No Elogio del amor,
o novo libro de Rafael Narbona, o autor preséntanos a súa visión do que
constitúe o amor.
Narbona interpreta este
sentimento nas súas distintas vertentes, recorrendo ao seu imaxinario relacionado
coa cultura popular en forma de películas, música, libros e fitos históricos
xeracionais, pero tamén facendo referencia a súa propia experiencia vital e aos
pensadores que deron forma ao seu pensamento.
É un libro que nos permite
entender que o amor, máis alá da súa connotación romántica, é forza impulsora
necesaria para ser felices e dar felicidade.
.jpg)
Antonio García Teijeiro e Rafael Narbona antes do acto (Foto José Lores)
Rafael Narbona (Madrid,
1963) foi profesor de filosofía e
actualmente é un dos críticos literarios
e xornalistas culturais máis prestixiosos de España. (El Cultural, Revista
de libros y Lengua…).
Anteriormente publicou, tamén en Roca editorial, un marabilloso libro: Maestros de la felicidad, do que La Vanguardia afirmou que é un ensaio luminoso e perfecto e Jorge Freire escribiu que “ensina, deleita e entretén, estimula a pensar e contaxia a pasión pola filosofía”.
Pois ben, o pasado mércores,
15 de outubro, Elogio del amor foi presentado en Vigo, dentro do
marco do Club FARO, cunha numerosa asistencia de público.
O autor, mantivo unha
interesantísima conversa co escritor vigués Antonio García Teijeiro, que
Versos e aloumiños gravou e que ofrece aos seguidores e
seguidoras aquí embaixo.
Gozade dunha conversa moi
gratificante.
![]() |
| Unha vista do numeroso público asistente ao acto (Foto José Lores) |

.jpg)
.jpg)