Mostrando entradas con la etiqueta texto literario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta texto literario. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de enero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (79) Nieves García García

 



Aínda non nos coñecemos persoalmente, pero chegará o momento. Agora ben, cando leo o que me escribe, vexo que compartimos tantas cousas, que me fai sentila próxima, moi próxima.

     A Nieves García, brillante gañadora do Premio de Poesía para Nenos e Nenas “Ciudad de Orihuela”, e a min, únenos o noso amor pola docencia -hoxe xa xubilados-, o noso amor pola palabra poética, o noso amor polos grandes poetas españois, o noso amor polos lectores e lectoras.

     Lin a Nieves por vez primeira no seu fermoso ¡A la luna, a las dos y a las tres…! e fiquei engaiolado. Había nel un frescor evidente e un gusto polos versos con certo sabor tradicional, pero pasados pola súa man de maga, que resoaban no aire. Axiña me decatei de que estabamos nun poemario de referencia e perante unha autora con moito que dicir na poesía española.

     Queríaa en Versos e aloumiños e aquí está para poder gozar da súa palabra, sempre honesta. Un fermoso texto que di moito da súa sensibilidade, tanto humana coma literaria.

     Grazas, Nieves, por acompañarnos.



Nieves García 



Comencé en esto de escribir poesía de una manera muy curiosa. Había recopilado a lo largo de los años una nutrida información sobre canciones, romances, coplas, cuplés…y todo aquello que me contaron y cantaron las personas más mayores de mi pueblo. Elaboré con todo ello un trabajo que publicó el Instituto Juan Gil-Albert de Alicante, con el nombre de “Venimos de bureo”. Y como por arte de birlibirloque, todas esas canciones que bullían en mi interior, cobraron distintas formas y comenzaron a salir con otras palabras creando un mundo poético que hasta entonces desconocía que fuera mío. Bueno, así comenzó todo, más o menos

 Ahora que me he convertido en una de esas personas mayores, me dedico a indagar en mi infancia, recordando imágenes de mi niñez, que aparecen cada vez más nítidas en mi retina, acompañadas a su vez de sonidos, como el de los bolillos de mi abuela Doloricas, en la puerta de su casa, volando por sus dedos, el martilleo del mortero o el molinillo de madera en el lebrillo en casa de mi abuela Nieves o el bullir de los tomates escaldados en la olla para la conserva. También el  de la charamita, junto con  el estruendo de los cohetes en los días de fiesta y yo, la nieta mayor de mi familia paterna y materna, siempre de su mano.  He condensado estas imágenes en pequeños poemas donde recreo aquellos sonidos que me acercaron a ellas. Este que os presento a continuación, habla de un tema que a veces se nos olvida tratar con las nuevas generaciones, como si se hubiera convertido en un tema tabú. ¡Y es que eso de la guerra nos queda tan lejos! Últimamente, con las nuevas investigaciones que se están llevando a cabo sobre  la fosa común del Campo de Concentración de Albatera, en la que interviene   mi paisano y amigo, el arqueólogo Felipe Mejías, tengo más presente que nunca una parte de esta historia jamás resuelta. Mi y mi madre apenas  me hablaron de la Guerra Civil,  aunque algunos de sus tíos y tías desaparecieran de sus vidas para huir a otros países. Los tíos de Francia siempre fueron en mi casa como gente un poco snob, que le gustaba vivir en el extranjero y traernos en sus visitas algún que otro paquete de café. Pero mi abuela materna, de vez en cuando, me hablaba del horror que fue bregar con la familia propia y ajena para sacar adelante con mucho esfuerzo y pocos medios a propios y allegados. Y de ahí surgió este poema que trata una ínfima parte de todo este relato.

 

 

                                                Pertinaz silencio


La cambra* de mi abuela

tiene una luz antigua,

como de cine mudo.

Ha entrado un gorrión

y revolotea por encima de las viejas arcas.

―“¡Yo lo quiero, yo lo quiero!”

―“Los gorriones no saben

lo que es vivir cautivos.

Hay que dejarlo ir”.

Mi abuela abre el ventanuco

de par en par y el gorrión

se va en busca de la mañana

y nos deja los sonidos

 de su suave aleteo…

―“Abuela… ¿Esa eres tú”

le digo, contemplando una foto

donde están presentes sus ojos.

―“Esa foto tiene más años que la tos”

―”Y esta carta… ¿Es del abuelo?”

―”Me la escribió desde el frente,

 aún nos quedaban palabras.

Después, la guerra nos dejó mudos”.

―Pero ahora hablas, abuela.

Y te escucho”.

―“Porque ya se fue”.

Y el silencio se escapa, también,

por el ventanuco de la cambra.

                                                                        Ssss…


                                                                                               Nieves García

 

 *Cambra- Se utiliza en la zona del medio Vinalopó para designar el lugar de la casa que se encuentra justo bajo del tejado, donde se secaban las henchiduras de la matanza y que además se usaba de desván. Proviene del término valenciano cambra, que significa habitación.


Foto tomada de "Biblioabrazo"



                          Por se queres saber máis de Nieves

Nieves García García nació en Aspe (Alicante) en 1957. En la actualidad es maestra jubilada y se dedica a escribir poesías y cuentos para niños. Su estrecha relación con el mundo de la infancia le ha ayudado a acercarse a la Literatura Infantil desde la mirada de sus alumnos. En el 2012 se publicó su primera obra titulada: “Venimos de bureo”, un recopilatorio de todo aquello que le contaron y cantaron sus mayores, editada por el Instituto Juan Gil- Albert de la Diputación de Alicante. Fue galardonada en el 2011 con el XI Premio de Investigación Manuel Cremades. ¡A la luna, a las dos y a las tres!  es el título de su primer libro de poesía infantil, hasta el momento. Recibió en 2018 el XI Premio de Poesía para Niños y Niñas Ciudad de Orihuela y en el  2019 fue publicado por la editorial Kalandraka. Ha sido  galardonado con el Premio Club Kiriko 2019 y  el premio Cuatrogatos 2020. También ha sido seleccionado por la OEPLI como uno de los mejores libros del pasado año.




martes, 17 de noviembre de 2020

A LUZ DAS PALABRAS (74) Claudia Castro

 

                



Coñecín persoalmente a Claudia Castro, cando tiven o pracer de presentarlle en Vigo o seu poemario Galicia, o País das Marabillas. Engaioloume a súa personalidade, a súa simpatía. Notei axiña que toda ela desprendía poesía. Tiña un concepto poético baseado na expresividade lingüística e na riqueza cromática dos seus versos. E iso gustoume.

     Claudia Castro, decateime ao momento, tiña moito que dicir. E así é. Por iso, a súa palabra, que ten luz, debía estar nesta sección de Versos e aloumiños. Pedinlle un texto e ela, coa súa xenerosidade habitual, accedeu á petición.

     Aquí está para deleite dos lectores e lectoras deste blog-revista.

     No nome de todos eles, moitas grazas.



Claudia Castro


Claudia Castro naceu no barrio compostelán d’O Castiñeiriño o 30 de decembro de 1972. É licenciada en Periodismo e Filoloxía Inglesa pola USC e diplomada en Socioloxía pola UNED. Leva traballando no eido da comunicación dende 1995. Dende 2011 reside coa súa familia (Toño, Darío e Xulia) no lugar de Penelas, en Teo. Boa parte do seu tempo transcorre en Corme, na Costa da Morte.

En 2003 obtivo o I Premio Duck Fin de Poesía e o accésit do I Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña. En 2005 os seus versos acadaron un recoñecemento no V Concurso de e-poemas do diario “La Vanguardia”. En 2017 foi galardoada co segundo premio do Certame de Poesía María Mariño, así como co primeiro premio no Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro.

En decembro de 2005 publicou o seu primeiro libro individual “Adagio para unha viaxe silente”, da man da editorial Follas Novas, dentro da colección Libros da Frouma. En 2007 participou co poema “Soños de tubérculo” na edición colectiva Letras Novas, da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 2018 publica o seu segundo libro individual “Ser, corazón e boca”. En 2019 sae do prelo “Galicia, o país das marabillas”, primeiro libro de poesía para a cativada incluído na Colección Árbore da Editorial Galaxia.

O compositor Fernando Vázquez Arias vén de pórlle música a catro poemas seus: Amor é mar, Corme, Camiño dos faros e Azul.

 





A AGULLA DO PALLEIRO

 

Un ano máis o outono aterrou na nosa aldea interpretando unha sinfonía de ocres, amarelos e vermellos a ritmo de brincos de auga e refachos vento. Dende a fiestra do meu cuarto propio descifro a silueta dun Pico Sacro co cumio envolto en néboa, tenro e poderoso coma volcán inofensivo.


A revista Luzes publicaba hai unha semana unha entrevista con Olga Novo tras saberse gañadora do Premio Nacional de Poesía pola súa luminosa e lúcida obra Feliz Idade. Nesta entrevista emotiva e profunda, realizada por Manuel Veiga, a autora afirmaba que non vai xurdir unha poética da terra porque é un mundo en descomposición.


Se ben concordo con Olga en que galegas e galegos estamos a ser testemuñas da decadencia do rural, tamén coido que o agro forma parte do noso ADN e nin podemos nin debemos desprendernos del. En Galicia o rural é o alicerce sobre o que nos construímos como individuos e como sociedade, a vella semente sobre a que agromamos como país. Coma galega síntome profundamente atraída pola forza telúrica da aldea e coma poeta síntome profusamente inspirada por todo o que a rodea. O rural é instinto e estímulo, condición indispensable para amar esta terra de noso.


Se ben nacín nun barrio de Compostela, as tardes de domingo da miña nenez eran visita obrigada aos avós da aldea nun Renault 12 granate con fútbol en directo. En Gastrar tiven unha avoa que viviu noventa anos e un afillado que viviu dezaoito. Pablo quería ser granxeiro. A aldea eran fines de semana, festas patronais, cerimonias relixiosas, xuntanzas familiares, xogos entre alpacas, leite con tona, ensalada da avoa con algún verme despistado.


Uns cantos anos despois resido no lugar de Penelas, en Teo, nunha fermosa xanela con vistas ao Pico Sacro. Na nosa aldea conviven veciños cuxas familias levan aquí varias xeracións con outros coma nós, os recentemente chegados. Moitos formamos parte da Asociación Trinxidoiro e campamos orgullosos do labor que estamos a levar a cabo para manter viva a memoria da aldea, a historia deste lugar onde os veciños se reunían a carón dunha pena, onde a auga era vida encorada nos corgos. En Penelas celebramos o magosto e o San Xoán, vellas e vellos contan contos, nenas e nenos xogan xuntos, comemos e bebemos, tocamos música tradicional e recitamos poemas buscados para a ocasión.


Cando escribo entendo o mundo, e para comprender o mundo hai que pararse a observalo e escoitalo. Coas súas luces e as súas sombras, coa súa música, os seus ruídos e os seus silencios.


Para min a poesía é unha maneira de entender a vida. De saber de onde veño para decidir cara onde quero ir. Porque moitas veces a beleza se escribe con V, con V de casas vellas, de paisaxe verde e acuática, de vínculo e amor á terra. Con V de savia sabia, de mans con callos e aroma a lixivia. Non debemos resignarnos ante un universo que esmorece cando este é o compás que nos guía.


Cando atopo un lector de poesía sinto que dei coa agulla do palleiro. E cando escribo versos soño con construír palleiros de palla e palleiros de agullas. Porque no outono e na aldea nacen os máis fermosos días solleiros.


Falando con Claudia Castro o día da presentación do poemario en Cartabón


viernes, 12 de julio de 2019

"VERSOS E VICEVERSOS (Unha viaxe sensorial)", PRESENTACIÓN DO POEMARIO POR AN ALFAYA NA Feira do Libro de Vigo.

An Alfaya, presentando "Versos e viceversos" na Feira do Libro de Vigo



Sempre me sentín moi preto da literatura de An Alfaya. Esa literatura intimista, de personaxes, moi traballada, que toca a conciencia do ser humano, fixo que eu me instalase como lector dunha muller con moita personalidade e que fai da literatura unha maneira de estar no mundo.

     De aí que, para presentar Versos e viceversos na Feira do Libro de Vigo, pensase nela, polo seu rigor literario, polo coñecemento das nosas obras e porque, non o vou agochar, é unha boa amiga.

     O texto é fermosísimo. Por iso, queremos que quede neste noso blog-revista, neste Versos e aloumiños que leva navegando ben tempo polo mar da literatura sen máis propósito que achegala  a esa lexión de fieis lectores que nos seguen a miúdo con entusiasmo.
     Gozádeo.



           

                  VERSOS E VICEVERSOS  (Unha viaxe sensorial)



                                                                                                An Alfaya

Antonio e Juan Carlos, Juan Carlos e Antonio, poetas de mar, lúa e vento, para o noso deleite e contento, e tamén Juan Ramón, artesán do lapis e da cor, que debuxa poemas sen palabras, mais con sentimento e moito amor, e aínda que está ausente, témolo moi presente nestes Versos e Viceversos, páxinas onde se xungue a beleza e a harmonía e todo transita con mansedume e sincronía.
Tres titáns pilotando o mesmo barco e sucando o mesmo mar, amparados pola frota KALANDRAKA,  rumbo a Illa Poesía. Moita vida e boa sorte nesta travesía, piratas e bucaneiros do verso libre, de rima asonante ou consonante, mais rimar aquí non é o importante!
Para vós, lectoras e lectores destes Versos e Viceversos, presento o seus universos:
Antonio e Juan Carlos, galego e andaluz, amigos de andainas, compañeiros de aventuras literarias, poetas das emocións, neste lenzo de papel  describen unha viaxe sensorial que pasa dende o ollo ata a orella, dende a lingua ata o nariz,  e acariñan coas mans  as follas dun máxico caderno de bitácora.      
                                               No meu caderno escribo
                                               agullas e dedais.
                                               Con elas coso versos;
                                               con eles mananciais.
                                               No meu caderno escribo
                                               borranchos asustados:
                                               pegadas e recordos
                                               de tempos xa pasados.
                                               ..................................
                                               Sempre levo o meu caderno
                                               aberto de par en par
                                               para que escriba quen teña
                                               unha historia que contar.
                                               A chuvia escribe con pingas
                                               letras que non se ven,
                                               estralan cando se pousan
                                               e esborranchan o papel.                                                          
Poetas de sotavento e barlovento con  verbas que se quedan no padal, ofrecéndonos un cruceiro con recendo a sal. Navegando polas ondas de escuma entre algas e peixes de cores. Sorteando mareas e océanos. Escoitando o canto das sereas a través das buguinas.  Fitando o horizonte sentados na area das praias da súa infancia, ese territorio fecundo ancorado nos peiraos de cada un dos seus libros.
                                               Eu gardo no meu armario
                                               mares cheos de piratas,
                                               mares de veludo e seda
                                               que non se atopan nos mapas.
                                               .............................................
                                               Eu contaba xunto ao mar
                                               as buguinas de marfil.
                                               Era un mar de medianoite.
                                               Xa non era azul anil.


           
Poetas astronautas que espallan  as súas fantasías coa ollada posta na lúa e nas noites estreladas.
                                               Na casa daquel poeta,
                                               hai lupas e telescopios,
                                               estrelas e bolboretas.
                                               ....................................
                                               Astronautas na barca
                                               mar a dentro soñaban
                                               conquistar a outra lúa
                                               reflectida na auga.          
Poetas coa ollada posta nos ceos sucados por bolboretas, vagalumes e paxaros ao compás da brisa mariña.                    
Se vas a un sitio
                                                                       arredado,
                                                           tráeme bicos
                                                                       de colores
                                                                       e os nomes
                                                                                              dos paxaros.
                                               Se vas a un sitio
                                                                       arredado,
                                                           trae bordadas
                                                           bolboretas
                                                                       que se perden
                                                                       polo alto.
                                              
Poetas que espertan as conciencias e nos fan reflexionar, porque dende a beleza nos conducen ata ese lugar escuro que nos invita a pensar:
                                               Non vou obedecer ás túas ordes,
                                               xeneral.
                                               Non quero seu afouto  por algo
                                               que non entendo,
                                               xeneral.
                                               Para xogar á guerra é preciso
                                               xogar en paz.
                                               Pois no medio da guerra,
                                               nin sequera xogar á paz
                                               é xogar.
Camiñemos da man da obra poética de Antonio e Juan Carlos, porque  Versos e Viceversos non é un traballo illado ás súas traxectorias literarias e vitais. Ambos os dous son poetas veteranos, con liñaxe, como os bos viños, que ao saborealos deixan un agradable pouso na boca e un recendo que evoca fascinantes sensacións.

     Juan Carlos, xa alá polo ano 2003 acadaba o prestixio Premio Lazarillo co poemario Poemamundi, onde fai unha reflexión sobre o paso do tempo e establece unha relación entre as diferentes culturas  do mundo e a poesía; logo, no 2015, obtén o Premio “Ciudad de Orihuela” pola súa obra infantil Mundinovi (El gran teatrillo del mundo), onde agroma a súa alma titiriteira; e recentemente, recibe o Premio de poesía infantil “Luna de Aire” polo libro de poemas, Muñeca de trapo y otros seres con cabeza y corazón, onde consegue dar vida aos bonecos recreando belas estampas da infancia.
Non deixemos de soñar con el gozando coa súa obra, que se estende a outros títulos escollidos. Xuntos  iremos da súa man:

Juan Carlos, cuéntame una y otra vez ese cuento... Cómo era?
                                                           Érase una...y otra vez
                                                           Un buzón de voces
                                                           que me susurran
                                                           Canciones y palabras de otro cantar,
                                                           Las palabras que se lleva el viento
                                                           en La alfombra mágica
                                                           de tu Poemamundi,
                                                           viajando peregrino
                                                           a un nuevo destino,
                                                           quizás Mundinovi,
                                                           El gran teatrillo del mundo,
                                                           o tal vez, La jaula de las fieras,
                                                           lo que tú me digas,
                                                           lo que tú prefieras,
                                                           porque Poeta eres tú,
                                                           volviendo a ser un niño
                                                           con tu Muñeca de trapo
                                                           y otros seres con cabeza y corazón,
                                                           Versos y Viceversos
                                                           que se tornan en canción.

     E nesta glosa, lembremos que Antonio, o poeta galego que mellor lle senta o sombreiro, no ano 2017 honrounos co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co fermoso libro Poemar o mar, luminoso e máxico, que ten aroma a salitre e forma parte da triloxía En la cuna del mar e Palabras do mar. Mais, se retrocedemos, xa nos dera unha alegría cando recibira no ano 1996 o Premio Merlín e o Pier Paolo Vergerio co lírico Na fogueira dos versos, avivándose nel o lume que mantén acesa a febre da poesía, afianzando a idea de que fitar o mundo a través dun espello poético é a mellor medicina para sandar as feridas, e compartir a súa paixón poética, especialmente coa infancia, convértese nun feliz agasallo para o seu fiel lectorado.
Por iso, Antonio, lévame onda ti                     
        Polo lugar do incerto
                                                           Nos mares diversos
                                                           Cara un lugar sen nome
                                                           Na fogueira dos teus versos
                                                           Ladrándolle á lúa.
                                                           E fálame En voz baixa
                                                           pois Tes bicos na voz
                                                           Cando caen as follas
                                                           Das catro estacións
                                                           acaneadas polos Ventos
                                                           que son o Retorno dos lamentos
                                                           Parolando coa vixencia
                                                           entre  Nenos e Aloumiños
                                                            tes A chave dos soños
                                                           para  Disfrutar escribindo
                                                           Lueiros de papel.
                                                           Cacarabín, Cacarabón,
                                                           O cabalo de cartón,
                                                           Fantasía en re maior,
                                                           no teu Caderno de fume,
                                                           Aire sonoro
                                                           para Poemar o mar
                                                           con Versos e Viceversos.

                                                                                  Parabéns aos dous.