viernes, 1 de febrero de 2013

Alicia Alonso, a AMIZADE con maiúsculas

Alicia, no centro, coa súa nai e Susi
Leva o mesmo nome e o mesmo apelido ca unha prestixiosa bailarina cubana de ballet. Con ela, a palabra AMIZADE é unha palabra con maiúsculas. Con ela, a palabra AMIZADE amósase en toda a súa ampla dimensión. É a miña amiga dende hai ben anos. Está casada, hai xa tempo, cunha persoa extraordinaria. É unha muller admirable (ambos o son). É unha muller agarimosa, culta, intelixente, creativa e enormemente sensible.  Faltan adxectivos no dicionario para definir o seu carácter. Chámase Alicia Alonso e quéroa moitísimo. Mellor dito, Susi e mais eu queremos fondamente a Alicia e a Xulio. Este, por certo, excelente pintor, pasará por Versos e aloumiños. Hoxe tócalle a Alicia. Fomos amigos dende a adolescencia. Tiñamos moita confianza. saïamos en grupo. Ela era, para min, a única que pagaba a pena. Conversabamos con sinceridade, mirabamos cara adiante con proxectos ilusionantes, intentamos e acadamos darlle á palabra AMIZADE un sentido verdadeiro. Alicia foi a miña primeira amiga feminina. Ata ese momento eu non cría na amizade entre un mozo e unha moza. Vivira demasiados intentos propios e alleos que non remataban ben por circunstancias diversas.

Con Alicia si. Con ela compartín dúbidas, momentos de desconcertos persoais e escoitei eses demos que ela levaba dentro por mor das situacións vividas e, tamén, falaba moito do seu pai. Alicia era un oasis. Alicia segue a ser un oasis. Véñenme á memoria Domaio, Mondariz, "la mula", ese dous cabalos que ela tiña,no que metía unha chea de xente, pero non te deixaba tirado. Lémbrame acampadas en Barra, tan diferente a como é hoxe, e, mesmo, un concerto de Raphael nun Castrelos ateigado (deixo aquí publicamente o meu agarimo polo cantante de Linares), ao que quixo vir para acompañarme.
Despois, as nosas vidas tomaron rumbos diferentes e produciuse un afastamento, ata certo punto, lóxico.

Susi, Xulio, Antonio e Alicia
Cambiaron os nosos mapas pero non a xeografía dos nosos sentimentos. Pasaron ben anos sen saber dela.  Nin unha chamada nin unha carta. Nada.
Pero un domingo, que non esquecerei, soou o teléfono. Eu estaba a escoitar un concerto de música clásica na cama. Un concerto que emitía Radio 2.  No outro lado do fío telefónico, unha voz cálida, algo insegura, preguntoume se me acordaba dela. "Son Alicia", díxome. "Claro que si", respondín. E levei unha grande alegría. Confesoume que non se atrevía a chamarme. Temía que non fose o mesmo de antes. Estaba chea de dúbidas. Eu comenteille que seguía sendo o mesmo. Que me daba unha sorpresa moi agradable. Contoume que acababa de ler unha entrevista que me fixeran no Faro de Vigo e que lle deran ganas de chamarme. Díxome, tamén, que fora Xulio, o seu home, quen a animara a facelo. Menos mal que foi así.

Daquela, vivían en Tui. Quedamos en vernos. Fixamos un día. E, alí, no Paseo da Corredera, volvemos a darnos unhas apertas inesquecibles. As nosas parellas conxeniaron axiña. Os nosos fillos Antón e Noa, entendéronse de marabilla con Javier, o seu fillo, e todo foi unha festa. Xulio, unha persoa encantadora, adxectivo que queda curto para definilo e de Susi, a miña muller, que vou dicir!
Para min non pasara o tempo. Despois deste encontro, houbo moitísimos máis. A amizade reforzárase. Alí en Tui vivimos días inesquecibles. Entroidos xuntos, fins de semana agradabilísimos, algún proxecto en conxunto, exposicións e recitados... que fan latexar o meu corazón ao rememoralos. A palabra AMIZADE adquiriu unha nova dimensión, aínda maior, sen dúbida.

Xulio, Alicia, Alba e Susi. A Coruña
Xa hai uns anos que marcharon á Coruña. Xulio, profesor de debuxo, pediu o traslado para un instituto preto da capital. Agora viven alá. Pero seguimos véndonos. Que marabillosa fin de semana pasamos na cidade herculina en xuño do ano pasado! E logo, aquí, en Vigo, pois a nai de Alicia, unha muller entrañable, vive na nosa cidade. Veñen vela a miúdo e, daquela, aproveitamos para cear xuntos ou "tomar un café" no Royal Atlantic. A AMIZADE que nos une non ten fisuras. É profunda e auténtica.

Hai unhas semanas, Alicia trouxo uns poemas de mocidade e uns debuxos que está a facer nos momentos que lle apetece. Eses poemas, escritos a man nun papel antiguo, están dedicados a seu pai, a Xulio, a min. Emocionáronme e permitiron que eu viaxase décadas atrás, a ese tempo no que nos ensinabámonos os poemas que faciamos. E pedinllos para Versos e aloumiños. Gustoulle a idea e aquí están. Son poemas dun tempo, nacidos dentro dunha persoa que precisaba berrar e que susurraba en voz baixa, enormemente crítica, de vida moi intensa e coa necesidade, que tiñamos moitos, de expresar sentimentos que loitaban por ver a luz. Un enfoque interesante de concibir a poesía, por parte dun ser humano que ama, que sofre, que vai na busca de si mesma e que non lle gusta o mundo no que vive, cando se detén a pensar. Estou moi contento que mos permitise publicar neste espazo de liberdade creativa. Unha creatividade que lle sae por todas partes. Unha creatividade dunha persoa intelixente, que sabe do que fala e do que escribe, e do que debuxa, e do que...

Algo puramente conmovedor. E estas experiencias quero que figuren en Versos e aloumiños, un lugar onde eu non procuro a excelencia, ben acollida, por outra banda, senón a autenticidade e a calor. Non quero que sexa algo frío, medido unicamente polo simplemente literario. Por iso, Alicia, hoxe estás aquí e imos gozar cos teu poemas. Son unha parte fundamental de alguén a quen queremos profundamente.
Querémoste, Javier. Querémoste, Xulio. Querémoste, Alicia.

Grazas, miña amiga, por esta parte de ti, coa que nos agasallas.


POEMAS

Tus manos      A Xulio, cuando estaba en Madrid

Son árboles jóvenes
que cuando hablas, hablan,
que cuando lloras, lloran.
Que se estremecen con el frío
y se alegran con el calor.                 
Con sus cinco ramas,
con sus cinco flores,
por las que corre la vida,
por las que fluye el amor...            
Tus manos, árboles jóvenes,
tus dedos, ramas y flores
que, como el viento
acarician mi cuerpo,
que, como el sol
me regalan calor, 
que, como el agua
me transmiten vida...
y yo hablo,
y yo lloro,
y yo río,
y yo amo.


Pienso     A  Xulio, cuando estaba en Madrid, cuidando a su padre ingresado en el Gómez-Ulla
Xulio García Rivas

Pienso.
Duermo.
Sueño.
Tic - tac. Tic - tac.     
Noche.                               
Paz.
Silencio.
Tic - Tac. Tic - tac.
Tú.
Yo.
El tiempo.

Fernando Alonso Amat

Ausencia       A mi padre
Quise oír tu voz
y solo escuché el silencio.
Quise estrechar tu mano
y encontré el vacío.
Quise sentir tus pasos    
y solo eran los míos.
Quise respirar...
Faltaba el aire...
Se había ido contigo.


Triste despertar a la realidad

Triste despertar a la realidad.
Inquietud de pensamientos,
a solas con mis sentimientos
Alicia e Antonio. A Coruña
busco el camino de la verdad.
............................................

Encuentro en ti la paz y el silencio.
Encuentro en ti la calma,
pero la tristeza...
¡La tristeza la llevo en el alma!
.............................................

Tú eres la mañana
eres el sol, la luz
y eres la alegría...
Yo soy la noche,
la sombra, la oscuridad            
y soy la melancolía.            
..........................................

Ese minuto violento.
Esa atmósfera vacía.
Ese instante de duda.
Esa terrible inseguridad,
inseguridad de cada día.

   A Antonio G.Teijeiro