miércoles, 6 de marzo de 2013

Os irmáns Labordeta, plena vixencia



J. Antonio Labordeta (Foto Cristina Grande)

As persoas comprometidas da nosa xeración coñecemos, respectamos e quixemos sempre a José Antonio Labordeta. Foi este home un cantautor modélico que, coa súa voz rexa, nos foi achegando a Aragón. Un lugar con moitas carencias, con moita inxustiza social, co campo que ficaba baleiro, cos mozos emigrando ás cidades ( El San Juan pobre nos mete / a todos en las ciudades, / haciendo que el campo cruja / de tristeza y soledades…). A canción Somos emocióname. ¿Quién te cerrará los ojos rabuña o meu interior (¿Quién te cerrará los ojos, / tierra, cuando estés callada? / Sólo quedan cementerios/ con las tumbas amorradas / a una Tierra, que los muertos / siguen teniendo por suya…). Labordeta cantou a ese Aragón case descoñecido pero cantou, tamén, á liberdade, ao amor. En fin, Labordeta cantou á dignidade do ser humano. Falou de bandeiras rotas, de perdedores, dos traballadores. Labordeta fixo do local, algo universal. Labordeta fixaba a súa ollada nas persoas grises, sinxelas, solitarias; nesa xente boa que pasa desapercibida para a maioría e á que el cantaba con tenrura.
José Antonio Labordeta, profesor, político, poeta, narrador, viaxeiro pola España descoñecida, cantante, encarnou sempre os valores limpos da esquerda democrática. Capaz de emocionar cantando ao rural, ás vítimas da guerra civil, aos pequenos feitos sociais e amorosos, foi un ilustrado. Nas súas composicións brillaban a ironía, as imaxes poéticas, os discursos directos, a súa defensa das mulleres, mozos e vellos, a crítica e, non debemos esquecelo, a poesía. Labordeta vivía no seu tempo e foi ao longo da súa vida un home auténtico, independente, que non se dobregou diante dos atrancos que, ás causas polas que loitaba, lles colocaban diante os necios día tras día. José Antonio Labordeta escribiu versos  brillantes, palabras cheas de fondura, música axeitada ao que quería dicir. Como di Daniel Gascón, “ é o único artista que coñezo que non semella un impostor cando emprega a primeira persoa do plural”.  Pero el abuelo, como lle chamaban con agarimo, sentía unha gran curiosidade polo mundo e ese mundo doíalle, mais estaba decote alerta. O propio Daniel Gascón afirma, con acerto, que “José Antonio non sorrí moito nas fotos. Sen embargo, eu vino sorrir moitas veces, e neses momentos ten a expresión dun neno que acaba de rachar un escaparate.” É certo. Susi e mais eu tivemos a sorte de coñecelo en Vigo, compartimos con el uns refrescos e uns cafés, dedicoume uns libros que lle levei (días máis tardes enviábame el dous dedicados por correo) e comprobamos que era un ser excepcional. Toda unha honra para nós.
Por iso, é de agradecer que a editorial aragonesa, Olifante, nos agasalle a posibilidade de ler un bo número de cancións do noso admirado Labordeta. Mar de amor. Canciones(2010),na  edición de Antón Castro, é un verdadeiro pracer para a lectura deste home marabilloso.
Leamos este poema/canción:

EL POETA
             A Miguel, mi hermano

Él quiso ser
palabra sobre el río al amanecer,
y caminó
por viejas esperanzas
que nadie entendió.
Dejó después
su mano entre las manos y se nos marchó
con un suave silencio
que el viento rompió.
Su gesto fue
dolido, por el caminar
entre yermos y piedras
y un extenso erial.
Su voz se ató
al yermo del paisaje y a la sangre en flor.
Se hizo pared
allí donde los muros  cayeron tras él.
Su soledad
abrió por los caminos la necesidad
que levanta a los hombres
a la libertad.
Caminos son
abiertos por su fuerte voz
lanzada contra cierzo y sol
y contra tantos siglos de dolor.



A quen está dedicado este poema? Pois a Miguel. Moitos ignoran que José Antonio Labordeta tivo un irmán case trece anos maior ca el.Un gran poeta. Eu descubrino alá polo ano 1983, cando dei con tres libros que recollían a súa obra completa, publicada pola editorial El Bardo, na colección “Los libros de la frontera”.Folleeinos e quedei impresionado. Unha poesía diferente e necesaria. Foi unha verdadeira sorpresa.  Un poeta, para min descoñecido, petaba na miña porta poética e humana. A edición corría a cargo de Clemente Alonso Crespo e a presentación era de J.M. Blecua.
É unha mágoa que non se coñeza a traxectoria e a calidade poética de Miguel Labordeta. Poeta  con moitas arestas. Poeta do desamor cunha poesía tinguida de existencialismo, chea de ironía, con enumeracións caóticas e imaxes moi próximas ao surrealismo. (…) La inocencia pura del helecho, / las gacelas de plata en los atardeceres. / Noches inmensas temblando estremecidas / en los ligeros soplos de la lluvia. / Y una tumba de silencio sobre todo.
Nun seminario da Institución Fernando el Católico en Zaragoza, analizouse hai uns meses a obra e a vixencia deste poeta inclasificable que posúe unha sensibilidade moi moderna, leo con satisfacción no Heraldo.es. A min, cando lin o seu primeiro libro, publicado en 1948, Sumido – 25, quedei sen fala.  Penetraron os seus versos ata o máis fondo do meu ser. E voltei a el cada certo tempo. Era un poeta distinto e iso interésame moito. Agora, cando reviso os seus poemarios, amarelados , trinta anos despois, aínda atopo papeis que me servían de marcapáxinas daquela. En Sumido-25, dinos Clemente Alonso Crespo, que a Dirección Xeral de Propaganda, con data 23 de xuño, obriga a Miguel a suprimir algúns poemas, ou parte deles. Curiosamente só se fai referencia aos elementos da máis simple e sinxela sexualidade, traspasada a unha realidade que se adiviña tras desas  composicións poéticas que non recollen máis ca un feito social, pasado pola peneira poética dun ser solitario que se decata da soidade colectiva dun pobo condenado a un tedio tamén colectivo. Sumido-25 comeza cun longo poema, Espejo, no que o poeta se pregunta: Dime, Miguel : ¿quién eres tú? / ¿dónde dejaste tu asesinada corona de búfalo? / por qué a escondidas escribes en los muros / la sojuzgada potencia de los besos / (…) Non o esperas. Abanéate. Impresiónate. E fas unhas preguntas dirixidas a ti mesmo. Poesía que sacode e lévate a pensar. Logo, virían algúns outros con tendencias variadas.  Miguel Labordeta  precisa e merece un esclarecemento das diferentes versións dos poemas que non publicou e unha dimensión máis ampla da súa obra. Ten que saír do descoñecemento. Calvo Carilla, un dos grandes estudosos da literatura contemporánea reafirma a vixencia poética de Miguel, a quen considera un poeta moi esixente consigo mesmo. O profesor e poeta Alfredo Saldaña afirma que “ Miguel Labordeta é un poeta inclasificable. É un insubmiso perante calquera tipo de norma, de ditado ou de prexuízo.”
Este poeta aragonés expresa nos seus versos moitos temas que van dende a soidade, o desarraigamento, a busca de si mesmo, a filosofía, amor ao pobo na súa raíz máis fonda, os seus terribles presentimentos de humana derrota, o seu vitalismo, a súa anguria do tempo ata a súa obsesión polo tema da linguaxe e eu atreveríame a dicir da forma en que comunicar todo isto. Jesús Rubio, que foi determinante para que os papeis de Labordeta estean agora na Universidade de Zaragoza, di que “ a súa actitude e os seus temas son urxentes.” Para el, “Miguel é un modelo de indignación diante dos poderes fácticos. Posúe unha sensibilidade moi moderna”.  E eu manteño que Miguel Labordeta é un poeta que debemos coñecer. Que a súa poesía é moderna e vixente. Por iso quedoume a curiosidade de saber o que Fernando Romo dixo nestas Xornadas sobre o Labordeta máis actual.
Lamentablemente, Miguel Labordeta morreu novo.  Traballaba en La autopía de la nueva metalírica, cando a morte o sorprende cun paro cardíaco en 1969, recén cumpridos os 45 anos. A saber todo o que acontecería coa súa persoa e a súa poesía, se a vida do poeta non se vise coutada de xeito tan traidor.
Leamos uns poemas seus:
           
macho risueño
conecta
tu hipoteca de abril
con el dulce vampiro
del presentimiento
de ti mismo

acosada tumba del acaecer
pordiosero inmediato
la palabra robada a la lluvia
habitante de la noche
la principal luminosidad infinita
      sueño de nadie
      quién te ha visto
      y quién te ve
      vuélvete hacia tus ojos escasos
      hacia tu mañana perdida
                     adiós.

                         ***

esas flores salvajes esa tierra profunda
como una voz removida y las piedras del
corazón como el viento entre las
nubes del horizonte en calma

eso es todo lo que ha quedado de
aquella lucha entre los hombres
de aquel estío abominable de la sangre
eso es todo. Aquí fue la batalla de
los hombres y su derramada sangre en el estío
continúa el sigilo vertiginoso y los mundos
veloces hacia el nunca.
                                      meditemos.
                    
(Del libro  LA AUTOPÍA DE LA NUEVA METALÍRICA)

 LUZ SUMERGIDA

Luz sumergida en el poso de la sangre
presentimiento trémulo
de una quietud  misteriosa
cegada por la ilusión del tiempo
pura eternidad
en el corazón humano refugiada.
Solamente aquella hora espera
aquel terrible momento
en que el Hombre
madurado en si peregrinar
desgarrando el dogal de los días
entone la canción del recién nacido dios.


ELEGÍA A MI PROPIA MUERTE (fragmento)

Miguel se ha ido.
Es posible que ya nunca llegue.
Es posible que buscando trenes
que lo lleven a la otra orilla del mundo
se quede sin saberlo extático de ahogado.
Nadie le conoció.
Y apenas él sumía su garganta de toro
abriendo con navajas de afeitar cada mañana
el vientre enigmático de los espejos curvos
donde se reflejaban exactos el misterio del trueno
de sus ojos hambrientos verdaderos.
Si acaso preguntasen por él
decidles  que nunca dijo que existiese.
Él que se golpeaba a menudo las pupilas
para encontrar el sentido
que levanta los surcos
hacia las sudorosas nucas del Hombre
sobre hermosas muertas
en salada presencia de potencia insaciable.
Nunca amó nada del todo
él que sin embargo había nacido para liberarse por amor tan solo (…)

                 (Del libro SUMIDO-25)

En fin, Miguel e José Antonio Labordeta, dous irmáns, dous homes con vixencia definitiva na actualidade por calidade e ética humana, dous poetas comprometidos co ser humano.
Dous homes que nunca deixaron de sinalarnos o camiño da liberdade.
Todo este texto, de alguén que só é un lector, foi escrito mentres soaban as cancións do gran cantante e compositor.
Abrí todas las puertas
cuando se hizo la luz
recorrí los desvanes
tampoco estabas tú,
pequeña, dulce, triste
y hermosa libertad…

Susi, Antonio e Labordeta en Vigo
                                

                                  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO