mesmo se nada
acontece de transparente no amâgo da luz.

     O rumor do silêncio atravessa a matéria
   com que o poeta ceifa os días fugazes.





Xulio García Rivas. "Paisaxe II". Acrílico
SEMENTE BRAVIA


Lembra o chão onde cresceu a efémera flor
       da paixão respira o perfume da terra
intenso cultivo de soluços e temperanças
entrega os braços à faina dos gestos maduros
     põe os pés na aridez do deserto quente
e desamarra os desejos da água e das fontes
     morre semente bravia rente ao coração
   e renasce na dádiva simples e quotidiana






(Do libro Notícias fugazes do amor, editado por Busílis. 2016)



Ilustración de Gabriela Sotto Mayor

jueves, 10 de marzo de 2016

A EMOTIVIDADE DUN ENCONTRO DE XULIO GARCÍA RIVAS CON PACO IBÁÑEZ EN VIGO


Xulio con Paco Ibáñez e Julia.

Encántame compartir coas persoas que quero todo aquilo que me gusta.
     E  cando a persoa é un ser sensible, comprometido coa beleza, un grande artista e un ser humano de bondade infinita, ese acto de compartir convértese nun verdadeiro pracer.

     Isto foi o que aconteceu co meu amigo/irmán Xulio García Rivas. Tiña ganas de coñecer a Paco Ibáñez polo moito que significou (e segue a significar) para el este home dunha humanidade infinita e un talento musical e interpretativo envexables.
     Así que, en canto apareceu a primeira oportunidade, Xulio coñeceu a Paco e viviu con el e amigos un xantar inesquecible na casa da miña sogra.
     
     Foi algo especial. Xulio agasalloulle unha obra fermosísima, cantamos, recitamos, conversamos, tomamos un polbo á feira delicioso e resultou unha velada emocionante e inesquecible.
     
     
Julia, Paco e Xulio coa acuarela que lles agasallou

     Por iso, animeino a que escribise o que para el significou este encontro. Que o contase aos amigos e amigas de Versos e aloumiños.
     Tomouno con calma. Estivo a traballalo durante meses  (no tempo que lle deixaban as súas ocupacións persoais)   e o texto está aquí para poder ser degustado por vós.

     Unha vez máis contamos coa colaboración de Xulio García Rivas.

     Un luxo para nós. Estamos moi felices e agradecidos á súa persoa.
     Grazas, mestre.

Paco Ibáñez no concerto de Vigo




PACO IBÁÑEZ


Treboada de emocións e liberdade a través da poesia
                                                                                                                             
                                                                                                                                        
                                                                                                                                         


                                                                                                                                           Ininterrompidamente, prosegue
                                                                                                                                          a súa obra sen fatiga
                                                                                                                                          (Lao Tsé, fragmento VI do Tao te King )


     
   
     En Vigo na casa de Antonio García Teijeiro e Susi sempre atopei a presenza da música de Paco Ibáñez. Sabía da súa grande amizade, da súa irmandade porque Antonio sempre me contaba os proxectos que estaba a preparar con Paco Ibáñez, as súas viaxes a Barcelona para participar nalgún concerto, xa que Paco Ibáñez puxéralle música a algúns  poemas de Antonio.

     Un bo día comenteille a Antonio  o que Paco Ibáñez significaba na miña vida. Un cantautor que me acompañou en momentos moi decisivos no meu camiño e da grande admiración que eu lle profesaba. Quedamos en que na primeira ocasión que Paco Ibáñez viñese a Vigo ou a Galicia que faría o posible para que o puidese coñecer persoalmente. Esa ocasión produciuse  con motivo do concerto  que Paco Ibáñez ía  dar en Vigo  no  Centro Cultural Afundación o día 30 de Maio de 2015.
    
     Cando Antonio me deu a noticia,  enchéuseme o corazón  de alegría. Aínda que a boa noticia viña acompañada dun encargo de Antonio :  deseñar un Cartón  para o concerto de Paco Ibáñez . A verdade que era un encargo ilusionante ao ter a oportunidade de realizar un traballo relacionado cun dos cantantes españois que máis admiro . Imaxinei unha alegre pomba voando sobre un mar de luz.
 
Cartón deseñado e pintado por Xulio García Rivas para o concerto
     O día do concerto fun en tren a Vigo e na viaxe recordei palabras fermosas, duras, reivindicativas, inconformistas e  concienciadoras dun tempo sombrío, desacougante, demoledor; un tempo que nos pesaba na alma como un sinistro corvo sanguinario. Palabras de grandes poetas aos que canta Paco Ibáñez, poesía convertida en cancións  con extraordinario talento por Paco Ibáñez que é capaz de superar a dificultade de poñer música a poesía de Góngora, Quevedo ,Jorge Manrique,García Lorca ou  Alberti  logrando que esas composicións sexan intemporais e contribuíndo a  que eses autores teñan chegado a moitas persoas.
    
     Paco Ibáñez é a “ voz dos poetas” porque sabe ,como ningún outro , descubrir a música contida nun poema, é o músico co que soñan os poetas como nos di Gabriel Celaya. A poesía busca conmover  e Paco Ibáñez cántanos para que a súa luz nos traspase e quede para sempre na nosa memoria e alimente a nosa alma. Un exemplo de artista comprometido do que eu admiro a súa integridade, a coherencia, a independencia  e o compromiso radical coa liberdade sen ceder nunca a ningún poder nin a ningunha prebenda. Paco Ibáñez ten rexeitado importantes premios en Francia (Ordre des Arts et des Lettres concedida polo goberno  de Mitterrand ) porque como el  sinala :
"Un artista ten que ser libre nas ideas que pretende defender. Á primeira concesión perdes parte da túa liberdade. A única autoridade que recoñezo é a do público e o mellor premio son os aplausos que leva un á casa."


     Nunha  escenografía  mínima apareceu a figura de Paco Ibáñez de negro e abrazado a súa guitarra enchendo  de vida o  espazo  baleiro. Viñéronme á memoria os pintores taoístas que tamén valoraban   o baleiro nas súas  marabillosas tintas. Paco Ibáñez ocupa  o espazo  do escenario coa súa peculiar voz e
cos acordes da súa guitarra crea con estilo  elegante  a música que xorde das palabras dos poetas.
     
     Velaquí os argumentos dos que se vale Paco Ibáñez para conmover cun ballón de versos que navegan  nun mar de luz cara ao porto da liberdade, onde os acolle o noso corazón  abríndonos a porta do xardín da máxia, da poesía e da música.
     
Paco e Xulio na velada do día seguinte
     A súa voz fixonos camiñar pola historia da literatura en Lingua Castelá  e  doutras linguas entre elas  o Galego xa que ten interpretado algúns poemas de Celso Emilio Ferreiro e de Antonio García Teijeiro.  Precisamente neste concerto Paco Ibáñez cantou  un poema do  meu admirado e querido irmán Antonio. Un dos momentos máis emotivos do concerto produciuse cando Paco Ibáñez reclamou a presenza no escenario de Antonio. Os dous cantaron o poema Pomba  de Lume logrando que o voo dos versos e da música  acariñasen docemente o noso espirito.
Teño especial cariño á canción “ El Lobito Bueno / Érase una Vez”  baseada nun poema de José Agustín Goytisolo. Eu tiña a ilusión de que Paco Ibáñez a interpretase neste concerto de Vigo e así foi.

     Con esta canción lograba durmir o meu fillo Xavier cando era moi pequeno e non había forma de que conciliase o soño . Un deses días,  Alicia díxome  a ver se co lobito era quen de durmir. Canteilla con el  no colo polo corredor da nosa casa de Tui e.. ¡ milagre ¡ durmiu, malia o mal que eu canto. Tamén se tranquilizaba cando viaxabamos  e no coche eu  dicíalle   : ”Érase una vez un lobito bueno al que maltrataban todos los corderos… “

      Unha música máxica para un marabilloso poema.

                                                                                                               XULIO  GARCÍA  RIVAS


Julia, Susi, Paco e Xulio




domingo, 5 de julio de 2015

DARDO POÉTICO (XXII) Descubrindo a Roberto Alifano



Non o coñecía de nada, pero como me encanta revolver nas librarías na sección de poesía, rara vez non atopas sorpresas que ilusionen. Esta, que vos conto deseguido, foi unha delas.
   
   Non sabía quen era Roberto Alifano. Abrín o libro Sueño que sueñas y otros poemas  e axiña fiquei seducido polos seus versos. Vin, ademais, que tiña un prólogo de Jorge Luis Borges. Non era unha mala carta de presentación.
  
   
Roberto Alifano
   

   Na páxina 16 lin o poema seguinte:

Soñó un sueño
en el que  soñó que se moría
y cuando despertó del sueño
estaba muerto.


   E así un conxunto de poemas curtos, en que repite dun xeito obsesivo o substantivo sueño e o verbo soñar.
   
   Intentei saber máis cousas de Alifano.
   
Borges e Neruda
   E souben que naceu en 1943 no oeste da provincia de Bos Aires, que foi amigo persoal de Pablo Neruda, que tiña amizade e colaborou con Borges (con quen traduciu a poesía de Hermann Hesse ou a Stevenson) e que dende 1988 dirixe a revista literaria Proa.

E, ao pasar algunhas follas, lin algo diferente:


Quebrada ya la vela,
XULIO GARCÍA RIVAS. "Xardín XXI". Acuarela sobre papel.
a despecho del mar y la tormenta,
emerges del naufragio
y crujen las maderas derrotadas.

A merced de las olas,
librado a tu destino solitario,
¿en dónde refugiarte
si apenas ya resistes los embates?

A la sombra de nada,
el ayer y el mañana es este ahora
con lágrimas y duelos
y espantos y fatigas.

Oh, abismo fiero airado,
en arduo traspasar del horizonte
cuánta espalda del mundo.

Si ya calmas las aguas
en soplos de porfía
¿qué viento llevará tu nave a puerto?

   
   A súa obra poética, traducida a diversos idiomas, inclúe títulos como Solo para mayores, Sueño que sueña, Cantos al amor maravilloso, Los números, El guardián de la luna, Alifano poesías e Existencia.



   E volvo ler, dentro da súa poesía amorosa, o Canto primero:

Amor mío, si todo lo que amamos
se va junto a la brisa,
soñemos con los pájaros que emigarn
XULIO GARCÍA RIVAS. "Árbore sobre a néboa. Vilar".
entre el día y la noche
hacia nidos lejanos sin distancias
donde el sol no reclame nuestras nuestras sombras.

Muy leves en la lluvia,
felices y abrasados al asombro,
los árboles no viajan
sino con el murmullo de sus hojas
o el vagar de semillas
y recorren instantes
que la luna y el viento celebran sobre el mar.

Y nosotros, amor,
alejados del tiempo para siempre,
mezclados a una nube
volaremos entonces sin retorno,
unidos como cielos en el agua
con la antigua ilusión en nuestros labios
y esa dulce palabra repetida,
diciéndonos por siempre “nos amamos”.

   
    Non me estraña ler que Roberto Alifano é unha das voces fundamentais da poesía arxentina contemporánea. Este libro, unha boa mostra da súa obra, editado por Renacimiento, demostra esta afirmación e permite coñecer os distintos rexistros dunha voz excepcional.
   
Borges e Alifano

Leo os seus Versos negros e escribo aquí os números 1 e 5:

                            1)

X. G. R. "Xardín VII" Acuarela sobre papel.
Tal vez la vida es sólo espejismo
Tal vez la muerte es una impertinencia
Una bala perdida en busca de su blanco
Que no respeta a dios ni a la belleza

                            5)

Mis argumentos quizá no son genuinos
Las balas de fogueo sólo meten barullo
Pero Artaud tenía razón: la institución
Literatura es una cloaca pestilente.

   
   E así vou perdéndome e gozando polos carreiros poéticos dun autor que antonte non coñecía (malia as moitas distincións que lle foron outorgadas) e hoxe o poemario- antoloxía Sueño que sueña y otros poemas dorme encol da mesiña de noite, sempre disposto para deterrme nas secretas e preciosas posibilidades que me ofrece.
   
   Unha verdadeira e feliz descuberta.


                                                                                                            ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

jueves, 25 de junio de 2015

DARDO POÉTICO ( XXI ). Catro poemas inéditos de Ana María Fernández.

                       


    Teño que dicir que, dende que lin os primeiros versos dun poemario seu, Ana María Fernández converteuse para min nunha das poetas de referencia.
     
     
Ana María  Fernández


     Corría o ano 1990, o libro, editado por Edelvives, chamábase Pola rúa dos versosEspreguiza o galo / ó senti-lo día / a capa de plumas / e logo esgutía (…)
     
    


      Nunca deixei de lela. Cada poemario seu (tamén a narrativa)  entraba na miña casa  sen petar na porta. Así gocei das súas Ondas de verde a azul (Ed. Xerais, 1994). Imaxes luminosas que me engaiolaron, ritmo, musicalidade…
     Servilletas de nubes / encol dos manteis dos aires, / a buli-los paxaros / no banquete da tarde; / e o sol a brillar no medio / coma unha froita moi grande.

     


     Con Ana María dei tres ou máis voltas ao planeta. Entre os seus versos gocei dunha viaxe fermosa e aprendín a salientar o valor do pequeno (algo que sempre me interesou) e a entender algúns dos misterios da vida. Era o seu poemario Tres voltas ó planeta, editado por Everest-Galicia en 2000.
     Campaíñas do Courel, / feitas a duro cicel. / Aló arriba no camiño, / entre a chorima e o espiño, / tocades con ese aquel… (…)
     
     


     No ano 2002, aparece un libro extraordinario, Amar e outros verbos (Everest-Galicia), que gañou o Premio Lazarillo de Creación Literaria. É este un libro dunha calidade infinita, no que a autora vai trazando un discurso sinxelo e intenso á vez, coa emoción da experiencia do día a día convertida en versos. Hai alumnas que tiven eu que veneraron este poemario.
     De nenos, xogamos / a estar tristes, entre risas, / e os ollos lávansenos con lágrimas puras / que limpan o po / das rúas encantadas, / por onde cruzan abesouros / que endexamais dormen. / As lágrimas son / unha mensaxe / das nubes da alma / e nós lemos e relemos a mensaxe / e choramos de novo / porque non entendemos nada.(…)

     
     
     Dous anos máis tarde, no 2004, tamén en Everest-Galicia, aparece outro poemario de referencia: O país de amarnos. O amor espallado a través das palabras; versos que procuran a emoción coa tenrura, coa rabia e co amor á terra. Unha delicia.
     Sobre unha mesa fría / coma xeo, / ela, a mística escultura da palabra, / sobrevivirá no silencio / da escritura maldita. / A nosa voz será só / dos que nos coñeceron, dos que verán a tinta dos nosos nomes / anoados por cardos e corolas. / Para os outros, / quedará só / este papel, / esmorecido e enrugado / con larganza de labios / e lumbrigares solitarios (…)

     

     
     
     No ano 2007, nun poemario que viu a luz na editorial Tambre, colección Ala Delta, atopei un grilo falangueiro. Un grilo que lle cantou poemas a Ana María Fernández e que ela transcribiu para que gozásemos con eses versos.
     O libro leva o nome de Poemas que me cantou o grilo.

     Perdeuse un rodaballo / baixo as areas do mar. / Tres cunchas e unha perla / a quen o poida atopar. / Levaba traxe claro / cun ganduxo de sal. / Melgachos, robalizas, / ollade, que ha pasar. / Pagamos un tesouro / a quen o poida atopar.





Non hai moito decateime que no 2011, outra vez Everest-Galicia (que gran labor o de Irene Penas!) saíra un novo poemario de Ana María Fernández: Páxinas de Carricanta. Escapárame e fun á libraría e merqueino. Unha vez máis puiden gozar dun poemario intelixente, nacido das experiencias cotiás dun humilde animal (calquera o diría, pois semella un ser humano) que vai na procura de respostas diante dos misterios da existencia:
     Non sei se foi o meu eco, / que se apoiaba entre dúas rochas / para explicar a sombra de tres nubes que discutían / pola xeometría dos espazos. / Ou se máis ben sería un eco orfo, / porque eu tiña a boca aberta, / pero non me lembro de que dixera nada / en especial sonoro. (…)

     

    
      Hai unhas semanas, Ana María Fernández tivo a xenerosidade de enviar a Versos e aloumiños tres poemas inéditos. Que enorme satisfacción! Un agasallo que agradecemos fondamente e que temos a honra de publicar aquí, neste espazo onde viven as emocións e os sentimentos. Neste espazo aberto á palabra literaria.
     
     Desta volta, a palabra literaria dunha das voces máis significativas da nosa poesía para nenos e nenas e para todas as idades.

     
     Grazas, Ana María, por tan fermoso galano.




CHOVE

Chove no campo e as aforas.
De vagarciño,
achégasenos un océano de pingas cantareiras.
E toda esa auga é nosa,
pertence ao ceo, á terra e a nós mesmos,
que somos recipientes de augas submariñas,
XULIO  GARCÍA  RIVAS. "Treboada na Costa da Morte".
que vivimos entre as nubes e os charcos,
entre o azul e o gris máis tormentoso.
Chove,
barruza,
chuvisca,
orvalla,
zarzalla,
marmañisca…
Poucos verbos para tal número de gotas
que, ademáis, veñen a este mundo coa gloriosa misión
de facer que non se estiñe a fonte nin se deteñan as canles,
que existan as fervenzas e os regatos,
que corra o sangue polas veas
e que o mar siga sendo grande,
para que o entendamos como a unha metáfora.
A chuvia non ten ás,
pero parece,
non ten boca,
pero bícanos,
non ten ollos coma os nosos,
pero sabe onde caer para ser abundancia.
Hoxe chega ata nós cun lombo de húmidas promesas.
E ten moito que dicir.
Abre o paraugas!



ORIXINAL

O campo, tantas veces virxe,
publica nestes días
as páxinas profundas doutra primavera.
XULIO GARCÍA RIVAS.  "Xardín XVIII"
Un orixinal de lagos, de congostras,
de agochados matices de verdura
que escalan precipicios,
que furan polas marxes de refuxios ancestrais
ata facérense herba,
rama,
copa…
O campo resucita
na perfección da ave que se eleva,
allea á mirada das súas presas,
na brasa do sol,
nas ribeiras, preñadas de sementes…
En tanto,
eu detéñome a vivir conscientemente,
a non perder un só detalle de beleza
ao pé da uz florida,
dos montes de carpazos,
da salgueira que sostén o canto do ouriol,
segrel de escuras fragas.
Todo xorde nun complot de arte,
de enerxía vital que desconcerta...
E de todo formo parte,
se así o considero.



SOÑOS


Sinto o meu soño
a un metro de min mesma,
a un tiro de lingua de sapo;
xusto despois de xirar o pomo dunha porta.
Segundo din,
XULIO GARCÍA RIVAS. "Árbore do amor".
con el debo marchar cara ao Infinito,
dobrar esquinas,
cruzar cruces,
distraer o pé,
diante da aspereza dunha pedra,
saltar muros,
canles e regatos…
Pero o meu soño non se manifesta,
aínda está por vir,
por achegarse a min, que pido esmola.
Non se albisca nin se toca.
Deixoumo en herdanza
a casualidade,
o roce dunha noite perfecta,
unha onda que se desmelenou no meu xeonllo…
Ademais, posúe tantas caras
que cada norte do seu mapa é distinto,
e uns días,
amañece cuberto de neve, seis centímetros por rama,
outros, a verdegar
nunha insolente primavera de dez pisos.
O meu soño é grande e tamén invisible;
volve sempre
coa gana de condecorar os escenarios dos meus días,
pero marcha sen despedirse,
ferindo as expectativas,
desamañándome o tempo,
que se acurta,
que se perde entre os aplausos dos vivos.




CAOS

Sucede nas lavas dos atardeceres translúcidos,
cando o mundo é máis musical e vespertino.
XULIO GARCÍA RIVAS. Sen título.
Un espiñazo de luces ergue entón a testa
contra a bravura dos ventos perfumados.
Oboes nos bosques,
Tremor nas copas,
Vertixe de vida contra vida…
E eu no caos,
enfocándome no marabilloso,
centrada na experiencia grupal
onde todo o biolóxico
se devora;
onde a materia,
en apariencia, ordenada e metódica,
fagocítase nun clímax de utopías.
Quen nacerá para contemplar o contraluz da parra,
para gobernar os desafíos?
Estrela a estrela, a noite volve de vagar,
respira fondo
e chama unha curuxa e tres morcegos,
disposta a explicar, desde o balcón dunha galaxia,
o misterio da súa lenda.




Con Ana María Fernández e Xoán Babarro na Coruña.


                                                                                                                                                                    ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO