Mostrando entradas con la etiqueta narración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta narración. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de agosto de 2023

CONMEMORACIÓN DO LANZAMENTO DAS BOMBAS DE NAGASAKI E HIROSHIMA NUN ACTO EN VIGO. (Recitado de dous poemas)

Antonio García Teijeiro lendo dous poemas da súa autoría


“Aquela mañá o ceo en Hiroshima estaba moi despexado.

O sol quentaba con gran forza. Os sete ríos de Hiroshima fluían silandeiros.

Os tranvías ían amodo.

Malia guerra.

Tokio, Osaka, Nagoya e outras cidades, foran bombardeadas. Só permanecía Hiroshima.

Os seus habitantes dicían con temor: “axiña nos tocará a nós”.

Para evitar que o lume se propagase, derrubaron edificios e ensancharon rúas.

Colleron auga e prepararon os lugares que servirían de refuxio.

Ninguén saía sen protexer a súa cabeza cunha carapucha. E sempre levaban con eles unhas poucas menciñas.

Miichan estaba almorzando cos seus pais.

O arroz tiña unha cor rosada porque estaba mesturado con batatas que lles trouxera un parente do campo.

-Mmmm…que rico-dixo Miichan coa boca chea.

-Está moi bo- afirmou seu pai sorrindo.

Miichan tiña só sete anos.

6 de agosto de 1945.

8.15 horas.

De súpeto sucedeu.

Escoitouse un ruído enxordecedor e un horrible resplandor atravesou o ceo.

Era unha luz laranxa; non, unha luz moi branca, cegadora, ameazante, coma se cen lóstregos estralasen á vez “ (…)

 


Así comeza o libro da pintora xaponesa Toshi Maruki, o terrible e emocionante libro O escintileo de Hiroshima, no que achega aos lectores e lectoras mozas o sufrimento dunha familia xaponesa producido polo lanzamento da bomba atómica en Hiroshima en 1945.

 

Sempre lle lin ao meu alumnado esta dura e, á vez, emocionante historia da crueldade humana.

Así, en case todos os meus poemarios para a xente nova fun deixando versos que describen o horror e loita pola paz ao longo dos anos, porque as guerras nunca deixaron de producirse en moitos lugares do mundo.

Velaquí dous deles, nun vídeo no acto que se celebrou o pasado mércores de agosto en Vigo para conmemorar a traxedia bélica e actuar para que non se repita endexamais.








jueves, 11 de febrero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (81) Sergio Andricaín

 



Sergio Andricaín é unha desas persoas que queres e admiras dende o primeiro minuto que contactas con el. E isto pasa cando ese contacto se produce a través de correos, redes sociais ( facebook, por exemplo) ou cando les o que escribe en calquera momento. E un pregúntase, como será en persoa ese encontro? E devece por que teña lugar. Apertar a Sergio é unha das cousas pendentes que teño na vida.

     Sergio Andricaín é unha persoa, sensible, tenra, pero forte. Intelixente e coas ideas claras do seu papel na sociedade.  Non se dobra con facilidade. Investigador cultural, asesor de programas de lectura, profesor, editor de revistas, director da Fundación Cuatrogatos, de Miami e escritor.

          Estou desexoso de cambiar libros con el. Gústame o que leo e valoro o seu carácter aberto e xeneroso, cun gusto literario exquisito.

     Necesita máis razóns para que estar presente en Versos e aloumiños?

Dende logo que non. Sóbranlle.

    Aquí temos os seus textos para gozarmos deles.

     É un privilexio que lle agradecemos.


Sergio Andricaín



             Tres poemas alegres y un cuento triste


Todos los poemas pertenecen a Libro secreto de los duendes, de Sergio Andricaín (Editorial Panamericana: Bogotá, 2017). El cuento fue escrito expresamente para la colección de postales Tris Tras, publicadas por la Fundación Cuatrogatos, a partir de una ilustración de la artista argentina Claudia Degliuomini.



La pradera de los unicornios

Allá lejos, muy lejos,
en los confines del mundo,
donde el cielo y la tierra se besan,
hay una enorme pradera
poblada de unicornios.
Para cada persona y cada duende existe uno:
yo tengo el mí­o; tú, el tuyo.
Solo hace falta que lo llames con el pensamiento.
Entonces vendrá junto a ti
con su trote grácil y su aliento cálido.
Si estás alegre, compartirá tu risa.
Si estás triste, se llevará las penas.
Allá lejos, muy lejos,
en los confines del mundo,
un amigo espera por ti.



Melusina

Melusina tiene pena
por su gran cola de pez,
y la oculta de la gente
en una tina de Fez.

Entre semana va y viene
ligera sobre sus pies,
pero el sábado se encierra
donde no la puedan ver.

Por amor a un caballero
de hada pasó a mujer
y en castigo la volvieron
algo que no quiso ser.

 


Hechizo

Con esta varita
te convertiré
en flor de naranjo,
en olor a ciprés,
en flama naranja,
en luna o en pez,
en viento que ulula
o en hoja de té.

Si dices que sí,
te transformaré;
si dices que no,
también lo haré.

Con esta varita
te hechizaré,
quieras o no quieras
en un dos por tres.





                                                              Caminos

Primero, nuestro pueblo se quedó sin hombres. Casi todos marcharon al Norte; prometieron enviar dinero, reclamar a sus familias o volver con las maletas desbordadas de regalos. Promesas que pocos cumplieron.

Luego se fueron las mujeres, partieron también tras el rastro de sus esposos, nuestros padres, con la ilusión de hallarlos y de ayudar a los que quedamos atrás.

Después nos tocó a los chicos, a los hijos de los hombres y las mujeres que hace tiempo partieron. Emprendimos un camino incierto y lleno de peligros, con el ansia de reencontrar a nuestros padres, salir de la pobreza y la violencia. Caminamos por senderos polvorientos, subimos a camiones y buses, nos trepamos en la espalda de la Bestia Aulladora, nos defendimos de los coyotes como pudimos…

Ahora atravieso el desierto. Todo reverbera bajo la luz implacable del sol. No sé si estoy sola o si esas figuras que veo junto a mí son mis compañeros de viaje… ¿Serán fantasmas? Pienso en lo feliz que me haría una gota de agua, una sencilla gotita en mi lengua. Me siento como una flor de cactus sedienta.

Quisiera que una ráfaga fresca me levantara por los aires y me hiciera llegar a un lugar donde las sombras me protejan, donde haya ríos que fluyan y árboles repletos de frutos, donde estén mis padres esperándome con los brazos abiertos…

 


                                                Para saber  máis de Sergio


Sergio Andricaín (Cuba-Estados Unidos)

Graduado en Sociología en la Universidad de La Habana. Fue investigador del Centro de Investigaciones Culturales Juan Marinello, del Ministerio de Cultura de Cuba. En Costa Rica, asesoró el programa nacional de lectura del Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes y fue profesor del Taller Modular de Promoción de Lectura, desarrollado por la Oficina Subregional de Educación de la UNESCO para Centroamérica y Panamá. En Colombia trabajó como oficial de proyectos del CERLALC y como editor de la revista infantil de la Fundación Batuta. En Estados Unidos dirige la Fundación Cuatrogatos. Ha publicado, entre otros libros, ¿Dónde está el niño?, Conoce a Dulce María LoynazSirena y puntoLa noche más nocheDragones en el cieloLa caja de las coplas, Cuando sea grande, Había otra vez. Historias de siempre vueltas a contar, Libro secreto de los duendes, Un zoológico en casa y Escuela y poesía, junto a Antonio Orlando Rodríguez.

 



viernes, 9 de febrero de 2018

REMUÍÑO DE LIBROS (41) " Formigas, risas, flores e dinosauros", de Euloxio R. Ruibal






TÍTULO:  Formigas, risas, flores e dinosauros.



AUTOR:  Euloxio R. Ruibal.





ILUSTRACIÓNS: Gloria García Iglesias.




EDITORIAL: Galaxia. Colección: Árbore.




Euloxio R. Ruibal dramaturgo, guionista, narrador, ensaísta e académico da lingua galega, achégalles aos lectores a partir de oito anos, agora na súa faceta narrativa, este libro que contén catro fermosas historias baseadas na oralidade e que, de seguro, engaiolarán tanto a nenos coma a maiores.

     Catro contos que seguen a tradición oral, sustentados na forza da palabra que cobra vida cando é dita en voz alta. Catro pequenos contos cun fío condutor común: o humor e a maxia que conleva a verba ben construída e dirixida dun xeito directo ao corazón.
 
Euloxio R. Ruibal
     Catro contos cheos de tenrura no que conviven o mundo animal e vexetal xunto co universo fantástico dos nenos, onde todo é posible porque a imaxinación non entende de límites. Pero que tamén convidan á reflexión ao contar con diferentes niveis de lectura.
     
     Así dende o primeiro “A formiga revirada”  ata o cuarto “Santi e mais Iago” , pasando por “O xardín de Claudia” e  asumindo “Unha triste perda” descubrimos os diferentes protagonistas que nos desvelan os seus desexos, temores, acertos, experiencias vitais capaces de derribar os muros da intolerancia, dos prexuízos pero tamén de afondar na forza da unión e a perseverancia para lograr os obxectivos e a importancia da risa como elemento imprescindible para acompañar a ledicia.

     Formigas, flores, risas e dinosauros  susténtase  nunha prosa fluída, dunha aparente sinxeleza, que engaiola pola súa  riqueza léxica para amosar un universo propio formado a  partir da mestura do mundo real e o ficticio que convidan á reflexión.
 
Ilustración e capa de Gloria García Iglesias
     As  expresivas ilustracións de Gloria García Iglesias danlles vida aos diferentes protagonistas que aparecen focalizados e en sintonía co ton textual.


                                                                                                                          ALBA PIÑEIRO

miércoles, 18 de junio de 2014

APARECEU NUNHA ROCHA DA PRAIA


        Vino sobre una rocha.
      
       Non semellaba nin confuso nin desconcertado. Movía a cabeza abranguendo coa súa ollada a praia enteira

      Non estaba sentado nin deitado. Ergueito, non deixaba de mirar todo o que había ao seu redor. Daba a impresión de controlar cada movemento das persoas que tomaban o sol, dos rapaces que corricaban pola area e das conversas que se espallaban polo aire.

      Ao lonxe, as ondas parecían decatarse da súa presenza. Unha lene melodía invadía o aire e confundíase co vento que acariñaba o seu lombo. Non sei o que estaría a pensar, mais desprendía serenidade. Estaba vivo, moi vivo. Podo aseguralo.Non levaba colar. E tampouco daba a impresión de ter amo. Pero non parecía importarlle.

      Fun achegándome a el. Coloquei a miña toalla á súa beira.
      Olloume, depositando tenrura no meu corpo. Mais non se moveu. Sorrinlle. Deixou de mirarme.

      Seguía eu sen adiviñar a quen pertencía. Non semellaba estar abandonado. Porén, ninguén se preocupaba del. O can seguía na rocha gozando da paisaxe mariña.

      Colocada a toalla fun á beira. Coma sempre, paseniño, fun mergullándome na auga salgada que tanto me conforta.

      Dende o mar busqueino coa vista.

      E alí seguía.

      Fachendoso. Esculcando o horizonte.

      Falando, ao lonxe, coas ondas.

      Rindo, sen espaventos coas gaivotas.

      Mais ninguén parecía reparar nel.

      A xente chegaba. A xente marchaba. A xente falaba.

      Unha indiferenza absoluta semellaba envolver a súa presenza alí.

      Coma se fose invisible.

      Sería real? Cheguei a preguntarme.

      Eu estaba mar adentro.
      Nadei. Mergulleime.

      Deixeime acariñar polas ondas.

      Pero una forza interior empurrábame a buscalo coa vista.

      E alí seguía.

      Cando saín da auga volvín á toalla. Volvín á súa beira.

      Vino de novo de preto.

Andrés Neuman
      Veríano os demais? Estaría abandonado?

      Lembreime dun poema de Andrés Neuman.
        
              Un perro flaco,
     sin techo, a mis espaldas.
              Marchamos juntos.

      Non era o caso. Non estaba fraco, pero encantaríame marchar con el.

       
       Viñéronme á mente aqueles versos de Ángel Guinda dedicados ao seu can. 
Ángel Guinda
                    E viñeron onda min, porque eu, por desgraza, xa non teño can.
        
          
         Mi perro es la calma
         de las nubes inmóviles,
         la puerta que se abre
         cuando todo se cierra,
         la soledad del mar.

      
        
       En efecto, a calma das nubes. Portas que se abren en demasiados momentos negros da vida.

      En efecto. A soidade do mar.

      Iso sentín. Deixei pasar o tempo.

      Aquel ser resultábame cada volta máis entrañable.

      E pensei na miña andoriña que axiña entraría pola nosa fiestra.

      Dubidei. Mirei cara á rocha. Os seus ollos pedíanme algo.

      Volvín mirar e todas as direccións. Mirei cara arriba e cara abaixo. Á dereita e á esquerda.

      E tomei a decisión.

      Daquela, sen dubidalo máis, collín ese can de pana, cuxa mirada tanto me quería dicir, e marchei para á casa con el envolto na miña toalla.

      Hoxe vive feliz no meu balcón.

     Chámase o can Can.

      E séntese feliz entre os libros.

      Que ben!!!


                                                                                                      ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

jueves, 13 de febrero de 2014

A LUZ DAS PALABRAS (38) Chus Pato

CHUS PATO  (Foto de Pieter Van der Meer)
Coñecín literariamente a Chus Pato, grazas a unha amiga, profesora do colexio “Guillelme Brown”, tan querido por min, cando me agasallou un libro do que  non tiña noticia.
Corría o ano 1991. Estabamos en novembro e Rosa Luengo regaloume “Urania”, cuxa autora era María Xesús Pato.
Encantoume o libro. Sacudiume. Lin unha poesía diametralmente diferente ao que estaba a ler.
Este foi o primeiro poema lido por min:



Ondean os lombos dos bois
coa voluptuosidade do océano.
Aínda a meio corazón
a corazón partido
ondean os lombos dos bois
coa voluptuosidade do océano.
(A contradición principal
Os centros de tormenta a escala planetaria)
Doce xugadas de bois
árbore
outeiro.


O poemario engaiolárame. Sentín rachar moitas correas que apreixaban a poesía. Eu precisaba, coma lector, algo así.
Dende aquela, intentei seguir a esta poeta. Interesábame. A súa poesía non era doada. Lía algún dos seus libros, deixábanme algo desconcertado, pero había unha forza interior que me empurraba a facer outra lectura, e outra e outra máis.
Nunca me defraudaban. Remataba decote rearmado para seguir a miña loita a prol da presenza dos versos en todos os lugares. Unha loita na que sigo mergullado e non abandonarei mentres me queden forzas.

Despois, á parte das lecturas en revistas dalgúns dos seus poemas (“Festa da palabra silenciada”, por exemplo), viñeron outros poemarios como “Heloisa”, “Fascinio”, "Nínive” ata o máis recente, “Carne de Leviatán”, e seguín gozando cos que ela me enviou como “Hordas de escritura” ou  “Secesión”.

Persoalmente, coñecina en Cuba, con motivo da Feria do Libro de La Habana no ano 2009. Pareceume unha muller próxima, aínda que non tiven con ela excesiva relación.

E foi no ano que remata, formando ambos parte do xurado que decidía os Premios da Crítica Galega (creación literaria), onde puiden falar máis con ela.
Aí decateime de que era unha muller sensible, amable e cun discurso moi claro e directo sobre poesía. Non me estrañou nada, por outra banda.

E descubrín, ademais, a súa faceta de avoa garimeira. Que orgullosa está do seu neto Antón. Díxome nun momento: “Esquecín a túa antoloxía Un rato díxolle á lúa na casa. Estou facéndolle ao meu neto unha biblioteca con libros dedicados polos autores e autoras”. Brilláballe o rostro cando mo dixo. Que grande idea!

E, despois, foi moi sincera cando me confesou que nunca seguira a poesía para os nenos ata ese momento. E agora semellaba interesarlle.
Iso é moi común, pensei para min. Non sei se llo dixen, pero está claro que cando se ten un fillo ou un neto ou neta, cambia moito a perspectiva das persoas e, xa que logo, tamén no literario.


Tras ler “Carne de Leviatán”, introducinme en “Secesión”, un libro que escaravella no acto creativo e propón un discurso moi interesante sobre a creación e sobre os diversos elementos que axudan a soportar a nosa vida.
Unha obra pouco habitual que nos presenta textos coma este:


5 de abril

Un idioma danza sobre este gume, ouvea no deserto, sobre esta independencia.
     Un poeta é o máis parecido a unha privación da lingua que se pacta. O idioma pasa ao seu través – como camiñamos un campo aberto – pasa polo inorgánico, pola república vexetal, aplaca as bestas, enfeitiza, acouga.
     Destórgame / este drama / lóstrego escuro       (ti)



Chus Pato non podía faltar en Versos e aloumiños. É máis: tiña que estar.
Pedinlle un texto para esta sección e tivo a amabilidade de enviarme este magnífico poema. E dime, tras desexarme un 2014 feliz : “… escribín un poema, o primeiro do ano e eu cho achego por se o sentes acaído para Versos e aloumiños…”
Sentinme un privilexiado diante deste agasallo, que este blog quere compartir con todos os seus lectores e lectoras.
E quero escribir aquí outro pequeno texto de “Secesión” que me chegou ben adentro:


1 de abril

     O poema di identidade, cando a estrela nos leva ata unha potencia da lingua que é identidade, contra os soños e os sepulcros.


Pero ante a calidade e a comunicación tan entrañable que mantiven con ela, atrevinme a pedirlle algo máis a Chus Pato. Sabíame a pouco.
E ela, xenerosa por enésima vez, non só me enviou unha colaboración, senón dúas. Unha fermosa carta postal escrita en Samarkanda, O ceo de Ulughbek, e un segundo poema emocionante , É un cristal este nome.

Sen palabras, porque esvaecen perante tanto agarimo, deixo aquí todo un marabilloso recital dunha poeta que marcou un camiño indiscutible na poesía galega de sempre.
Grazas, Chus. Todo un privilexio.
E vós, lectores e lectoras de Versos e aloumiños, que gocedes coa lectura destes textos.


 
Chus Pato  (Foto de Ricardo Silveira)



Aninovo

Algún rastro na neve              
unha camelia branca

non os nomees
non a concibas
vai onda eles
chámaos

adora
adora os rastros os restos a reliquia

é lixeira a flor
pesada
moi pesada             
a ausencia


 
Chus na Praza do Registán en Samarkanda




O ceo de Ulughbek: carta postal

A cidade, como corresponde, é turca –maioritariamente tixica e usbeca– con lixeiras achegas mongois. As arterias principais enormes, abeiradas por centos de árbores coidados con esmero: plátanos, bidos, salgueiros, moreiras. O vento é constante de tal maneira que o rumor das follas e os trilos dos paxaros sonlle no verao música á antiga Maracanda, chamada desde hai séculos Samarcanda. A condución é temeraria e segura. Máis que rúas estas avenidas son camiños que unen lugares de tránsito continuo, diríase que ese é o ser da cidade, ese tránsito e de ningunha maneira un espazo no que os e as que a habitan se deteñan nalgunha praza ou lugar común, só os mercados, os bazares teñen forza para xuntalos, sen que por esa razón se reúnan máis aló do intercambio de mercadorías. Eles, elas veñen e van, fano xuntos pero non reunidos. As rúas entre as vivendas tamén son camiños, aquí as árbores son substituídas por parras procedentes dos pequenos xardíns dianteiros que poden, en moitos casos, chegar a enlazarse e formar un dosel que protexe e separa do calor máis ardente. As vivendas son en xeral de planta baixa e nada que mencionar sobre o exterior, un patio amplo articula os cuartos habitables e interiores.

Preto do gran boulevard e en medio de paseos que de vez son xardíns, érguense os monumentos timurís ou timúridas. O mausoleo Guri Emir, onde xacen os restos de Timur –en europeo Tamerlan–  incomparábel e exemplo para calquera outro mausoleo futuro que fronte a el esmacia; a sen par praza do Registan (praza de area) coas tres madrazas, entre elas a construída polo astrónomo Ulughbek, neto de Timur, coa súa fachada acugulada de estrelas; a mesquita de Bibi Khonun ou o conxunto funerario de Shakhi-Zinda (tumba dos reis vivos) entre os que se encontra o sartego do curmán do profeta. Todos estes edificios erguen o seu poder, único no mundo, as súas fachadas e os altísimos tambores nos que descansan as cúpulas galladas, practicamente cubertos da fermosa escritura cúfica das que os ollos non quixeran separarse endexamais. A arquitectura timurí ou timúrida é síntese perfecta entre os elementos zoroástricos, persas, islámicos e mongois. Desde as súas ruínas a antiga cidade de Afrosiyab, orixe de Maracanda e contemporánea da nosa cultura castrexa, contempla e protexe o esplendor que fundou Timur e sábese eterna.

As tribos de Asia Central levan escrito, ao longo da súa Historia, con tantos alfabetos que podería pensarse que as súas palabras non foron fixadas en ningún deles, senón máis ben nun demorado tránsito entre as grafías cúficas, gregas, chinesas, persas, cirílicas e latinas. Hai algo que me fai relacionar o deseño urbanístico de Samarcanda e este ir e vir polos debuxos marabillosos de tanto silabario. Un / unha habitante de Samarcanda fala, na actualidade, polo menos tres idiomas: taxico, usbeco e ruso, e domina dous alfabetos, o cirílico e o latino.
Elas visten eses indicíbeis traxes das mil e unha noites adaptados á vida cotiá. As teas son, polo xeral, unha mestura de algodón e seda e os seus estampados representan os reflexos dos astros nas augas dos ríos, sempre en movemento, nunca os mesmos.
Estando aquí en Maracanda éme imposíbel non pensar en Don Álvaro Cunqueiro, os samacardenses ou samacardís son corteses coma os personaxes das súas novelas e demoran tempos incontábeis en saúdos e despedidas.

Onte visitamos unha fábrica de alfombras de seda –sen dúbida, as voadoras–. Ao írmonos o seu propietario, un ancián afganí ou afgán, vestido á vella usanza, veu darnos as grazas pola visita, eu desexei entón mercar non unha –o prezo da máis pequena destas alfombras é duns 1500 dólares– senón todas as alfombras da fábrica e poder así remediar minimamente o mal infinito inflixido ás tribos que viven no territorio chamado Afganistán e que son mesturadas, coma en toda Asia Central.

Estando aquí en Maracanda éme imposíbel non pensar en Herat, a súa cidade xemelga e tamén capital do imperio Timúrida ou Timurí. Nada sei do estado das súas magníficas madrazas, dos seus esveltos minaretes, das construcións erguidas pola nora de Timur e que foron asombro da súa época, tanto como para ser ela considerada pola súa cultura e magnificencia como a raíña de Saba de Asia central. Nada logo de tantos anos de guerra.
Estando en Samarcanda penso en Herat, en Kabul, en Lahore, en Delhi.









É un cristal este nome

Desde o cerebro contra o amencer
pai nai irmaos
era violento todo canto eu amara

e os soños e os grandes colectivos fozan profundo

cal lle tiras a tona a unha mazá
así te esfolan
e non das un chío
soportas
onde me torturan

tal nubes

as asas brancas da noite
un sol que adormece

todos os coitelos envaíñanse
cada un  no seu poro

se o poema ten a estrutura do espertar
garza que volve no setembro

pousa no prado
xeróglifo

non hai ceo maior   respiración
a túa            vibra a bóveda
de ouvido a ouvido a miña vida é sosego na súa rotación
enlouquecida nos polos

da banda do amencer ciclamino e xeo ábreme
fume camiñando os tellados

memoria única
os nomes

un Nilo cae             unha volta
e outra


Tras o Xantar das Letras. Premios da Crítica Galega en Vigo