Mostrando entradas con la etiqueta varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta varios. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de enero de 2025

O TROBAPAZ REVIVIU en XANEIRO de 2025 no SALÓN do LIBRO de Madrid.

Os participantes no acto do Trobapaz no Salón do Libro de Madrid


O pasado día 9 en Madrid viviuse o reencontro do TROBAPAZ, despois de moitos anos. Poemas en varias linguas e co tema pricipal: a PAZ e a denuncia da CRUELDADE DA GUERRA.

Alí déronse cita os cinco poetas que leron e escoitaron os seus poemas en cinco linguas: Miquel Desclot (en catalán), Antonio García Teijeiro (en galego), Juan Kruz Igerabide (en éuscaro), Ana María Romero Yebra (en castelán) e Abdul Hadi Sadoun (en árabe).

 

Tras o saúdo e benvida de Isabel Molina, Presidenta do Consejo General del Libro e da coordinadora do acto, Sara Moreno, comezaron a lectura os cinco poetas citados.

No mesmo proxecto lector, leron poemas dos cinco poetas Vanesa Pérez-Sauquillo (inglés), Pilar González (chinés) e Mihaela Gutiérrez (romanés).

Foi un acto fermoso da unión das distintas linguas do Estado español e de tres máis que enriqueceron o espírito poético común e que o público seguiu con respecto e ledicia.

Ao remate da sesión, os poetas asinaron e dedicaron o libro aos asistentes. Un libro que fora editado en 2009.

 

Como vén sendo habitual, o acto foi gravado en audio e Versos e aloumiños, unha vez máis, ofrécellelo a todos os seguidores deste blog-revista.

Está deseguido.








Despois de rematar as diferentes lecturas, cada autor e autora leu un novo poema.

Antonio García Teijeiro leu o poema:

 

and you turn and run farther

                                       when the fast bullets fly

 

Cando recibiu a orde

       de atacar

o neno decatouse

       de que era Nadal

       e perdeuse nas sombras.

Colleu o fusil

       descargouno

       soterrouno

                       baixo a neve

       e guindou as balas

                       contra o ceo.

Desapareceron entre as nubes.

                       Non soubo delas xamais.

Non tardaron as folerpas en

                       acariñar a súa faciana.

Eran grises

                       azuis

                       vermellas.

Ulían a lume.

       Ulían a paz.

Ao lonxe    nun órgano

       alguén tocaba unha panxoliña

                       alguén tocaba

                                       Silent night.

 

O home, coa súa guitarra foi rematando pouco a pouco a canción

       e agachaba a cabeza

                       mentres dicía case para si:

... Señores da guerra,

cando as balas comezan a sucar o aire

dades a volta e saídes correndo...

 

Lectura que foi introducida pola satisfacción persoal da concordia entre linguas 

e pola denuncia do xenocidio que se está a producir en Palestina.

 

Embaixo está a gravación en vídeo da lectura, aínda que falta a súa 

reivindicación.









lunes, 6 de junio de 2022

VÍDEO DO RECITADO DE "NO XARDÍN DO POETA" , DE ANTONIO G.TEIJEIRO, NA VÉSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Francisco Castro, AGT, Elba Pedrosa, Inma L. Silva e Marcos Calveiro



A véspera do Día das Letras Galegas, dedicado ao galeguista Florencio Delgado Gurriarán, foi un día triste para todos os que amamos a literatura, porque coñecemos a dura noticia de que o escritor vigués Domingo Villar acababa de sufrir un infarto cerebral.


 

De aí que o acto L de Lírica. Micro aberto, que se celebrou na libraría do Corte Inglés en Vigo estivo marcado polo abatemento e certo desazo das e dos participantes no mesmo.

Tanto foi así que Francisco Castro, escritor e director da Editorial Galaxia, renunciou a ler un texto de seu para substituílo por un conto de Domingo Villar do seu libro Algúns contos completos, editado por esta editorial.

Francisco Castro le un texto de Domingo Villar

 

Inma López Silva leu outro conto do creador do inspector Leo Caldas, ademais dun seu poemario recén saído do prelo e galardoado co Premio de poesía “Eusebio Lorenzo Baleirón”.

En todos aniñaba a tristeza polo acontecido a un escritor moi lido e moi querido na cidade olívica.

Participaron no acto Pati Blanco, Elba Pedrosa, Xulia María, Marcos Calveiro e Miguel Ángel Alonso Diz, ademais de min e dos anteriormente citados.

Pati Blanco, F.Castro, AGT, Elba Pedrosa, Inma L. Silva e Marcos Calveiro

Para este evento, que en principio debía ser gozoso, eu escollín para este recital uns poemas de No xardín do poeta. O meu diálogo poético co grande escritor andaluz segue a emocioinarme e foi un enorme pracer poder dicilo en voz alta por primeira vez des que saíu o libro.

Editado por Edicións Xerais e ilustrado polo gran Víctor Rivas, este libro sempre será algo que terei ben preto para facer que os poemas voen sen ningunha clase de atrancos polo ceo da poesía.


 

Aquí embaixo está á vosa disposición, prezadas e prezados lectores deste noso blog-revista, o vídeo de dez minutos coa miña lectura poética. Que  sexa do voso agrado.







jueves, 24 de octubre de 2019

"COMO TÚ", UN PROXECTO QUE FAI LITERATURA DA IGUALDADE E DENUNCIA A VIOLENCIA MACHISTA


É unha lacra que a min persoalmente me encolle o corazón. Non só existe unha terrible desigualdade entre homes e mulleres, da que elas son as vítimas principais, senón que a violencia machista segue a cobrarse novas vidas.

     Cada pouco tempo aparece nos periódicos outra tráxica morte dunha muller –de distintas idades- polas mans da súa parella.
     Daquela, unha enorme dor apodérase do meu ánimo e xa non sei que pensar.
     
     Ata onde imos chegar?
     
     Reflexiono e penso que as institucións só toman estes tristes sucesos como algo unicamente para cumprir e non sexan criticadas. Hai menos conciencia deste enorme  problema do que se agarda daqueles que mandan. Existen demasiadas estruturas que impiden que sa faga xustiza e, sobre todo, que se poña freo a tanta loucura. O machismo e o concepto de posesión sobre a muller está moi enquistado e hai moito que traballar.

    

      Educación e formación das novas xeracións son dous puntos esenciais para que as cousas cambien e principie a haber un rexeitamento destas atroces accións que degradan o ser humano.
     Moitas escritoras –principalmente- e escritores están a facer moi boa literatura con este tema. A concienciación é absolutamente necesaria. Acadar unha virada nestes terroríficos actos é labor de todos e todas.

    De aí que estea feliz de participar neste libro, Como tú, que trata este tema da igualdade dende a diversidade formal e temática. Dezasete  textos en prosa, un guion e dous poemas, como berros de liberdade e de reivindicación da muller nun mundo que vomita fume negro por demasiados lados. Porque a violencia ten moitas caras e hai que combatela sen fisuras.

     Esta é a razón pola que aproveito as tristísimas noticias dos últimos días e a distinción de Como tú, como un dos libros elixidos para formar parte da prestixiosísima Lista dos White Ravens de Munich, 2019, para poñer en Versos e aloumiños o poema que pecha o libro e que escribín con moita rabia, pero tamén con enorme esperanza.

     Moitas grazas a Fernando Marías por tan necesario proxecto, grazas a Pablo Cruz, da Editorial Anaya por crer nel e grazas persoais a Xosé Cobas por acompañar o poema dunha ilustración de enorme altura artística.


    Aí queda. Ao remate desta entrada. Lédeo e reflexionade.


Antonio García Teijeiro. (Foto de Anxo Cabada)

El libro Como tú (20 relatos + 20 ilustraciones por la igualdad), coordinado por Fernando Marías y el que participaron 40 autores e ilustradores, ha sido incluido en los White Ravens 2019, una selección que cada año elabora la Internationale Jugendbibliothek de Munich eligiendo 200 títulos entre los miles de libros infantiles y juveniles publicados en 58 países y 37 idiomas (en esta ocasión, 4 de España).

     Los miembros del jurado responsable de la selección escriben sobre este libro:
"El título de este volumen no es ambiguo: trata de la igualdad (y, por lo tanto, también de la desigualdad) de género El autor Fernando Marías, editor de este proyecto editorial socialmente comprometido, reúne una notable variedad de voces literarias y estilos de ilustración. 20 autores y 20 ilustradores han colaborado en este libro, incluidos nombres conocidos en la literatura española para jóvenes, como Care Santos, David Lozano, Maite Carranza y Gonzalo Moure. La mayoría de las contribuciones son cuentos, pero también hay poemas, un texto compuesto enteramente de mensajes de texto y una obra de teatro. Se refieren a roles de género, amor, violencia, dependencia, falta de comunicación y mucho más. Ya sean amables, reflexivos, explícitos o apelativos, los textos son adecuados para leer por cuenta propia o para leer y debatir en grupo. La variedad literaria se complementa con las ilustraciones multifacéticas, que llegan al corazón de cada historia".
     

       Desde aquí damos la enhorabuena a las 40 personas que con su generosidad y profesionalidad han hecho posible este libro: Ana Alcolea, Ana Campoy, Maite Carranza, Ledicia Costas, Espido Freire, Santiago García-Clairac, Antonio García Teijeiro, Ricardo Gómez, Alfredo Gómez Cerdá, Jorge Gómez Soto, Rosa Huertas, Raquel Lanseros, Nando López, Antonio Lozano, David Lozano, Fernando Marías, Gonzalo Moure, Mónica Rodríguez, Care Santos, María Zaragoza, Juan Miguel Aguilera, Raquel Aparicio, Carla Berrocal, Xosé Cobas, Agustín Comotto, Nuria Díaz, Alberto Gamón, Gabriel Hernández Walta, Anu Jato, Raquel Lagartos, Esperanza León, Sara Morante, Javier Olivares, Ana Oncina, Mireia Pérez, Dídac Pla, Alba Marina Rivera, Pedro Rodríguez, Santiago Sequeiros y Fern.







SE ACABÓ, MADRE, SE ACABÓ



I


Llueve fuerte en la casa.
Una lluvia negra
                                  de nubes que se desangran.
La madre sabe bien
que esa lluvia pertinaz
              cumple el ritual del dolor y la duda.
Le duelen las manos
encallecidas por las labores más asfixiantes.
Le duelen los momentos
cubiertos de mugre
                                  y silencios espesos.
Le duelen las miradas torvas y traidoras
que dejaron su cuerpo hecho trizas poco a poco.
Y le duelen los ojos de la hija
                                                que grita y sacude sus miserias
dispuesta  a romper con todo.
No sabe qué hacer  con su alma
y  se apoya en lamentos
                                         que nunca dejaron de serlo.
Pero… los ojos,
                                y los gritos de rabia
y las amenazas de la hija remueven
                              su muda resistencia.
Esos ojos abiertos de luz y fuego
 le están diciendo
                            que nada va a ser igual.
Que hay que decir ¡basta!
 Y la mujer intenta esbozar una sonrisa
                                                                          que no aflora
                                                                                    a sus labios.
Quiere darle la razón
                                    pero  teme salir del cauce de ese río
                     que  siempre la llevó al mar.
Un río negro,
                        revuelto,
                                         de  ceniza,
                                                              traidor.

Un río de mirada torva de hombre.
De ese hombre que está sentado en la sala
                                                        arrojando humo  sobre ella.
De ese hombre que llena de flores secas
                                                                   las  estancias que ella fregaba
                                                 ignorando    los límites impuestos.
De ese hombre que nunca se emociona con las estrellas.

Ilustración de Xosé Cobas para o poema.


II

Y la hija irrumpe frenética
                                          y le dice ¡basta!
Y grita ¡basta!
Y llora ¡basta!
Se acabó, madre, se acabó.
Tiembla la buena mujer.
Temblores entre el miedo
                                          y  demasiadas esperanzas rotas.
La hija corre las cortinas
                     que  llevan años oscureciendo esa luz
                                               que el sol regala cada día.
Y rompe paredes
                          que oprimen libertades.
Se acabó, madre, se acabó.
Yo no voy a inclinar el cuello
porque estoy cansada
                                    de esos hombres que esconden duras verdades
y  sonriendo sumen a la mujer en simas oscuras.
Porque estoy cansada
                                  de ver espacios nublados semana tras semana.
Y no aguanto más.
Voy a coger tu mano
                                     con el cariño que te mereces
y vamos a brillar juntas cada amanecer
                                       buscando horizontes abiertos.
Se acabó, madre, se acabó.
Quiero extender sobre tu mesa
los pliegues de mil sonrisas
y dejar las marcas crudas de tu piel en el olvido.
Y decir al hombre que fuma
que se apagaron los focos del escenario,
que destruya la soledad que su egoísmo ha ido tejiendo
                                                         durante tanto tiempo
o que vaya a jugar a otra parte la partida de la injusticia
                                                        ¡ muy lejos de aquí!
Se acabó, madre, se acabó.
En el jardín vuelve a haber camelias blancas y rosas amarillas.
Déjame recoger los escombros de una vida ya podrida,
sentir una nueva que renace
y  me haré dueña de la inmensidad
                                          que   aparece delante de mis ojos.
De tus ojos que no van a llorar más.
Que van a atravesar
                                  túneles  de esperanza y de sosiego.
Se acabó, madre, se acabó.
La bruma de tus temores
                                de  tus miedos
                                                 de  tus ahogos
                                                             se  está disipando
    y pronto va a relucir
                             aquella  claridad olvidada
             que  soñamos algún día en nuestra casa.



             
                                                                                                                                  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO