Mostrando entradas con la etiqueta lectura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura.. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de abril de 2024

Pequena crónica de "POLAVILA DOCAMPO" na memoria de Xabier P. Docampo. Vídeo intervención de Antonio G. Teijeiro

 




O pasado venres, día 5 de abril, no Fórum Metroplitano, A Coruña, tivo lugar un acto fermosísimo: POLAVILA XABIER P. DOCAMPO, na memoria do grande escritor, Xabier Docampo, que ese día cumpriría 78 anos.

Amigas e amigos, institucións, asociacións e particulares foron a base dunhas horas de intensa emotividade, nunha gala baixo a dirección de MªÁnxeles Roca, Paula Carballeira e Chus Fernández.

Unha exposición bibliográfica sobre o querido autor, coas adhesións recibidas das bibliotecas escolares, unha sesión de contacontos para público familiar (Vouche contar un conto) ou a lectura pública e continuada de Catro cartas, un dos seus libros, por parte de amizades de Xabier.

 

Lectura de "Catro cartas"

E a partir das 20:00, comezou a Gala PolaVila Docampo, no auditorio, conducida maxistralmente por Paula Carballeira, Isabel Risco e Lois Pérez.


Paula, Isabel e Lois

Iniciouse cun pequeño vídeo no que escoitamos unhas palabras de Xabier. Emocionante velo e escoitalo.

Xabier P. Docampo


Tras a presentación a cargo das presentadoras (+Lois), Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín falaron do homenaxeado con moito agarimo e emoción.

 

Xavier, Fina e Paco

Deseguido, Daniel Puente Bello, fillo do escritor, leu os poemas do libro Mans, apoiado nunhas marabillosas fotografías súas, nun emotivo silencio.

 


Dores Tembrás, Antía Otero e Antonio García Teijeiro (Yolanda Castaño non puido asistir) leron poemas das súas obras.

 

Dores, Antonio e Antía


De novo, lecturas de textos de Xabier, nas voces de amizades como Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco.

 

Chisco, Mercedes, Irene e Concha

A marabillosa Gala rematou cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, Antonio Reigosa, María da Pontragha e Paula Carballeira.

Uxía, a nosa gran cantora, puxo a súa voz para emocionarnos coas súas cancións. Xunto a boa parte dos participantes e co público posto en pé cerrouse o acto cantando entre todos "O carro" de Manuel María (Fuxan os ventos).


Uxía

E o cartel marabilloso, que anunciou esta homenaxe, foi obra do enorme ilustrador Xosé Cobas.

Un acto inesquecible para os que alí estivemos na honra e na lembranza dunha persoa irrepetible. Imposible esquecer o que ese serán vivimos.

Parabéns ás organizadoras, porque o seu labor foi lucido e eficiente.

 


 


No vídeo que segue a estas palabras, podedes ver a miña intervención emocionada con dous poemas de Se falases de min (Cando caen as follas) e de Poemar o mar.






O acto serviu para atopar e abrazar os amigos e amigas, porque as distancias entre nós 

non nos permiten un contacto directo. Nestas situacións a emoción e os afectos 

estiveron presentes en boa parte dos reencontros.


Mercedes Queixas, Ánxeles Roca, AGT e Antonio Reigosa

 


martes, 27 de septiembre de 2022

As miñas columnas en A NOSA TERRA (1) "O verbo contaxiar"

 



Hai uns anos tiven a honra de escribir unhas columnas no histórico xornal A Nosa Terra.

Nestas columnas tocaba eses temas que a min me preocupaban en relación coa escola e a lectura fundamentalmente.

Sempre me sentín moi cómodo e encantado de colaborar cunha publicación que endexamais debeu desaparecer.

Por iso, aquí e agora, vou recuperar algunhas delas e vostedes xulgarán o meu punto de vista e a vixencia das mesmas.

 

E comezo coa visión persoal que teño sobre o verbo contaxiar.

Agardo que lles guste.

 

 

           

Antonio G. Teijeiro (Foto Ricardo Grobas)

              


                                       O VERBO CONTAXIAR

 

                                                                                 

 

Contaxiar é un verbo que ten diversas connotacións, non todas positivas. Contáxiannos a gripe ou algunha doenza máis ou menos molesta. Contáxiannos o fervor relixioso, as forzas para realizar algo ou as ganas de non facer nada. Tantas cousas! Pero deixando isto á marxe, gustaríame dicir que contaxiar é un verbo que pode/debe ser conxugado para achegar ou introducir os nenos na lectura. Eu creo na súa conxugación para seducir con textos, rimas, xestos, pausas, silencios, etc. os cativos no eido da literatura. Pódese contaxiar o desexo de ler dende o entusiasmo por aquilo que apaixona: a lectura por necesidade, por pracer, pola beleza, pola función que pode cumprir e, mesmo, pola falta de función que a lectura pode ter. Pódese contaxiar dende o exemplo, poñendo á vista o noso hábito lector, falando de libros cos rapaces, e amosándolles como gozamos coa palabra escrita.Contaxiar para que imiten e, nalgún momento, cheguen a ler en liberdade e sen prexuízos. Contaxiar lendo versos en voz alta, escribíndoos na pizarra ou lendo contos á beira da cama.Contaxiar hábitos, entusiasmos, costumes ou desexos permitirannos vivir o fascinante mundo do libro dun xeito grato e ousado á vez. Se espertamos a curiosidade pola letra impresa, abriremos portas á esperanza duns nenos máis felices e formados. Se contaxiamos a ilusión de saber que hai tras o título dunha obra literaria, estaremos abrindo ventás a esa aventura interior que nos presenta o acto de ler.Contaxiar, en fin, é conxugar o verbo dos soños acochados nas palabras.

      

                                                                                                                   Antonio García Teijeiro

 

 

 



martes, 1 de diciembre de 2015

DE NOVO, A VOZ DE MARIANO CORONAS: "UN COMPROMISO COLECTIVO".


Mariano  Coronas
   Vimos mantendo dende este blog-revista a necesidade de que a biblioteca escolar sexa o eixe principal do funcionamento da escola.
     Mantemos, dende hai ben tempo, que xa se poden cambiar todos os plans de estudo, pero que mentres non haxa un mestre/a-bibliotecario/a dedicado a este espazo suxestivo e case máxico, o índice lector seguirá a ser baixo e a formación dos nosos alumnos continuará a resentirse.


     De aí que saudemos con ledicia cada artigo do gran Mariano Coronas (de quen non vou falar de novo, pois quedei xa sen palabras), porque pon decote o dedo na chaga dos problemas que abafan o sistema escolar.
     Tirado dos seus Cuadernos de Macoca (2) e publicado en Cuadernos de Pedagogía (nº 426- setembro de 2012), ofrecemos un artigo imprescindible: un decálogo de acción a desenvolver nas escolas a prol da lectura, dos libros e da biblioteca escolar. Un obxectivo común que marcasen todos os membros da comunidade escolar.

     Unha vez máis, a palabra atinada deste mestre de mestres que, aínda que xubilado, non pode disimular o seu compromiso serio coa educación e formación dun alumnado excesivamente despistado nestes eidos.

     
     Tomade nota, por favor.




COMPROMISO COLECTIVO


     Sería deseable que un objetivo común inspirase las actuaciones de todos los miembros de la comunidad escolar a favor de la lectura, los libros y la biblioteca escolar. Y para marcar el camino que nos condujese hacia ese objetivo, podríamos definir un decálogo de acciones como el siguiente:

     Un centro comprometido con lo anterior es aquél que considera a la biblioteca escolar como un equipamiento necesario y la cuida convirtiéndola en un espacio de alto interés para todos los miembros de la comunidad educativa.

     Es el que dedica anualmente una parte del presupuesto general de la escuela a la compra de nuevos materiales con el fin de mantenerla actualizada y llena de sorpresas.

     Es aquél en el que se considera la lectura como compañera de la aventura, fuente de información y vehículo de aprendizaje.

     Es aquél en el que el profesorado da ejemplo leyendo a su alumnado y acudiendo frecuentemente a la biblioteca escolar.

     Es aquél que se preocupa de acompañar a los niños y niñas a la biblioteca para que conozcan sus contenidos, sepan utilizarlos con diversas estrategias y disfruten con su lectura.

     Es aquél en el que se cuentan cuentos, se lee en voz alta, se atiende a la tradición oral y se estimula la realización de publicaciones escritas: revistas, libritos, monografías...

     Es aquél en el que, tanto el profesorado como las familias están comprometidos con el fomento de la lectura y animan a su alumnado, a sus hijos e hijas, a practicarla.

     Es aquél que enseña a tratar a los libros con delicadeza y respeto e inculca en el alumnado que una biblioteca es un espacio mágico donde se guarda una muestra del pensamiento, la imaginación y el conocimiento de muchos hombres y mujeres que en un momento de sus vida lo dejaron escrito.

     Es aquél que en cada clase dedica un rincón, especialmente cuidado, a la biblioteca de aula y que se ocupa de nutrirla periódicamente con nuevos fondos, con novedades llegadas de la biblioteca escolar central.

     Es aquél, en definitiva, que no solo cree que la lectura -en cualquiera de los soportes disponibles hoy- es una actividad altamente recomendable, sino que pone todos los medios a su alcance para estimularla y trabaja para que el alumnado que pase por sus aulas tenga un bagaje lector muy alto, tanto en cantidad como en calidad.

     Son solamente algunas ideas, pero pueden ser un punto de partida para debatir, acotar y tomar algunas decisiones que orienten el proceder individual hacia un horizonte de compromiso colectivo.

                                                                      MARIANO  CORONAS  CABRERO