Mostrando entradas con la etiqueta pintura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pintura.. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de diciembre de 2020

A LUZ DAS PALABRAS (76) Antonio M. Chaves Cuiñas

 



Coñecino na Residencia de Estudiantes de Pontevedra hai ben anos. Antonio Manuel Chaves Cuiñas era un mozo cheo de inquedanzas culturais e iso gustoume. Sempre gozou co feito de escribir e abofé que o facía moi ben. E, ademais, coma os grandes, pinta.

     Tiveron que pasar ben anos ata que puiden volver a darlle unha aperta moi sentida.  Foi na presentación do meu poemario Pasando as follas do tempo, no Club Faro. Encantoume velo e sentino preto, malia que xa non eramos os mesmos. Pero si eramos -e somos- amantes da cultura e de que esta chegue ao maior número posible de persoas.

     Antonio Manuel Chaves Cuiñas é un escritor de verdade. Escribe, entre outras mil cousas, poesía e narrativa. Gústame a súa prosa directa e crítica. Unha prosa sen adornos e moi efectiva. E a súa poesía produce vibracións no lector pola poderosa carga emocional e punxente que contén.

     Por iso e por moitas outras cousas está en Versos e aloumiños.

     As súas palabras posúen luz e aluman.

     Moitas grazas, “tocayo”.


Antonio M. Chaves Cuiñas

Dos poemas en uno… poema que forma parte de mi próximo libro ya registrado: “UNO… «pienso: luego: exilio»”, con prólogo de la escritora y profesora argentina Nora Strejilevich, y epílogo de la profesora y artista gallega Paula Pérez De Mendiguren Martínez...

 

 

TODO ES UNO

 

 

 Al punto de un minuto de la hora señalada

         culparon a una aguja del retraso ocasionado

         por un metro de arena de puntual distancia mal medida

Balbuciendo enigmas vestidos de tinieblas

         y claves voladoras de cruces sorprendidas                            

         en lo alto de una alfombra doblemente polvorienta

         arrojando códigos como piedras sucesivas

Golpeando de rumores la mesa de negocios

         con tubos de grises oleoductos y trayectos de enigmas

         –armando catedrales y grandes almacenes–

         de apertura bendita e infinita espera que no aguarda

Donde libreros mercaderes sin pudores

         ofertaban en septiembre de atalayas

         textos de libros prohibidos y sin hojas

         al peso en portadas de negros escritores en calzones

Habitando la prisión encarnada

         del apretado tiempo inmedible

         por relojes acuñados en zecas de madera polvo ceniza y paja

Volando goteras de tinta sobre cometas en lamento

         que no pellizcan nubes de acero entre aviones

Zarpando de puertos imposibles

         hacia ninguna parte de mareas en bañeras                                                    bañadas de blancos oscuros azulejos azules

         cuando el lusitania se hundió se hundió se hundió

         como las dos enormes palmeras de hormigón

         en la ciudad ramera y gris de comercio prostituida

Con disolvente de urgencia preñado de vacuos pensamientos

         y exilios en perífrasis jurídicas

         imprimiendo partes de inocentes fallecidos en vida

Talando las bases de una altura vestida de antemano

         en los cuartos traseros de salas tribunales salpicadas de botas

         simplificando árabes palmeras de favores

Y trajes pesados de maletas pobladas de combates

         y libros sin retorno sin leer sus relativos interiores

Kilogramos de masa y fuerza con albert einstein en plaf

         dinámico sentir inquieto del beneficio y monolito

         en reposo al cierre de las bolsas que golfos celebran

Lanzando mensajes al cuadrado de un ring de cuatro esquinas

         al par veloces volando sobre altas enormes torres

Más allá de las llaves que perdieron sus puertas

         en los caminos gemelos de azares bushladen

No planificados por guantes y manos revestidas con dedos

         de vendajes perforados y reproches y el cuento de la cabra

Saltando sobre los hemisferios terrestres del puto nuevo orden

         como niños felizmente perdidos entre algodones

Al toparse con el país fraternal de nunca jamás preguntes

         vergüenzas rejas ni miedos...

         y ellos los otros: se ríen y se ríen y se ríen...

Porque
Te
Quiero
Requerer
Sin llegar a comprender lo que siempre supe...

         que mucho antes que un tal tales de mileto...

Todo es uno…

                            ANTONIO CHAVES.

Pelado y afeitado...

«ANTE LA SEGUNDA OLA... TOCA SEGUIR NAVEGANDO»

... y ante la segunda ola... -ahora pelado y afeitado-... toca seguir navegando, amando, soñando, pintando, escribiendo, creando, viviendo... manteniendo las distancias, que no alejamientos... y respirar, más allá de toda duda, o señalamiento esquinero..




Por se queres saber bastante máis del



ANTONIO CHAVES

 

Cambados, 1959.

Escritor, pintor, animador sociocultural...

 

Desde 1976 ha publicado trabajos de contenido diverso en: Diario de Pontevedra, Xuventudes nos Xornais, Correo de Galicia (Buenos Aires), La Voz de Galicia (corresponsal), Faro de Vigo, A Nosa Terra, ABC, A Peneira, El Correo Gallego, El Mundo, Galicia Digital, Praza Pública, Revista Cultural LA NOCHE (Santiago de Chile) Fue secretario y colaborador de la Revista Universitaria de Cultura «Coordenadas» (Santiago de Compostela), y colaborador y miembro de redacción de la Revista de Ciencia, Arte y Pensamiento «Congostra», editada en Vigo por la Asociación Cultural “Zeca Afonso”...

Ha participado en recitales poéticos y encuentros literarios con, entre otros: Rafael Alberti, Lorenzo Varela, Carmen Kruckenberg, Antonio Tovar, Carlos Oroza, Xela Arias, Arturo Cuadrado, Méndez Ferrín, Margarita Ledo, Carlos Casares, Manuel Cuña Novás, Manuela López García, Xulio Valcárcel, Bernardiño Graña, Alberto Avendaño, Alicia Martínez del Burgo, Uxío Novoneira, Miguel Anxo Murado, Alonso Montero, Manuel Lueiro Rey... 

 

Es autor, entre otros,  de los siguientes libros:

- Reliquias del Vaciamiento (Santiago de Compostela, 1978).

- Como Aves de Paso (Zaragoza, 1982).

- La UGT de Vigo. Una aproximación histórica (Vigo. 1ª edición en 1998, y 2ª edición en 2006)… Libro donde el autor trata sobre la vida y obra del dirigente socialista gallego Enrique Heraclio Botana...

- Resol de ensueños para Arturo Cuadrado (Santiago de Compostela, 2004).

- Aproximación a Don Quijote. En busca de Pinceladas Pedagógicas (Pontevedra, 2005).

- Mar azul, Cielo azul, Blanca vela (Dénia, 2007).

- Crónica de Vuelos en Tiempos de Vigilia (Vigo, 2012).

 

Ha colaborado -entre otras- en las siguientes publicaciones y libros colectivos:

- Antoloxía da Poesía Galega Actual (Santiago de Compostela, 1980).

- TALLER LABERINTOS. Cuadernos de Creación Literaria (Bilbao, 1982).

- Homenaje a Arturo Cuadrado. Artes e Letras (Vigo, 1983).

- RENOVACIÓN E AVANGARDA EN GALICIA (1925-1933). Os pensionados da Deputación de Pontevedra (Pontevedra, 1986).

- Concurso Nacional de Poesía “O FACHO”, 1978-1989 (Ferrol, 1990).

- Vigo en tres paisajes (Vigo, 1990)… Realizó las ilustraciones y escribió el epílogo del libro, el último de Manuel Lueiro Rey en vida.

- Arturo Cuadrado. A fantasía dun pobo (A Coruña, 1999).

- Los Museos del Juguete y la Infancia a finales del siglo XX (Madrid, 1999).

- Homenaxe a Luis Seoane. O Grove, abril de 1980 (O Castro, 2001).

- El Juguete Español del Siglo XX. 100 años de Entretenimiento y Aprendizaje (Madrid, 2001).

- El Exilio de los Niños (Madrid, 2003).

- Payá. 1905-2005. Cien años de juguetes en la Comunidad Valenciana (Valencia, 2005).

- Los Colegios del Exilio en México (Madrid, 2006).

- Joguetmaniàtics, 1991 - 2006 (Barcelona, 2006).

- Museu Valencià del Joguet, Catàleg-Catálogo (Ibi, 2008).

- Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A Libertade Ferida (Galicia, 2013).

- Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A Libertade Ferida (Buenos Aires, 2014).

- Camiño Aberto. 100 anos nacemento Lueiro Rey, 1916-2016 (Pontevedra, 2016).

- Ha escrito los prólogos para los libros “Un nombre para la Historia: Clara Zetkin. Ejemplo de coherencia” (Andalucía, 2019); y, “Cartas al Mar de Finisterre” (Galicia, 2020), ambos de la autoría de Alicia Martínez del Burgo…

- «Federico García Lorca en Santiago de Compostela». Editora Alvarellos (Galicia, 2020)...

 


"A muller das mareas/La mujer de las mareas" Técnica mixta. A. Chaves


                 


Próximas publicaciones del autor:


-
“Carlos Oroza. Mosaico Caleidoscópico”. Libro sobre la vida y obra del Poeta Maldito del Café Gijón…

- “Matilde Vázquez «Pasión por el Canto» (Cambados, 1906 – Madrid, 1992)”

- “Pablo de Rokha. Claves y enigmas”…

- “«UNO… «pienso: luego: exilio»”

 

Obras de Antonio Chaves figuran en la Biblioteca del Congreso de los EE.UU. de América…

Desde 1994 preside la Fundación “Raquel Chaves” (Vigo), vinculada al mundo del juego, el juguete y la infancia...

En 1996 promovió el premio periodístico Enrique H. Botana, que en su Iª edición le fue concedido -a título póstumo- a Segundo Mariño…

Entre 1997 y 2005 ejerció de director del Museo Castellano-Manchego del Juguete (Mohedas de La Jara – Toledo)…

Desde 2006 pasa a coordinar el MuGaIn (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete) en Vigo...


viernes, 30 de junio de 2017

DARDO POÉTICO (XLVII) A voz poética emerxente de Tamara Andrés





É unha voz emerxente que leva a poesía ben dentro.
     Unha desas mulleres novas que precisan expresar con palabras poéticas os seus sentimentos, as súas reivindicacións o seu lugar nunha sociedade tremendamente inxusta.
     Persoas que renovan o xeito de facer literatura, que se comprometen, que procuran obxectivos que cumprir e que os cumpren.
     Tamara Andrés é un exemplo de inquedanza cultural.Un exemplo de persoa que non se resigna a que as cousas non melloren. E faino a través da palabra.
     
     Tamara Andrés (Combarro, 1992) é graduada en Tradución e Interpretación, titulada no Máster Universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e no Máster para o Profesorado. Na actualidade estuda Filoloxía Hispánica e compaxina a súa actividade profesional entre a docencia de linguas, a escritura e a tradución e interpretación.
Tamara Andrés (Foto de Stella Nine)


Como escritora publicou de xeito individual a novela Amentalista e o poemario Nenæspiraes, gañador do Premio Nacional de Poesía O Facho 2015. Outras creacións poéticas súas foron aparecendo en revistas coma Dorna ou Obituario ou na antoloxía No seu despregar. No ano 2017 publicará o poemario Habit(u)ar las casas.
Gañou, entre outros, o IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra. Acadou o segundo premio do XVII Concurso de Poesía Díaz Jácome para novos creadores no ano 2016 e o primeiro accésit do Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo no ano 2017.
No eido audiovisual foi guionista da curtametraxe Tiempos olvidados e na actualidade forma parte do equipo técnico e artístico da webserie La última piedra. É unha das integrantes do proxecto de contacontos Fedellas.

     Tamara tiña que estar en Versos e aloumiños. Este blog-revista abre a súa ventá a todos aqueles e aquelas que teñen algo que dicir. Ela teno.
     De aí que se lle pedise que nos enviase algún texto da súa creación.
E agasallounos uns poemas que resultaron premiados co 1º accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.
      Publicámolos encantados. Así que  aquí  tedes tres deles para que gocedes coa súa lectura.


Á miña condición
concedéronlle
unicamente
a estreita linguaxe
Xulio García Rivas. "Fervenza". Tinta chinesa sobre papel
do privado.

Renunciei a esa gramática atroz
cortando os seus fíos
coa lingua
o ferro―.

Ao saír da casa,
berrei:
«Por min e mais por todas
as miñas!» ―todas aquelas
ás que non me deixaron
coñecer―.



Espín o xardín
coas mans
e desenterrei
os nomes
das esfolladas.

Enlaceilles os seus apelidos
e inventeilles uns ben bonitiños
ás que llos roubaran.

Pouseilles entre as coxas
Xulio García Rivas. "Paisaxe II" Acrílico sobre táboa
as flores que contradín
a morte eterna,
as flores que plantei
coa avoa cando nena
nun recuncho desta terra.

Ela, que o coñecía todo,
xa me falara do porvir.

As dúas propuxémonos
―prometémonos―
medrar a beleza
e a identidade
para negar
as ondas de sangue
que ela
nunca quixo

nomear.




Coas mans, as mulleres
constrúen ―xuntas―
un idioma de harmonía
e de forza. Logo
arríncanllelas
porque é o pétalo
máis prezado.

A miña avoa,
malia non ser arquitecta,
Xulio Gª Rivas. "Xardín da penumbra XX". Tinta chinesa sobre papel
trazou
con precisión costureira
o plano dun xardín
onde acubillar
o nome
e o florecemento
das esfolladas.

Entón, eu aínda non sabía
que nome tiña meu pai,
algo semellante
―quizais―
a coitelo,
esfollador
ou seitureiro.

A miña avoa,
pola contra,
era
a sementadora
máis importante
de todos os tempos.

jueves, 1 de septiembre de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (LXXXVI) Manuel Álvarez Torneiro





                         MANUEL  ÁLVAREZ  TORNEIRO (A Coruña, 1932)




FRAGMENTO DOS CAMIÑANTES



Crúzanse nos camiños
tristísimos xigantes de ignorancia e tenrura,
Manuel Álvarez Torneiro
montañas de silencio, ou ben restos de un himno.
Pasan falando sempre do de nunca:
serias figuras de benaventuranza,
resistencia de mel ou mica pobre.

    Van aínda negando a princesa do conto,
atuando o horror sobre anacos de louza,
referindo as trampas da música,
ou fan xogos de mans nos milladoiros, beben
ou xuran vingarse se non medran os ríos.

    Levan pouca equipaxe, algo de cinza,
navallas que concentran o fulgor das tormentas,
unas estampas sepias que os delatan:
esa debilidade por facer memoria,
restaurar interiores tan afíns ao misterio.

    Ás veces atópanse á sombra das cortizas,
nos pórticos ociosos,
ou saíndo dos museos que os devolven tan tristes,
o una pólvora enteira que mollou o inverno.

    E son os confidentes: esas palbras neutras
a partir dalgún intre decadente,
a partir desas mans de medir o pecado.

    E poden ser felices se non recordan nada
ou conspirar e telo moi calado.

    Ás veces, ata poden ser felices e dignos,
negar certa ruína
ou velar o extravío co que se fan os soños.





PALABRAS DE VIVIR


Sabía que con outras palabras se construían reinos
que non hai (mais existen),
que se espallaba o clima das magnolias,
o azul, a menta.
Sabía que o mar tiña escribas propios
e illas que levitan,
que o oficio do soñador acadaba
luz zodiacal e coros para hosannas,
e que a norte, ese poder primario,
habitaba extra muros.

    Sabía que con outras palabras
se mentía en beneficio da latrina e o deserto,
das voces do apestado, da alcoba desnortada.
Sabía que hai palabras para explicar a Bach,
custodio aínda da alma mellor;
que hai palabras para matar a espada,
facer o rito
"Fervenza". Xulio García Rivas. (Tinta china sobre papel)
ou retomar o tempo das grosellas.

    Pero as súas eran palabras de vivir:
de dúbida en decembro,
miméticos vocábulos de pedir
piedade pola seca:
palabras de implorar entendemento, auga,
misericordia mesmo.



SEMPRE


Permanece un rostro primitivo,
un perdón imperfecto,
ese retorno á patria non querida,
aquel que bebe calma en flor de desmemoria.

    E o cómplice da pena
que entra, irreverente, no salón orballado.





(Do libro Rigorosamente humano, editado por Ed. Kalandraka, 2015. Col. Tambo)